{"id":10599,"date":"2006-09-10T21:46:00","date_gmt":"2006-09-10T19:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:09:10","modified_gmt":"2024-11-12T15:09:10","slug":"unha-nota-de-prensa-de-adega-respecto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/09\/10\/unha-nota-de-prensa-de-adega-respecto\/","title":{"rendered":"Unha nota de prensa de Adega respecto \u00e1 piscifactor\u00eda (2\u00aa de hoxe)"},"content":{"rendered":"<p>Reprod\u00fazoa enteira:<\/p>\n<p>Santiago, a 10 de Setembro do 2006 <\/p>\n<p>ADEGA PIDE QUE A PISCIFACTOR\u00cdA DE PESCANOVA DESPRAZADA DE CABO TOURI\u00d1AN A RIBADEO SE APROXIME AOS LINDES DO POL\u00cdGONO INDUSTRIAL EN TRAMITACI\u00d3N<\/p>\n<p>O chamado Plan Sectorial de Parques de Tecnolox\u00eda Alimentaria que o governo anterior, -da m\u00e1n do exconselleiro de Pesca, D. Enrique L\u00f3pez Veiga, nos deixou en herencia-, non consist\u00eda m\u00e1is que nun mapa cos lugares elexidos polas empresas do cl\u00faster de acuicultura, sen outros criterios que os de f\u00e1cil acceso \u00e1 auga do mar e reducidos costes de expropiaci\u00f3n. Nada importaba que se tratara ou non de espazos protexidos ou de paisaxes singulares e as\u00ed resultou que dun total de 23 parques iniciais, 13 afectaban a espazos protexidos ou que mereceran ser considerados como tais. Entre estes estaban, a piscifactor\u00eda do Sr. Alv\u00e1rez-Cascos en Rinlo-Ribadeo (hoxe paralizadas as obras por decisi\u00f3n do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) e a piscifactor\u00eda de Pescanova en Cabo Touri\u00f1\u00e1n, ambas as d\u00faas en id\u00e9ntica situaci\u00f3n administrativa: estudo de impacto ambiental favor\u00e1bel e proxecto sectorial aprobado no \u00faltimo consello da Xunta de Galiza presidido por D. Manuel Fraga.<\/p>\n<p>A\u00ednda que a actual Conseller\u00eda de Pesca, de forma incoerente, t\u00e9n acordado, -a pesares das m\u00faltiples irregularidades do Plan (f\u00e1ltalle avaliaci\u00f3n de impacto ambiental e informe urban\u00edstico da conseller\u00eda de Ordenaci\u00f3n do Territorio)-, continuar adiante co Plan de acuicultura do Sr. L\u00f3pez Veiga, hai consenso entre Pesca e a Conseller\u00eda de Meio Ambiente e Desenvolvemento Sost\u00edbel en facer respetar os espazos protexidos da Rede Natura, obrigando as\u00ed a Pescanova a buscar outra ubicaci\u00f3n para a piscifactor\u00eda de cabo Touri\u00f1\u00e1n e a Stolt a buscar outra para a piscifactor\u00eda nos lindes do Parque Natural de Corrubedo.<\/p>\n<p>A nova proposta de ubicaci\u00f3n para a piscifactor\u00eda desprazada de Cabo Touri\u00f1\u00e1n ven a ser agora a punta de Pena Corveira ou Pena do Corvo en Ribadeo, nun \u00e1rea de apenas un quil\u00f3metro de ancha entre o LIC de As Catedrais e o LIC e tam\u00e9n ZEPA da R\u00eda do Eo. Tr\u00e1tase dun \u00e1rea dentro da rasa costeira cant\u00e1brica \u00e1 que a\u00ednda non ti\u00f1a chegado a presi\u00f3n urban\u00edstica do litoral e de importante valores paisax\u00edsticos na que, adem\u00e1is, podemos contemplar un castro no que a\u00ednda son ben vis\u00edbeis os seus muros perimetrais. Dende o punto de vista ecol\u00f3xico, esta \u00e1rea comparte a mesma xeolox\u00eda, edafolox\u00eda, condici\u00f3ns clim\u00e1ticas, etc, dos LICs colindantes nos que se constata a existencia de valiosos h\u00e1bitats prioritarios: o  *4020, Uceiras h\u00famidas atl\u00e1nticas de erica ciliaris e erica tetralix, ou o *4040, Uceiras secas atl\u00e1nticas costeiras de erica vagans e Ulex maritimus. A escasa presencia destas especies nesta \u00e1rea na que est\u00e1 prevista a ubicaci\u00f3n desta