{"id":10673,"date":"2006-07-26T09:00:00","date_gmt":"2006-07-26T07:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:11:36","modified_gmt":"2024-11-12T15:11:36","slug":"onte-vin-chorar-no-auditorio-hernn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/07\/26\/onte-vin-chorar-no-auditorio-hernn\/","title":{"rendered":"Onte vin chorar no Auditorio Hern\u00e1n Naval, Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/inauguranomeauditorioHernan_inicio.0.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/inauguranomeauditorioHernan_inicio.0.jpg\" alt=\"O director da a entrada para o comezo do primeiro concerto no auditorio Hern\u00e1n Naval\" \/><\/a><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/inauguranomeauditorioHernan_4.0.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/inauguranomeauditorioHernan_4.0.jpg\" alt=\"Xente sa\u00edndo do auditorio rec\u00e9n nomeado\" \/><\/a><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/inauguranomeauditorioHernan.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/inauguranomeauditorioHernan.jpg\" alt=\"palabras de M.Luz, concelleira de Cultura\" \/><\/a>Coido que si foi emocionante para moita xente. Un reco\u00f1ecemento a Hern\u00e1n, que levou a batuta guiando os pasos musicais de moitos dos que estaban presentes e de outros ausentes. Palabras emotivas primeiro de Mari Luz, no exterior, logo de Suso, no interior. Fotos e a reproducci\u00f3n da letra do d\u00edptico coido que ilustran xa non o acto, sen\u00f3n o sentemento. O resto, pouco a pouco no &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeo.webcindario.com\/HN\/listaHN.html\">Arquivo dixital Hern\u00e1n Naval<\/a>&#8216;<br \/>\n&#8212;<br \/>\nConcerto da Patria galega<br \/>\nAndr\u00e9s Gaos foi violinista, compositor, director de orquestra e pedagogo musical. Entre as s\u00faas obras m\u00e1is destacadas at\u00f3panse a Sinfon\u00eda n\u00b02 &#8220;Nas Monta\u00f1as de Galicia&#8221; ou Rosa de Abril as\u00ed como ducias de concertos para viol\u00edn solista e varias pezas para grupos de corda. Unha ma\u00f1\u00e1 de marzo de 1959 finaba no Bos Aires que o acollera como emigrante. A poucos anos de cumprirse o medio s\u00e9culo do seu pasamento tanto a s\u00faa obra musical coma pedag\u00f3xica fican a\u00ednda sen un reco\u00f1ecemento p\u00fablico en Galicia, pa\u00eds que est\u00e1 presente en todos e cada un dos traballos que levan o seu nome e ao que adicou cantos premios recibiu ao longo da s\u00faa carreira.<br \/>\nHern\u00e1n Naval garda un certo parecido con Andr\u00e9s Gaos. Adem\u00e1is de sentir fonda admiraci\u00f3n polo compositor coru\u00f1\u00e9s, Naval foi trompetista, compositor, director da Banda Municipal de Ribadeo (BMR) e pedagogo musical, alen de conferenciante, articulista, dramaturgo e promotor de ducias de iniciativas cultur\u00e1is, tanto no seu Viveiro natal coma no Ribadeo que He deu acubillo durante anos. Unha das s\u00faas obras, Lonxe do Mar, vai soar esta noite no Auditorio Municipal &#8220;Hern\u00e1n Naval Parapar&#8221; de Ribadeo e outra delas, Port &#8211; Bou Sarajevo, est\u00e1 recollida no primeiro CD da BMR. Mar por Medio ou Il Nome Della Rosa son pezas tam\u00e9n asinadas por Hern\u00e1n xunto con centos de arranxos de pezas diversas que leva feito tanto para a banda que criou como para a Escola que pariu. At\u00e9 fai quince d\u00edas a figura de Hern\u00e1n Naval e todo o seu legado ficaban orfos dunha homenaxe p\u00fablica na vila de Ribadeo que fose m\u00e1is al\u00f3 do car\u00e1cter ef\u00edmero das palabras. Cinco anos despois da s\u00faa morte, no D\u00eda da Patria Galega de 2006, Ribadeo cumpre unha das s\u00faas obrigas coa persoa de Hern\u00e1n Naval en sinal de agradecemento p\u00f3stumo por todo canto fixo musical e educativamente ao longo dos seus anos de traballo na vila ribadense. O que est\u00e1 chamado a converterse nun dos epicentros culturais da comarca, o Auditorio Municipal de Ribadeo, vai levar dende hoxe o nome de &#8220;Hern\u00e1n Naval&#8221;. A outra obriga que a\u00ednda ten Ribadeo coa persoa e co traballo de Hern\u00e1n \u00e9 manter vivo o seu espirito no tempo, tanto a trav\u00e9s da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza (EMMeD) de Ribadeo coma da banda, consolidando dous proxectos educativos e musicais de referenza non s\u00f3 na comarca sen\u00f3n en todo o pa\u00eds.