{"id":10680,"date":"2006-07-22T14:49:00","date_gmt":"2006-07-22T12:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:11:48","modified_gmt":"2024-11-12T15:11:48","slug":"ribadeo-mis-do-mesmo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/07\/22\/ribadeo-mis-do-mesmo\/","title":{"rendered":"Ribadeo, m\u00e1is do mesmo"},"content":{"rendered":"<p>Si, m\u00e1is do mesmo. Do mesmo que noutros lugares: hoxe cel\u00e9brase o Carme, outra vez desprazado, e outra volta cun desprazamento contrario \u00f3 de Tapia e As Figueiras para non competir con elas na celebraci\u00f3n. Hai que lembrar que as festas agora non son tanto celebraci\u00f3ns, sen\u00f3n motivos de atracci\u00f3n e negocio (ou eso parece moitas delas). Adem\u00e1is, a comisi\u00f3n de festas patronais ribadense alerta de xente que vai pedindo no seu nome e non (\u00e9 dicir, \u00e9 un apa\u00f1o de cartos para algunha xente)<br \/>\nPero sobre todo, m\u00e1is do mesmo que estes d\u00edas pasados: advertencia do avance dos fe\u00edsmo. A relaci\u00f3n coa econom\u00eda e a pol\u00edtica foi manifestada, a\u00ednda que a expresi\u00f3n de que non hai alternativa, en certo xeito tam\u00e9n dito, non \u00e9 certa. Vai xa moito tempo que escrib\u00edn un artigo sobre <a href=\"http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/marina\/030416aqueninsulta.html\">TINA (There Is Not Alternative; o artigo non vai s\u00f3 sobre eso, pero \u00e9 a parte principal)<\/a> e sigoo a manter: outro mundo \u00e9 posible&#8230; e hai moita xente na mesma li\u00f1a, de amosar esa posibilidade. Mentras, en Espa\u00f1a xa hai unha vivenda por cada dous habitantes, o que indica que o parque de segundas vivendas segue a crecer pero chega a unas proporci\u00f3ns considerables, coa advertencia continuada dende hai xa tempo de que a burbulla inmobiliaria pode pinchar en calquera momento, con m\u00e1is perigo canto maior endebedamento te\u00f1an as familias, e este segue a aumentar.<br \/>\nUn \u00faltimo comentario f\u00f3ra de Ribadeo: aconsello a lectura dos articulistas Juan Goytisolo e Manuel Rivas, hoxe en <a href=\"http:\/\/www.elpais.es\/opinion.html\">El Pa\u00eds<\/a><br \/>\n&#8212;<br \/>\nO artigo referido arriba, publicado o 24 do 4 do 1997 en A Mari\u00f1a de El Progreso:<br \/>\n\u00bfA quen insulta? ou \u201cTINA ataca de novo\u201d<\/p>\n<p>Non sallo do meu asombro. Resulta que un home intelixente, emprendedor, moi preparado, &#8230; pode estar maleducado, pod\u00e9ndose converter en paradigma de que educaci\u00f3n non \u00e9 s\u00f3 ensino ou formaci\u00f3n, non \u00e9 s\u00f3 co\u00f1ecementos e aptitudes sen\u00f3n tam\u00e9n actitudes, eso que tanto traballo costa corrixir. Eso non \u00e9 tan asombroso, dende logo, o asombroso \u00e9 que con todas esas virtudes, se lance a insultar por &#8230; boeno, as causas as saber\u00e1 el, pero o caso \u00e9 que se lanza a insultar en p\u00fablico (amplificado a trav\u00e9s dos medios de comunicaci\u00f3n) a xente que est\u00e1 pedindo contas e axudando a reconstruir algo que estiman contribuiu a estragar, ou a quen pretende que o ensino p\u00fablico sexa cr\u00edtico e prepare a xente que poda decidir (como est\u00e1 escrito nos documentos b\u00e1sicos que a correspondente Conseller\u00eda pretende que se cumpran), ou, sinxelamente, a quen pensa de xeito diferente.