{"id":10660,"date":"2006-08-01T11:19:00","date_gmt":"2006-08-01T09:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:11:09","modified_gmt":"2024-11-12T15:11:09","slug":"auga-2-de-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/08\/01\/auga-2-de-hoxe\/","title":{"rendered":"Auga (2\u00aa de hoxe)"},"content":{"rendered":"<p>Lembro que un dos primeiros comentarios que me fixeron unha volta afincado en Ribadeo foi que pouco tempo antes o pobo ti\u00f1a uns problemas de subministro de auga grandes. Dende aquela, cos seus m\u00e1is e os seus menos (alg\u00fan d\u00eda con auga en mal estado, chea de terra, rotura de ca\u00f1er\u00f1ia, etc) non te\u00f1o constancia de que o subministro correra grave perigo durante longo tempo. <\/p>\n<p>No 2008 v\u00e1ise celebrar en Zaragoza (ese sitio a onde se marchou a f\u00e1brica de avi\u00f3ns) unha expo internacional adicada a auga; de feito, a s\u00faa mascota ch\u00e1manna &#8216;Fluvi&#8217;, o que deu lugar algunha nova de prensa, de onde mov\u00edn datos que paso a expo\u00f1er.<\/p>\n<p>Un indio (da India) t\u00edpico consume diariamente una cantidade de auga equivalente a algo m\u00e1is da metade do seu peso. Esta relaci\u00f3n red\u00facese \u00e1 cuarta parte na zona rural dun pa\u00eds como Kenia, mentras que n\u00f3s andamos por un consumo diario que case quintuplica a nosa masa, e nos EEUU (po\u00f1amos, un indio dos EEUU) ese consumo v\u00e1ise ata oito ou nove veces a s\u00faa masa. Razoamentos como ese foron postos en xogo na guerra de Iraq, xa que o ex\u00e9rcito dos EEUU necesita unha cantidade de auga asoballante apra as condici\u00f3ns des\u00e9rticas. Posiblemente lles foi m\u00e1is dif\u00edcil vencer ese inimigo que \u00e1s forzas de Saddam.<\/p>\n<p>Voltando \u00e1 nosa terra, parece que Galicia e unha beira arredor dela son as \u00fanicas zonas da pen\u00ednsula nas que non se prev\u00e9 risco de escasez de auga nun futuro pr\u00f3ximo. Nembargantes, a contaminaci\u00f3n dos acu\u00edferos fai que haxa que pensalo d\u00faas veces antes de beber segundo que auga, e a tendencia polo momento segue a aumentar. Cito textualmente &#8220;el agua, como la atm\u00f3sfera, termina siendo escasa &#8220;cuando tratamos de perpetuar un sistema irracional de consumo&#8230;&#8221;&#8216; Haber\u00eda moito que dicir sobre o tema, e moito que educar.<\/p>\n<p>Vai tam\u00e9n a cousa a raz\u00f3n da limpeza das augas mari\u00f1as. Resulta que hoxe mesmo \u00e9 louvado na prensa o percebe de Rinlo, e a promoci\u00f3n tur\u00edstica do lugar en base \u00f3 mar. Nembargantes, leva xa un ano dando coletazos a instalaci\u00f3n dunha piscifactor\u00eda (\u00e9 dicir, de contaminaci\u00f3n apra o sabroso percebe) nas s\u00faas proximidades, e esta fin de semana saltou unha segunda, abondo maior, para a veci\u00f1anza de Pena do Corvo. As\u00ed como a primeira ten unha forte loita en contra por situarse nun LIC, da segunda a\u00ednda non se sabe nada, con anuncios feitos xa correndo os prazos e unha situaci\u00f3n cando menos, encastrada con calzador entre o LIC (\u00e9 dicir, lugar de interese comunitario) e a zona protexida do castro de Vilasel\u00e1n. A 1km terra adentro na primeria previsi\u00f3n, e a menos na posterior, vai situado o pol\u00edgono industrial ribadense (futuro tam\u00e9n), pero a industria, amante da costa como o turismo, parece que xa ten elixido e comprado terreos. Na \u00fanica zona de costa sen casas a p\u00e9 de cantil en moitos km \u00e1 redonda&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lembro que un dos primeiros comentarios que me fixeron unha volta afincado en Ribadeo foi que pouco tempo antes o pobo ti\u00f1a uns problemas de subministro de auga grandes. Dende aquela, cos seus m\u00e1is e os seus menos (alg\u00fan d\u00eda con auga en mal estado, chea de terra, rotura de ca\u00f1er\u00f1ia, etc) non te\u00f1o constancia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[69,54],"class_list":["post-10660","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga","tag-auga-da-billa"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10660","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10660"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10660\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10660"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10660"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10660"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}