{"id":10611,"date":"2006-08-31T08:45:00","date_gmt":"2006-08-31T06:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:09:38","modified_gmt":"2024-11-12T15:09:38","slug":"mis-historias-de-ribadeo-universo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/08\/31\/mis-historias-de-ribadeo-universo\/","title":{"rendered":"M\u00e1is historias, de Ribadeo \u00f3 Universo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/presenta.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/presenta.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Algunhas cidades anunci\u00e1banse (a\u00ednda se anuncian) con cousas como &#8216;ver Madrid e morrer&#8217; ou &#8216;de Barcelona \u00f3 ceo&#8217;. Con Ribadeo pode pasar o mesmo, pero cada vez m\u00e1is polo que se lee nos peri\u00f3dicos e menos pola realidade.<\/p>\n<p>O certo \u00e9 que non sei por \u00f3nde comezar polo &#8216;traballo&#8217; que te\u00f1o acumulado. Por calquera sitio: onte, na procura de datos meteorol\u00f3xicos antigos da &#8216;Pedro Murias&#8217;, at\u00f3pome con eles espallados de xeito salteado en diversas Comarcas entre o 53 e 57, non antes e pode que si alg\u00fan despois, pero tam\u00e9n me atopo con cousas como que na &#8216;Riberas del Eo&#8217;, o 6\/1\/1934 aparece o nome da r\u00eda non como r\u00eda de Ribadeo&#8230; claro, non \u00e9 a \u00fanica volta, e as\u00ed \u00e9 de esperar que a pol\u00e9mica rexurda de xeito peri\u00f3dico, e cada volta con menos pulo para Ribadeo, pois \u00f3 cabo, o r\u00edo segue a estar presente e da as curiosidades xa sabidas de procura en internet, que agora mesmo arroxan o balance (en Google):<\/p>\n<p>1)R\u00eda + Ribadeo: 174.000 (as d\u00faas verbas illadas nun documento)<\/p>\n<p>2)&#8221;R\u00eda de Ribadeo&#8221;: 11.900 (o conxunto das tres verbas nesa orde)<\/p>\n<p>3)R\u00eda + Eo: 361.000<\/p>\n<p>4)&#8221;R\u00eda del Eo&#8221;:17.800<\/p>\n<p>5)&#8221;R\u00eda do Eo&#8221;: 1.260<\/p>\n<p>&#8230; hai outras combinaci\u00f3ns curiosas, como cando se pon ria (sen acento), pero est\u00e1 claro que mentras m\u00e1is &#8216;finos&#8217; somos na procura, mellor se atopa a r\u00eda de Ribadeo, e \u00e9 que Ribadeo asociado en escritos con r\u00eda, ten moitas m\u00e1is posibilidades que R\u00eda de Ribadeo, e o mesmo sucede con &#8216;Eo&#8217;. Esta mesma entrada contar\u00e1 varias voltas m\u00e1is se se fai a procura dun xeito que se se fai de outro, e mentras que non contar\u00e1 m\u00e1is que 1 volta se se procura do xeito 4 ou 5, se se fai do 3 contar\u00e1 un n\u00famero de veces semellante a se se fai do 2, tendo como campe\u00f3n indiscutible de veces de referencia a procura tipo 1, polas que sae no escrito a verba &#8216;r\u00eda&#8217; e tam\u00e9n &#8216;Ribadeo&#8217;. Quen quera facer a proba, que deixe indexar o Google (que deixe pasar varios d\u00edas) e que probe co t\u00edtulo  e as combinaci\u00f3ns&#8230;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/seccionmeandro.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/seccionmeandro.jpg\" \/><\/a>Ben, o caso \u00e9 que a r\u00eda, fronte a Reme, na lama, est\u00e1 vendo aparecer cada volta m\u00e1is verd\u00edn en mar\u00e9 baixa, nun proceso natural acelerado, co que \u00f3 cabo dunha d\u00e9cada por al\u00ed teremos xa plantas extrem\u00f3filas fixando o terreo e preparando as marismas. A marea baixa deixa ver tam\u00e9n o perfil dos meandros \u00f3 sur da Veiga, moito m\u00e1is acusado \u00e1 forma t\u00edpica de curvas de r\u00edo no seu treito baixo que \u00e1 de perfil de r\u00eda (\u00e9 dicir, debuxo de arriba fronte a debuxo de abaixo) o que significa menos volume de auga e que a influencia mareal \u00e9 abondo menor do que eu cre\u00eda e o trafego de auga por marea, tam\u00e9n (ver no debuxo a zona entre mareas con menor volume arriba), e a resistencia \u00f3 avance da auga, maior, co que o arrastre \u00e9 menor e a colmataci\u00f3n cara \u00f3 fondo da r\u00eda, m\u00e1is r\u00e1pida&#8230; indicando un crecemento dos tes\u00f3ns maior.<\/p>\n<p>O da r\u00eda entronca coa exposici\u00f3n que xente reacionada coa Plataforma para a defensa da r\u00eda de Ribadeo organiza entre fin de mes e o d\u00eda 10 na Casa da Cultura (planta alta da biblioteca) expo\u00f1endo cartas marinas, planos e documentos sobre a r\u00eda. a xente que se achegue, adem\u00e1is, ter\u00e1 o alicerce de ver a casa da xuventude aparentemente lista dende hai tempo e sen inaugurar posiblemente esperando as elecci\u00f3ns e cortando \u00e1s \u00e1 xente nova de Ribadeo que poder\u00eda aproveitala&#8230;<\/p>\n<p>Outra exposici\u00f3n corresponde \u00f3 cartel, bonito e que deixei de ilustraci\u00f3n da entrada de hoxe, para animar o &#8216;de Ribadeo \u00f3 Universo&#8217;.