<\/p>\n<p>\u00bfE que pinta Tina en todo esto? TINA non \u00e9 muller. \u00c9 o acr\u00f3nimo de There Is Not Alternative, \u201cnon hai alternativa\u201d, un dito repetido por moita xente con poder para xustificar as s\u00faas decisi\u00f3ns. Rep\u00edtese nos m\u00e1is diversos asuntos, dende o desencadeamento da guerra con Iraq a decisi\u00f3ns sobre medio ambiente a nivel mundial, e as\u00ed a ONU queda como algo obsoleto dentro do futuro que se pretende que nos caia enrriba. E o protocolo de Kioto, en papel mollado pola chuvia aceda de quen \u00e9 o m\u00e1ximo contaminante e non quere responsabilidades porque tam\u00e9n ten o m\u00e1ximo poder: \u00e9 o mundo do rev\u00e9s que se pretende futuro, onde as propias decisi\u00f3ns de xente poderosa xustifican a planificaci\u00f3n do porvir de todos n\u00f3s en vez de ser un mellor porvir a causa das decisi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Nembargantes, hai xa varios anos, en particular a partir das protestas de Seattle e logo do Foro Social de Porto Alegre (ant\u00edtese da reuni\u00f3n de poderosos e \u201ccontubernio\u201d pol\u00edtico econ\u00f3mico que \u00e9 o Foro Econ\u00f3mico Mundial de Davos), est\u00e1 habendo unha toma de conciencia: o mundo do futuro est\u00e1 nas nosas m\u00e1ns hoxe, e n\u00f3s somos quen ten que planificalo. Se hoxe por hoxe temos unha organizaci\u00f3n pol\u00edtica, somos n\u00f3s quen temos que facela funcionar. Somos quen ten a responsabilidade esencial: a de pedir contas a aquelas persoas que puxemos nos postos de decisi\u00f3n. Naturalmente, nun estado democr\u00e1tico tam\u00e9n en teor\u00eda temos o poder de votar a outra xente para as\u00ed castigar. Pero non se trata de castigar, tr\u00e1tase de facer que as cousas funcionen para ben de todos, como pola outra banda non se trata de facer unha caza de bruxas cont\u00ednua a calquer nivel, como o estatal, auton\u00f3mico ou local, sen\u00f3n de valorar opini\u00f3ns que a todos poden axudar. Para eso, tanto votantes como elexidos temos que ter a cabeza a unha temperatura adecuada, evitando sa\u00eddas de tono, e uns presionando e dando a opini\u00f3n e os outros atendendo, que a sabidur\u00eda popular por algo se chama sabidur\u00eda a\u00ednda que tam\u00e9n se poda equivocar.<\/p>\n<p>A\u00ednda lembro a c\u00e9lebre carga sobre unha igrexa en Vitoria noutros tempos moi diferentes.\u00d3 d\u00eda seguinte estaba po\u00f1endo un cartel na facultade chamando a ter a cabeza fr\u00eda. \u00c9 un cartel que conservo para lembrarmo a m\u00edn mesmo. A mesma persoa responsable que me induxo naquel intre me induce agora a escribir estas palabras.<\/p>\n<p>E as\u00ed voltamos \u00f3 t\u00edtulo: hai alternativa, sempre hai alternativa, ou, para dicilo tam\u00e9n cun acr\u00f3nimo en ingl\u00e9s, HAINA, (\u201cHere Always There Is Alternative\u201d), pero hai que traballala. Entre todos. E Don Manuel, insultando \u00f3s seus, a unha boa parte desta familia que somos en Galicia, consigue non insultar a ningu\u00e9n, ag\u00e1s en tal caso \u00e1 idea que algunha xente segue a ter dunha persoa asombrosa en m\u00e1is dun sentido. Un modesto consello, sr. Presidente: considere tam\u00e9n que Galicia existe f\u00f3ra da s\u00faa cabeza, entre outras cousas porque hai moitas m\u00e1is cabezas en Galicia que a s\u00faa.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Si, m\u00e1is do mesmo. Do mesmo que noutros lugares: hoxe cel\u00e9brase o Carme, outra vez desprazado, e outra volta cun desprazamento contrario \u00f3 de Tapia e As Figueiras para non competir con elas na celebraci\u00f3n. Hai que lembrar que as festas agora non son tanto celebraci\u00f3ns, sen\u00f3n motivos de atracci\u00f3n e negocio (ou eso parece [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10680","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10680","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10680"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10680\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10680"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10680"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10680"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}