{"id":10678,"date":"2006-07-24T08:48:00","date_gmt":"2006-07-24T06:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:11:45","modified_gmt":"2024-11-12T15:11:45","slug":"orde-e-desorde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/07\/24\/orde-e-desorde\/","title":{"rendered":"Orde e desorde"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/cochambre.3.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/cochambre.3.jpg\" alt=\"cochambre en Pasar\u00f3n y Lastra\" \/><\/a><br \/>\nA orde \u00e9 un conceito f\u00edsico relacionado coa enerx\u00eda, e a desorde, o conceito oposto, tam\u00e9n f\u00edsico polo tanto. Non me vou agora a meter na explicaci\u00f3n f\u00edsica, sen\u00f3n nalgo m\u00e1is achegado \u00f3 d\u00eda a d\u00eda, a explicaci\u00f3n humana dalgunha desorde. Na foto v\u00e9se unha cochambre rueira nunha das r\u00faas (semi)humanizadas de Ribadeo. Entre a foto e esto que escribo, dous aparellos de limpeza mec\u00e1nica pasaron pola r\u00faa vici\u00f1a (distancia nula) e a r\u00faa segue igual. Vai para unha semana que preguntei \u00f3s operarios por que non limpaban cun deles, a manguera, e dix\u00e9ronme que porque ti\u00f1an orde de non pasarlle a manguera m\u00e1is que os domingos. Despois, o Tenente de Alcalde recibiu a mi\u00f1a suxerencia (o Alcalde non estaba, unha viaxe o manti\u00f1a lonxe) e dixo que falar\u00eda con eles. Hoxe non \u00e9 domingo, \u00e9 luns, e a situaci\u00f3n pode verse que segue igual: os devoltos, os verquidos, a perda de aceite dun coche seguen acompa\u00f1ando \u00f3s restos de vidro e os mexos na porta do garaxe. Por certo, que a \u00faltima aprte foi denunciada diante do concello e diante de sanidade (que di que \u00e9 o concello quen ten competencia). \u00c9 dicir, explicaci\u00f3n f\u00edsica do concepto a parte, neste caso a desorde ven dada polas atribuci\u00f3ns do concello e o seu desuso (\u00f3 mellor debera empregar por exemplo, mal uso). O anterior non quita, claro est\u00e1, que o son dos parellos sobrepase decibelios e decibelios o permitido polo mesmo concello (p\u00f3dense medir uns 60dB na mi\u00f1a casa, o mesmo que as medidas m\u00e1is fortes tomadas na movida). Outro desorde que considero \u00e9 que non se queixe a xente&#8230; Metido noutras guerras, polo momento non vou por a\u00ed, a pesares de que intente que as cousas vaian mellor. \u00c9 dicir, seguiremos co tema.<br \/>\nUnha nota: alg\u00fan tempo despois, pasou a manguera os primeiros metros de r\u00faa, non abarcando nin a foto completa&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A orde \u00e9 un conceito f\u00edsico relacionado coa enerx\u00eda, e a desorde, o conceito oposto, tam\u00e9n f\u00edsico polo tanto. Non me vou agora a meter na explicaci\u00f3n f\u00edsica, sen\u00f3n nalgo m\u00e1is achegado \u00f3 d\u00eda a d\u00eda, a explicaci\u00f3n humana dalgunha desorde. Na foto v\u00e9se unha cochambre rueira nunha das r\u00faas (semi)humanizadas de Ribadeo. Entre a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10678","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10678","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10678"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10678\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10678"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10678"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10678"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}