{"id":10618,"date":"2006-08-25T14:38:00","date_gmt":"2006-08-25T12:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:09:50","modified_gmt":"2024-11-12T15:09:50","slug":"pxom-de-ribadeo-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/08\/25\/pxom-de-ribadeo-2\/","title":{"rendered":"PXOM de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Unha volta ollado o informe sobre o PXOM que refer\u00edn antes, coido que ben ven publicar as alegaci\u00f3ns feitas no seu momento polo Tes\u00f3n. A manifestar que non recibimos ning\u00fan tipo de comunicaci\u00f3n posterior, e que xa ped\u00edamos unha nova redacci\u00f3n, non variaci\u00f3ns aqu\u00ed e al\u00f3, e que o informe da Xunta colle os puntos rese\u00f1ados:<br \/>\n   <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20050429;19003100\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;2063100\">            <\/p>\n<p align=\"justify\">Quen abaixo asina, D. Antonio Gregorio Montes, Secretario da asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os &#8216;O Tes\u00f3n&#8217; de Ribadeo, en representaci\u00f3n da mesma,  segundo o acordado en reuni\u00f3n mantida o 25 de abril, presenta as seguintes<\/p>\n<p align=\"center\">ALEGACI\u00d3NS \u00f3 PXOM.<\/p>\n<p align=\"justify\">Tendo en conta a documentaci\u00f3n presentada como avance do PXOM, o acordo entre o Concello e diversos grupos empresariais para establecer varios convenios urban\u00edsticos, as actuaci\u00f3ns en pro da difusi\u00f3n do PXOM e ditos convenios, a legalidade vixente e o parecer da directiva da AVV, expo\u00f1emos:<\/p>\n<p align=\"justify\">1.Que o actual documento que se presenta como PXOM ten notorias deficiencias en canto que non establece un modelo de desenvolvemento e futuro para o conxunto do Concello nin para as entidades de poboaci\u00f3n por separado. Asemade, non contempla tampouco criterios ou obxectivos que poideran favorecer a construcci\u00f3n futura de dito modelo, e deixa por tanto as acci\u00f3ns planificadas no mesmo como feitos illados dentro do conxunto, tendo en com\u00fan pouco m\u00e1is que o estar recollidos nun mesmo documento,<\/p>\n<p align=\"justify\">2.Que presenta tam\u00e9n deficiencias no detalle mi\u00fado. A este respecto p\u00f3dense citar a modo de exemplo (e por suposto non de xeito exhaustivo):<\/p>\n<p align=\"justify\">2.1.a falta ou o trazado err\u00f3neo de cami\u00f1os, como entre O Somo e a Cabana, en Cubelas,<\/p>\n<p align=\"justify\">2.2.o trazado do Cami\u00f1o de Santiago, que non se axusta \u00f3 reco\u00f1ecido en moitos puntos, resultando arbitrario,<\/p>\n<p align=\"justify\">2.3.non est\u00e1n recollidas a modificaci\u00f3ns xa habidas na r\u00eda, como o novo recheo da d\u00e1rsena N de Mirasol,<\/p>\n<p align=\"justify\">2.4.diversos erros ben ortogr\u00e1ficos, ben de nomenclatura (&#8216;O Kostal&#8217;) ou semellantes,<\/p>\n<p align=\"justify\">entre outros moitos que po\u00f1en en evidencia a falta de cuidado na realizaci\u00f3n do documento,<\/p>\n<p align=\"justify\">3.Que o PXOM non considera diversa normativa municipal. O anterior pasa por exemplo co RAMINP, que \u00e9 ignorado citando s\u00f3 normas m\u00e1is xerais, e a\u00ednda \u00e9 contradito xunto con algunhas destas en aspectos concretos como no art. 153 (p.130, normas de protecci\u00f3n ambiental, que tam\u00e9n contrad\u00ed outras normas de maior rango en Galicia),<\/p>\n<p align=\"justify\">4.Que polo contrario, a redacci\u00f3n actual do PXOM presentado integra dentro da s\u00faa literatura unha maior\u00eda de temas de lexislaci\u00f3n ou definici\u00f3n por normas de rango superior, e polo tanto, substra\u00edbles a citas e anexos. O anterior produce confusi\u00f3n \u00e1s persoas que acceden o Plan, soslaiando os temas que son diferenciais, espec\u00edficos ou susceptibles de variaci\u00f3n por non ser de obrigaci\u00f3n legal de cumprimento do Plan ribadense. Dific\u00faltase as\u00ed porlo tanto a comprensi\u00f3n xeral do mesmo e f\u00f3rzase \u00e1 persoa interesada a encararse s\u00f3 coas particularidades ou intereses particulares en contra da visi\u00f3n de Ribadeo como comunidade; esto vese incrementado por outros detalles que inducen a confusi\u00f3n (as\u00ed, a presentaci\u00f3n de documentos consecutivos relativos a zonas anexas e a\u00ednda solapadas mantendo diferente escala de presentaci\u00f3n; vg., fichas 31 e 32)<\/p>\n<p align=\"justify\">5.Que consideramos que os convenios urban\u00edsticos tal como foron acordados non favorecen un crecemento harm\u00f3nico de Ribadeo nin dos seus n\u00facleos rurais. O anterior, a m\u00e1is de axustarse na pr\u00e1ctica \u00f3 l\u00edmite inferior en canto a favorecer \u00e1s instituci\u00f3ns p\u00fablicas e \u00f3s seus administrados (axust\u00e1ndose a\u00ednda en ocasi\u00f3ns a lexislaci\u00f3n