{"id":10667,"date":"2006-07-29T00:08:00","date_gmt":"2006-07-28T22:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:11:26","modified_gmt":"2024-11-12T15:11:26","slug":"algo-de-fsica-experiencias-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/07\/29\/algo-de-fsica-experiencias-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Algo de f\u00edsica: experiencias en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/tides.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/400\/tides.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>Onde se pode atopar eco en Ribadeo? Antes, o mellor sitio era Mirasol. Dende que se cubriu a zona norte, xa non. Pero se nos situamos no mirador cabo do faro da illa Pancha (ou na zona pr\u00f3xima, segundo o vento que haxa var\u00eda a zona id\u00f3nea), ent\u00f3n poderemos obter unha resposta \u00f3s 2 s nas instalaci\u00f3ns de Aromar. Os dous segundos saen de que ambos lugares at\u00f3panse aproximadamente \u00e1 distancia que recorre o son no aire nun segundo.<br \/>\nSe se vai a esa zona pola noite, verase un espect\u00e1culo \u00f3 ver avanzar a proxecci\u00f3n da luz do faro, por exemplo na costa cara \u00e1 insua de Vilasel\u00e1n. \u00c9 curioso ver como avanza m\u00e1isa apresa canto ma\u00eds distante estea o sitio onde se proxecta a luz. Un fen\u00f3meno parello a escala moito maior fai que nalgunhas situaci\u00f3ns pareza que a luz se propaga a unha velocidade maior que a chamada constante de propagaci\u00f3n da luz no vac\u00edo, a m\u00e1xima velocidade que se pode acadar.<br \/>\nPor que me po\u00f1o agora con esto? Ben, comecei xa vai m\u00e1is dunha hora e cambiei de actividade. Pero o caso \u00e9 que son as d\u00faas menos cuarto, rematan de romper o primeiro vaso da noite e por un son\u00f3metro sen calibrar mido m\u00e1is de 60dB (unidade que tam\u00e9n entra no campo da f\u00edsica), \u00e9 dicir, m\u00e1is de 1000 veces a presi\u00f3n sonora que deber\u00eda haber como l\u00edmite m\u00e1ximo. Mentras, non vexo que o concello faga nada m\u00e1is que tentar de marear a perdiz.<br \/>\nEn fin, outra cousa m\u00e1is que vin hoxe en Ribadeo relativa \u00e1 f\u00edsica: os avi\u00f3ns que pasaban hoxe deixaban pouca traza, unha traza pouco persistente. Iso \u00e9 debido a que o ambiente estaba seco e polo tanto, en vez de condensarse a auga explusada polo funcionamento do reactor, o que fac\u00eda era difundirse m\u00e1is ata desaparecer o rastro. \u00c9 dicir, a m\u00e1is sequedade en altura, menor rastro por haber menor condensaci\u00f3n.<br \/>\nPara rematar, o gr\u00e1fico de mareas destes d\u00edas previsto apra Ribadeo, obtido con wxtides, un programa gratu\u00edto (licencia GNU, \u00e9 dicir, algo as\u00ed como &#8216;fet\u00e9n&#8217;, libre, gratu\u00edto e no que se pode argallar; p\u00f3dese descargar en <a href=\"http:\/\/www.wxtide32.com\/index.html\">http:\/\/www.wxtide32.com\/index.html<\/a>) que da unha informaci\u00f3n abondo adecuada. A observar que no pantallazo, a hora \u00e9 a hora legal espa\u00f1ola -horario de ver\u00e1n, e p\u00f3dese usar en linux (Xtide) ou windows (o que aparece na imaxe neste caso), e como non se ve moi ben, que as bandas oscuras \u00e9 a noite e as brancas, o d\u00eda; as horas est\u00e1n marcadas de 0 a 23 e o centro do gr\u00e1fico \u00e9 esta noite.<br \/>\n&#8230; continuar\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onde se pode atopar eco en Ribadeo? Antes, o mellor sitio era Mirasol. Dende que se cubriu a zona norte, xa non. Pero se nos situamos no mirador cabo do faro da illa Pancha (ou na zona pr\u00f3xima, segundo o vento que haxa var\u00eda a zona id\u00f3nea), ent\u00f3n poderemos obter unha resposta \u00f3s 2 s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10667","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10667","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10667"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10667\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10667"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10667"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10667"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}