{"id":1066,"date":"2024-01-05T14:19:00","date_gmt":"2024-01-05T13:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:12:08","modified_gmt":"2024-10-23T10:12:08","slug":"68-mais-un-dia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/01\/05\/68-mais-un-dia\/","title":{"rendered":"68 m\u00e1is un d\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;68 m\u00e1is un d\u00eda<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Onte (un d\u00eda anterior calquera, se o les noutro diferente \u00f3 de hoxe no que estou a escribir) unha amiga cumpriu 68 anos. \u00c9 dicir, hoxe cumpre 68 anos e un d\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dito as\u00ed, parece a duraci\u00f3n dunha condena, con ese \u2018m\u00e1is un d\u00eda\u2019 como anexo imposto de xeito consciente por un xu\u00edz para que a rea non se poda beneficiar das reduci\u00f3ns ou alixeiramentos de pena que lle puideran corresponder por unha condena menor, unha correspondente a un delito menos grave. \u00c9 dicir, para distinguir a gravidade da pena.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois diso, non parece, a\u00ednda que o sexa, sinxelamente un alongamento m\u00e1is da vida (m\u00e1is un d\u00eda, m\u00e1is outro, outro engadido, outro m\u00e1is&#8230;). Un alongamento que non se celebra, cansados de d\u00edas pasados. Mais d\u00edas novos con tanto valor como calquera deses outros xa idos. Si, inclu\u00eddos os de aniversario que si se celebran ou ao menos son sinalados no calendario particular de cada un de xeito especial. Sinalados como se unha volta m\u00e1is, m\u00e1is ou menos exacta arredor do Sol, significara iso, algo especial, e non s\u00f3 outro pouco de cami\u00f1o noso sobre a Terra, acompa\u00f1ando \u00f3 cami\u00f1ar sen fin que \u00e9 o xiro do noso planeta arredor da s\u00faa estrela.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E mentres, un d\u00eda m\u00e1is (de vida), un d\u00eda menos (ata o final), o tempo pasa para todos. Para quen cumpriu anos de xeito recente e para quen non o fixo dende hai m\u00e1is de medio ano, ou mesmo a\u00ednda non tivo tempo de facelo nunca en absoluto. Para quen est\u00e1 a ler isto e para quen non o ler\u00e1 nunca. Para quen poda ser consciente do feito e para quen nunca se parara a pensalo. Diferentes etapas de diferentes vidas, con diferentes cargas e diferentes esperanzas. Escribo isto nun d\u00eda no que a noite, ese tempo en suspenso de vida consciente, al\u00edase con moita xente para producir maxia, o d\u00eda de antes de reis, dos Reis Magos \u2018de Oriente\u2019, de persoas confundidas con mitos (ou mitos con persoas) que celebran, segundo para quen, a existencia, o ser, como un agasallo. En forma de agasallo deixado sinxelamente pousado visible para ser recollido pola ma\u00f1\u00e1 por quen estea vivo al\u00ed, \u00f3 seu car\u00f3n. Vivo, agasallado cun d\u00eda m\u00e1is do que os agasallos \u2018m\u00e1xicos\u2019 son unha representaci\u00f3n do que hai que celebrar. Pasado ma\u00f1\u00e1 eses xoguetes, eses agasallos recibidos un d\u00eda antes, xa ser\u00e1n (algo m\u00e1is) vellos, igual que as persoas que os recibiron, que ter\u00e1n \u2018e un d\u00eda\u2019 m\u00e1is para ter desfrutado da vida.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Todos esperamos que fora (que sexa) as\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;68 m\u00e1is un d\u00eda &nbsp;&nbsp; &nbsp;Onte (un d\u00eda anterior calquera, se o les noutro diferente \u00f3 de hoxe no que estou a escribir) unha amiga cumpriu 68 anos. \u00c9 dicir, hoxe cumpre 68 anos e un d\u00eda. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Dito as\u00ed, parece a duraci\u00f3n dunha condena, con ese \u2018m\u00e1is un d\u00eda\u2019 como anexo imposto de xeito [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25,32],"class_list":["post-1066","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-festas","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1066","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1066"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1066\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1066"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1066"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1066"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}