granxa mari\u00f1a de engorde de peixes planos non \u00e9 debida m\u00e1is que a tratarse de parcelas a\u00ednda traballadas para uso agrario, cumplindo cos criterios do anexo III da Directiva 92\/43 para a selecci\u00f3n dos lugares de importancia comunitaria. E, en tal sentido, tanto dende ADEGA como dende a Federaci\u00f3n Ecoloxista Galega, vimos solicitando reiteradamente a conexi\u00f3n destes dous espazos protexidos que s\u00f3 se entende que quedaran no seu d\u00eda desconectados non polos seus valores ecol\u00f3xicos sen\u00f3n por, m\u00e1is que seguramente, por intereses da especulaci\u00f3n urban\u00edstica.<\/p>\n<p>En base a isto, ADEGA pide da Conseller\u00eda de Meio Ambiente que se atenda a solicitude de ampliaci\u00f3n da Rede Natura que se t\u00e9n presentado xa no principio desta lexislatura conectando estes e dem\u00e1is espazos da Rede Natura do litoral de Lugo e pide da Direcci\u00f3n Xeral de Recursos Mari\u00f1os que se lle propo\u00f1a a Pescanova desprazar esta instalaci\u00f3n ata os lindes do pol\u00edgono industrial que se est\u00e1 iniciando en Ribadeo, de forma que, -adem\u00e1is de aproveitar os servizos propios do pol\u00edgono-, permita dar coerencia a estes espazos da Rede Natura e preservar os valores paisax\u00edsticos e ecol\u00f3xicos de toda esta zona costeira. Para facilitar isto, ADEGA prop\u00f3n que, dos fondos anunciados pola Ministra de Meio Ambiente para a adquisici\u00f3n de espazos protexidos no litoral, se solicite, por parte da Conseller\u00eda de Meio Ambiente, a recompra das parcelas adquiridas por Pescanova a cambio tam\u00e9n de facilitarlle a cesi\u00f3n de terreos necesarios dentro do pol\u00edgono industrial. <\/p>\n<p>Noutra orde de cousas ADEGA pide a redaccci\u00f3n por parte da Empresa dun nov Estudo de Impacto Ambiental que subsane carencias tan importantes como a falta dun estudo sobre o patrimonio, sobre o impacto dos vertidos ao mar ou da escombreira que resulte de rebaixar a cota do solo dende 15 m. ata os 7 m. sobre o nivel do mar. <\/p>\n<p>Pide tam\u00e9n ADEGA que, en todo caso, se proceda \u00e1 apertura dun novo per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica para cumplir a lexislaci\u00f3n de avaliaci\u00f3n ambiental no que respecta a que o Estudo de Impacto Ambiental ten que facerse de forma conxunta coa exposici\u00f3n do proxecto, cousa que, -como xa se anuncia na publicaci\u00f3n do DOG-, non se fixo coa exposici\u00f3n p\u00fablica da documentaci\u00f3n na Delegaci\u00f3n Territorial de Pesca de Cervo onde s\u00f3 estivo a exposici\u00f3n p\u00fablica o estudo de impacto ambiental.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Reprod\u00fazoa enteira: Santiago, a 10 de Setembro do 2006 ADEGA PIDE QUE A PISCIFACTOR\u00cdA DE PESCANOVA DESPRAZADA DE CABO TOURI\u00d1AN A RIBADEO SE APROXIME AOS LINDES DO POL\u00cdGONO INDUSTRIAL EN TRAMITACI\u00d3N O chamado Plan Sectorial de Parques de Tecnolox\u00eda Alimentaria que o governo anterior, -da m\u00e1n do exconselleiro de Pesca, D. Enrique L\u00f3pez Veiga, nos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[95],"class_list":["post-10599","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-piscifactoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10599","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10599"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10599\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10599"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10599"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10599"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}