que deixa de ter vixencia no per\u00edodo actual), adem\u00e1is de ter unha ubicaci\u00f3n inadecuada nalg\u00fans casos e tam\u00e9n a m\u00e1is de incidir en contra dos criterios manifestados con anterioridade pola Xunta de Galicia na an\u00e1lise do Plan,<\/p>\n<p align=\"justify\">6.Que en particular en &#8216;O Costal&#8217; o convenio impide tratar a \u00e1rea da r\u00eda como \u00e9 debido ambientalmente, e como \u00e9 convinte para o seu aproveitamento sostible en \u00f3ptimas condici\u00f3ns econ\u00f3micas, \u00e9 dicir, limitando \u00f3 futuro Ribadeo nos dous aspectos de calidade de vida e estructura econ\u00f3mica,<\/p>\n<p align=\"justify\">7.Que ditos convenios favorecen a segunda vivenda de persoas alleas a Ribadeo, a quenes os afincados deberemos subvencionar as infraestructuras a m\u00e1is de soportar o aumento de custes das primeiras residencias (tanto en compra como en mantemento) sen unha contraprestaci\u00f3n clara en canto a crecemento comercial ou noutros sentidos. E, polo tanto tam\u00e9n neste aspecto, e unha vez exclu\u00eddos os posibles beneficiarios direitos pola venda de terreos, perxudicial econ\u00f3micamente para Ribadeo,<\/p>\n<p align=\"justify\">8.Que a oferta de solo para construcci\u00f3n neses pol\u00edgonos, gui\u00e1ndonos pola resposta previamente dada pola Conseller\u00eda e pola l\u00f3xica de crecemento posible de Ribadeo, influir\u00e1 na falta de solo para a primeira vivenda dos xa afincados e dos que poden representar o crecemento futuro do censo ribadense,<\/p>\n<p align=\"justify\">9.Que nos convenios que trata de recoller o plan hai asemade pequenos erros en cantidade, que se suman \u00f3s referidos antes do PXOM,<\/p>\n<p align=\"justify\">10.Que o plan s\u00f3 se tratou de consensuar con empresarios, e esto en plena pol\u00e9mica e demostraci\u00f3n de que alcald\u00eda e empresarios forzaron e desvirtuaron no mellor dos casos o plan anterior, e non con veci\u00f1os, que s\u00f3 tiveron oportunidade de enterarse das circunstancias e condici\u00f3ns neste mesmo mes. Hai que referir que tanto o sentido com\u00fan tanto como unha adecuada xesti\u00f3n municipal esixir\u00eda un tempo abondo maior e unha difusi\u00f3n do plan e contrastaci\u00f3n de pareceres  abondo m\u00e1is amplas das que se est\u00e1n a dar.<\/p>\n<p align=\"justify\">11.Que a mesma alcald\u00eda refusou a participaci\u00f3n en actividades onde se pretend\u00eda realizar unha cr\u00edtica constructiva dos convenios, deixando en calquera caso a t\u00e9cnicos a posible explicaci\u00f3n de convenios e PXOM, pero non a discusi\u00f3n sobre a finalidade, obxectivos, criterios ou implicaci\u00f3ns sociais dos mesmos ou do Plan, que queda orfo neste sentido,<\/p>\n<p align=\"justify\">12.Que se botan en falta estudos de acompa\u00f1amento ou laterais como un necesario informe independente sobre a sociodemograf\u00eda no futuro pr\u00f3ximo de Ribadeo, previo a un tratamento serio dos aspectos urban\u00edsticos.<\/p>\n<p align=\"justify\">Facendo unha recensi\u00f3n dos puntos anteriores, podemos considerar que hai entre eles tres tipos. No primeiro grupo, as alegaci\u00f3ns que implicar\u00edan s\u00f3 unha revisi\u00f3n pormenorizada do articulado e planos. O segundo grupo, constitu\u00eddo por aquelas outras que implican unha variaci\u00f3n de aspectos parciais do plan. O terceiro por fin, por aquelas que fan necesario unha nova redacci\u00f3n do plan. En funci\u00f3n destos grupos citados, pedimos unha nova redacci\u00f3n do plan que dese\u00f1e un futuro razoado para Ribadeo, contemplando tam\u00e9n a nivel particular un conxunto de actuaci\u00f3ns cohesionado nas diversas zonas adicadas \u00e1 construcci\u00f3n e realizado cun cuidado que elimine boa parte deses detalles, erros ou omisi\u00f3ns que fan en conxunto inv\u00e1lido o plan para o futuro ribadense.<\/p>\n<p align=\"justify\">En Ribadeo, a 28 de abril de 2005.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha volta ollado o informe sobre o PXOM que refer\u00edn antes, coido que ben ven publicar as alegaci\u00f3ns feitas no seu momento polo Tes\u00f3n. A manifestar que non recibimos ning\u00fan tipo de comunicaci\u00f3n posterior, e que xa ped\u00edamos unha nova redacci\u00f3n, non variaci\u00f3ns aqu\u00ed e al\u00f3, e que o informe da Xunta colle os puntos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,13,9],"class_list":["post-10618","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10618","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10618"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10618\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10618"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10618"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10618"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}