{"id":10612,"date":"2006-08-30T08:31:00","date_gmt":"2006-08-30T06:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:09:40","modified_gmt":"2024-11-12T15:09:40","slug":"ribadeo-historia-e-historias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/08\/30\/ribadeo-historia-e-historias\/","title":{"rendered":"Ribadeo, historia e historias"},"content":{"rendered":"<p>Remato de ler &#8216;La unificaci\u00f3n de las fuerzas fundamentales&#8217;, escrito por Abdus Salam coa participaci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Principio_de_Indeterminaci%C3%B3n_de_Heisenberg\">Werner Heisenberg<\/a> e Paul Adrien Maurice Dirac. Os tres son dos m\u00e1is grandes cient\u00edficos do s\u00e9culo pasado, Nobel (1979, 1932, 1933), etc. Cada volta que abr\u00eda o libro me preguntaba pola tirada (\u00e9 un libro pequeno, non chega \u00e1s 200 p\u00e1xinas en A5, r\u00fastica, sen f\u00f3rmulas, &#8230;) que desco\u00f1ezo, e pola tirada doutros libros que fan historia en Ribadeo, ou pola lectura relativa no pobo. Est\u00e1 visto que Ribadeo est\u00e1 envorcado \u00f3 seu embigo, e non \u00e9 o \u00fanico pobo que o est\u00e1, nin moito menos. Poder\u00eda dicirse que \u00e9 porque a palabra \u00e9 m\u00e1is doada, m\u00e1is usada e m\u00e1is d\u00factil que as relaci\u00f3ns matem\u00e1ticas, por exemplo, pero o caso \u00e9 que xa dixen que o libro non ten f\u00f3rmulas, e coas palabras que introduce antes fai eso, introducilas. Pero parece que o que est\u00e1 aparentemente mais preto de n\u00f3s, como pode ser a historia do pobo en relaci\u00f3n coa historia da comprensi\u00f3n do que nos rodea en conxunto, produce m\u00e1is interese, v\u00e9monos m\u00e1is reco\u00f1ecidos e, \u00f3 v\u00e9rmonos dalg\u00fan xeito reflectido, tam\u00e9n alimenta o ego propio (da persoa e do pobo como tal).<\/p>\n<p>Pode que esa sexa unha das causas da proliferaci\u00f3n dende que comezou o s\u00e9culo de libros sobre Ribadeo e a s\u00faa historia (inclu\u00edndo o de &#8216;Ribadeando&#8217;, historia recente). Nese sentido, onte escribiuse un cap\u00edtulo m\u00e1is coa presentaci\u00f3n de &#8216;tras sus huellas&#8217;, despois de haber publicado o autor, Manuel D\u00edaz Aledo, &#8216;entre tus calles&#8217;. Tras a presentaci\u00f3n do autor por Roberto Rodr\u00edguez, tomou este a palabra e deixou claro que o pasado era un libro da s\u00faa historia en Ribadeo e o actual, unha biograf\u00eda novelada a base de hemeroteca dun parente seu. O certo \u00e9 que retazos da historia que foi desganando deixaron en min certa gana de lectura do Ribadeo en castel\u00e1n, se ben entre outras cousas, a segunda raz\u00f3n do corte do libro no ano 36 deixoume cun pensamento fixo. Dic\u00eda que hab\u00eda unha primeira raz\u00f3n para o remate do libro nese ano: a morte o seu t\u00edo, o personaxe principal. Pero engadiu que esa \u00e9poca encon\u00e1ronse os sentimentos en Ribadeo que que non \u00eda el a meterse no tema. Coa primeira explicaci\u00f3n para min abondar\u00eda, pero o meterse na segunda implicou un reco\u00f1ecemento de que a memoria quere esquecer cousas que xa est\u00e1n a rememorarse e que se ve que costa facerse con elas. En fin, hai xente que est\u00e1 a favor do exercicio de memoria e hai xente que est\u00e1 en contra. O tema da que pensar, por exemplo de por que  non se escribe historia actual de Ribadeo: pode que en parte porque non ten o poso abondo, pero tam\u00e9n en parte por medo, por quedar ben con todo o mundo (tam\u00e9n o autor se referiu de xeito indirecto a este tema de que se escrib\u00eda sobre aqueles anos \u00eda quedar mal con xente), \u00e9 dicir, por un esp\u00edrito moi humano que est\u00e1 a flor de pel en Ribadeo. Tam\u00e9n dixo que antes, &#8216;Las Riberas del Eo&#8217; ti\u00f1a un apartado de cousas da r\u00faa, que agora botaba de menos na Comarca: estiven a piques de lle dicir que esas cousas, transformadas, agora aparec\u00edan nos m\u00faltiples blog de Ribadeo.