<br \/>\nReco\u00f1ecendo a laboura de Hern\u00e1n axudamos tam\u00e9n a manter viva a obra do<br \/>\nseu benquerido Andr\u00e9s Gaos con quen a bo seguro comparte nalgures a batuta<br \/>\ndo coro de voces ao que un d\u00eda deu forma Castelao na s\u00faa Alba de Gl\u00f3ria. Tan<br \/>\nso, grazas.<br \/>\n&#8220;Mi\u00f1a avoa cambiar\u00eda de opini\u00f3n se hoxe poidese estar aqu\u00ed&#8230;&#8221; (Hern\u00e1n Naval o d\u00eda 08\/01\/99)<br \/>\nS. L\u00f3pez, trompeta da Banda Municipal de Ribadeo<\/p>\n<p>Programa<br \/>\nPonteareas&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;.. R. Soutullo<br \/>\nA little concert suite&#8230;&#8230;.. Alfreed Reed<br \/>\nI Intrata<br \/>\nII Siciliana<br \/>\nIII Scherzo<br \/>\nIVGigue<br \/>\nFesta paesana&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;.. Jacob de Haan<br \/>\nLonxe do mar&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230; Hern\u00e1n Naval<br \/>\nDon&#8217;t cry for me Argentina&#8230;. Andrew L Webber<br \/>\nAbba Gold&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230; Ron Sebregts<br \/>\nLet&#8217;s make music&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;.. Jan Ceulemans<br \/>\nDirector: Louren\u00e7o Cruz<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjnyyuvzKb0Ed4V9kwazp14S_6r4icrmSox2vMcnul3yDsQbsJd4d6vNR20AZvisEEZzTFE0GZbMhKix7fNLI0V46XYBPRYSpxQl-L4w8Su3shGdPHiFCdgBkauC1-9C1eyhY6CpQ\/s2048\/2006_25xullo.jpeg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjnyyuvzKb0Ed4V9kwazp14S_6r4icrmSox2vMcnul3yDsQbsJd4d6vNR20AZvisEEZzTFE0GZbMhKix7fNLI0V46XYBPRYSpxQl-L4w8Su3shGdPHiFCdgBkauC1-9C1eyhY6CpQ\/s2048\/2006_25xullo.jpeg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi5DfcRcv1SmXr3E13lGR51BesGWITQFQPSeLHGaiV_0xXYx4HtWGviTp5Lw4nQDCZPbNd7MFXTInU9Q-jZpSg2YWhTzimlMadxdrBZkIrerhyphenhyphenkU1wnFqwfeYaIbULxwsDbVPMW-Q\/s2048\/2006_25xullo_2.jpeg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi5DfcRcv1SmXr3E13lGR51BesGWITQFQPSeLHGaiV_0xXYx4HtWGviTp5Lw4nQDCZPbNd7MFXTInU9Q-jZpSg2YWhTzimlMadxdrBZkIrerhyphenhyphenkU1wnFqwfeYaIbULxwsDbVPMW-Q\/s2048\/2006_25xullo_2.jpeg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n&#8212;<br \/>\nUnhas notas: Antes de ter lugar a interpretaci\u00f3n da obra de Ceulemans, de t\u00edtulo moi apropiado para a ocasi\u00f3n, o presidente de Amadores sa\u00edu \u00f3 esce\u00e1rio para cambiala e tocar de novo &#8216;Lonxe do Mar&#8217; como homenaxe \u00f3 &#8216;Maestro de sempre&#8217; da banda.<br \/>\nPara mellor coller as fotos:<br \/>\nO director da a entrada para o comezo do primeiro concerto no auditorio Hern\u00e1n Naval.<br \/>\nXente sa\u00edndo do auditorio rec\u00e9n nomeado, da primeira actuaci\u00f3n co nome de Hern\u00e1n.<br \/>\nPalabras de M.Luz, concelleira de Cultura.<br \/>\nComentando con outra xente, notouse algunha ausencia. Alg\u00fan, por despiste, outros, porque non se enteraron, outros por imposibilidade, pero tam\u00e9n algunha que costa comprender e outras, confirmaci\u00f3n do xa esperado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coido que si foi emocionante para moita xente. Un reco\u00f1ecemento a Hern\u00e1n, que levou a batuta guiando os pasos musicais de moitos dos que estaban presentes e de outros ausentes. Palabras emotivas primeiro de Mari Luz, no exterior, logo de Suso, no interior. Fotos e a reproducci\u00f3n da letra do d\u00edptico coido que ilustran xa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,93,51,23],"class_list":["post-10673","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-fotos-ribadeo","tag-hernan-naval","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10673","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10673"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10673\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10673"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10673"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10673"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}