<\/p>\n<p>Pois en Ribadeo, mentres segue a relaci\u00f3n acoso &#8211; cinismo na prensa, e se fan roldas de prensa en relaci\u00f3n cun dos abondantes xu\u00edzos que merodean polo concello, segue a ser nova o rexeitamento do PXOM na Xunta. As reacci\u00f3ns, pintorescas. O alcalde, nun xornal, sae dicindo en titulares que o grave \u00e9 o retraso en dar o informe, e noutro que non hai m\u00e1is que o rexeitamento das urbanizaci\u00f3ns. Se non fora o alcalde de Ribadeo, seguramente aconsellar\u00edan algo como que o vira un psic\u00f3logo, pois non \u00e9 iso o que se deduce do <a href=\"http:\/\/www.cptopt.xunta.es\/portal\/cidadan\/lang\/gl\/pid\/1064\">documento de referencia<\/a> (rese\u00f1ado na entrada &#8220;O tratado non \u00e9 Europa&#8221;) nin das <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/08\/pxom-de-ribadeo.html\">alegaci\u00f3ns<\/a>, sen contar con outras variaci\u00f3ns que van ter que facer de xeito posterior. \u00c9 dicir, van ter que redactar de novo o PXOM, e preg\u00fantome c\u00e1nto costar\u00e1. Pero tampouco os outros partidos se libran. O Bloque est\u00e1 contento co rexeitamento das urbanizaci\u00f3ns porque di que avala as s\u00faas teses, pero non logrou que fora sen elas. E o PP tan pronto critica o das urbanizaci\u00f3ns como di que que vai facer a xente que ten apalabradas as fincas, e promete m\u00e1is comentarios para seguir co tema en plena campa\u00f1a pro municipais 07.<\/p>\n<p>Ben, a consecuencia da procura dunha ruta de sendeirismo, dec\u00e1tome que Ribadeo, a pesares dos esforzos de Teresa D\u00edaz, non ten unha soa ruta catalogada, e eso cando hai uns d\u00edas se pretend\u00eda (te\u00f3ricamente, porque non o creo) nunha xuntanza a nivel comarcal, voltar \u00f3 tren Ribadeo &#8211; Vilaoudriz como tren tur\u00edstico, por riba xa da recuperaci\u00f3n dos tramos que se poda da v\u00eda como iniciativa tur\u00edstica de cami\u00f1os para cami\u00f1atas na natureza. Adeus plan de rutas tur\u00edsticas a p\u00e9, en aras dun novo fume que se disipar\u00e1 pouco a pouco se non o est\u00e1 xa.<\/p>\n<p>Para rir un pouco con cousas de f\u00f3ra de Ribadeo, collo hoxe d\u00faas novas cient\u00edficas referidas pola prensa dun xeito dubidoso:<\/p>\n<p>Unha, que a capa de ozono comezou a crecer, segundo un estudio da NASA e a Universidade de Xeorxia (EEUU). Se non lembro mal, o outro inverno foi o que a descoberta da capa de ozono na Ant\u00e1rtida bateu r\u00e9cord de extensi\u00f3n&#8230; outra cousa moi diferente \u00e9 que, pola tendencia, se esto segue as\u00ed, o que comezou a verse desbaratar nos anos oitenta poda voltar \u00e1 normalidade sobre o 2050, algo que non \u00e9 novo que se diga, se ben agora parece que se fai con m\u00e1is precisi\u00f3n. Por outra parte, \u00e9ste \u00e9 un tema netamente estat\u00edstico, co que, sensu stricto, haber\u00eda que falar de outro xeito \u00f3 dar a nova&#8230;<\/p>\n<p>A outra, que se ve unha supernova (unha estrela moi masiva estalando, vaia) por primeira vez en &#8216;tempo real&#8217;&#8230; a 440 mill\u00f3ns de anos luz de distancia, o que significa que as imaxes se ven diferidas &#8216;s\u00f3&#8217; 440 mill\u00f3ns de anos&#8230; o que non deixa de ser un real tempo. Como se ve, coas novas na ciencia hai que ter a\u00ednda m\u00e1is coidado que coas da pol\u00edtica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Algunhas cidades anunci\u00e1banse (a\u00ednda se anuncian) con cousas como &#8216;ver Madrid e morrer&#8217; ou &#8216;de Barcelona \u00f3 ceo&#8217;. Con Ribadeo pode pasar o mesmo, pero cada vez m\u00e1is polo que se lee nos peri\u00f3dicos e menos pola realidade. O certo \u00e9 que non sei por \u00f3nde comezar polo &#8216;traballo&#8217; que te\u00f1o acumulado. Por calquera sitio: [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91,57,26],"class_list":["post-10611","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril","tag-fotos-ria-de-ribadeo","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10611","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10611"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10611\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10611"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10611"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10611"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}