<\/p>\n<p>Esa era a historia. E a\u00ed as historias, que ir\u00e1n tecendo a historia pouco a pouco: onte chamei para tentar conseguir os planos da ponte, da que a\u00ednda agora non sei se admitir\u00e1 pe\u00f3ns, bicicletas, &#8230; en Castropol nin sab\u00edan en principio se ti\u00f1an os planos, e por fin, na demarcaci\u00f3n de estradas en A Coru\u00f1a dix\u00e9ronme que ti\u00f1a que esperar a que algu\u00e9n vi\u00f1era de vacaci\u00f3ns. De xeito diferente foi o tema dunha consulta sobre o Castro das Grobas en relaci\u00f3n coa piscifactor\u00eda (por certo, aqu\u00ed tedes un <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/\">artigo<\/a> que sa\u00edu onte na prensa sobre o mesmo tema, posteado dous d\u00edas antes), pois por terceira ou cuarta vez non din collido \u00f3s arque\u00f3logos da Xunta, que en Lugo non estaban, sen\u00f3n nunha escavaci\u00f3n (xa me dixeran que ti\u00f1a que chamar antes), co cal non me puiden enterar polo momento do status do <a href=\"http:\/\/ribadeo.webcindario.com\/\">castro a invadir parcialmente pola piscifactor\u00eda<\/a>. D\u00faas historias ribadenses de actualidade \u00e1s que lle custa sa\u00edr &#8216;do armario&#8217;. Hai outra. Antonte, por fin, fixen a traves\u00eda bloques-Figueiras-bloques, cun trazado un pouco diferente \u00f3 especificado nunha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/08\/de-tesn-en-tesn-cruzando-ra-de-ribadeo.html\">entrada anterior sobre a traves\u00eda da r\u00eda de Ribadeo<\/a>, e puiden comprobar que a distancia a nadar, aproveitando a marea, non chega en total \u00f3s 500m (ida), pois o tes\u00f3n de Castropol est\u00e1 avanzando cunha lingua (que pode chegar a independizarse ou seguir unida \u00f3 mesmo tes\u00f3n) que permite ir andando ata pouco m\u00e1is de 50 m da Berlinga das Figueiras. \u00c9 dicir, un novo tes\u00f3n na r\u00eda que reforza o que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/08\/adeus-ros-adeus-fontes.html\">dic\u00eda sobre o cruce da r\u00eda de Ribadeo outro d\u00eda antes: o avance dos tes\u00f3ns<\/a>, visible dende a costa e a pesares do repetido ra\u00f1ar no fondo para baixar area. En fin, tres cousas do d\u00eda a d\u00eda de Ribadeo que non soen ser nova por eso precisamente, porque son do d\u00eda a d\u00eda e diso, en Ribadeo, f\u00e1lase nos caf\u00e9s daquel xeito.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Remato de ler &#8216;La unificaci\u00f3n de las fuerzas fundamentales&#8217;, escrito por Abdus Salam coa participaci\u00f3n de Werner Heisenberg e Paul Adrien Maurice Dirac. Os tres son dos m\u00e1is grandes cient\u00edficos do s\u00e9culo pasado, Nobel (1979, 1932, 1933), etc. Cada volta que abr\u00eda o libro me preguntaba pola tirada (\u00e9 un libro pequeno, non chega \u00e1s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,95,9],"class_list":["post-10612","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-piscifactoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10612","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10612"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10612\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10612"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10612"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10612"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}