{"id":10595,"date":"2006-09-14T23:59:00","date_gmt":"2006-09-14T21:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:09:02","modified_gmt":"2024-11-12T15:09:02","slug":"giovinezza-mocidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/09\/14\/giovinezza-mocidade\/","title":{"rendered":"Giovinezza (mocidade)"},"content":{"rendered":"<p>Hai xa m\u00e1is de 30 anos que unha persoa me informou da existencia dunha canci\u00f3n (que eu lembraba como &#8216;giovenezza&#8217; ou &#8216;giovanezza&#8217;, pero que \u00f3 ir a consultar \u00f3 dicionario resultou ser como o t\u00edtulo), cantada alomenos pola secci\u00f3n feminina da falanxe, e de orixe a Italia mussoliniana. Ven a conto o dato por ver que os feixistas, como os comunistas, por po\u00f1er dous casos aparentemente contrarios e ambolosdous ben contrastados, preocuparonse por tentar unha formaci\u00f3n da xuventude acorde coas s\u00faas ideas. E eso, o intento de formaci\u00f3n da xente nova por todas as sociedades \u00e1 s\u00faa imaxe, para a s\u00faa perpetuaci\u00f3n, \u00e9 o que ve meu \u00e1 mente \u00f3 comezo das probas de selectividade.<br \/>\nEn Espa\u00f1a hai pouco houbo unha pol\u00e9mica pola introduci\u00f3n dunha nova asignatura na reforma dos estudos de secundaria, algo as\u00ed como a formaci\u00f3n c\u00edvico-social (que a min me lembrou outra equivalente na \u00e9poca franquista, con orientaci\u00f3n diferente pero contidos nominais supo\u00f1o que relativamente parellos). Con ou sen ela, o caso \u00e9 que toda sociedade intenta ese molde de &#8216;perfeccionamento social&#8217; acorde coas ideas predominantes ou que procuran impo\u00f1erse dun ou outro xeito. E eso remata sa\u00edndo \u00e1 luz antes da formaci\u00f3n total da persoa (algo que non existe, a persoa non se finaliza de formar a\u00ednda que morra) en cousas que poden parecer tan &#8216;as\u00e9pticas&#8217; como as probas de acceso \u00e1 universidade, por exemplo. P\u00f3dese estar de acordo ou en desacordo coa orientaci\u00f3n do ensino, cos m\u00e9todos, etc, pero est\u00e1 claro que o ensino non \u00e9 algo apartado do mundo, sen ideolox\u00eda previa ou circunstancial. E eso infl\u00fae noutras cousas aparentemente tam\u00e9n as\u00e9pticas como o que se concibe como calidade do ensino, que ser\u00e1 medida con diferentes criterios segundo as pretensi\u00f3n que se te\u00f1an.<br \/>\nNo contexto do comentario anterior, dicir que os textos que soen caer nas probas de acceso \u00e1 universidade, para o seu comentario e deduci\u00f3n de se o alumno\/a comprende ou non o que pon o papel, soen ser ben do meu agrado (non digo as preguntas correspondentes, sen\u00f3n os textos). Reproduzo un dos propostos no exame de galego este setembro (inclu\u00eddos alg\u00fans lapsus que considero erros de transcrici\u00f3n no exame):<br \/>\n&#8220;A xente nova teno cada vez m\u00e1is dif\u00edcil \u00e1 hora de alugar. Os gobernos supostamente lanzando medidas para incentivalo pero logo, pola contra, o mercado endur\u00e9cese polo seu propio peso, facendo v\u00edtimas, en todo este tipo de procesos, aos m\u00e1is d\u00e9biles.<br \/>\nResulta paradoxal que queiramos ser europeos e cada vez m\u00e1is desenvolvidos. No resto de Europa os mozos independ\u00edzanse con moitos menos anos, pero os de aqu\u00ed, como van a animarse ou sinxelamente poden sequera consideralo, dadas as duras condici\u00f3ns que os sistemas de alugueiro lles impo\u00f1en?<br \/>\nEn Madrid, en Barcelona, nas grandes cidades, pero cada vez m\u00e1is tam\u00e9n nas nosas urbes galegas, uha serie de estritos requisitos engorda m\u00e1is e m\u00e1is esganando as posibilidades dos m\u00e1is novos. Piden, xa, m\u00e1is dunha mensualidade por adiantado, di\u00f1eiro que en ning\u00fan caso \u00e9 recuperable porque por moito esmero que se po\u00f1a no coidado do apartamento, o tempo pasa igual para arrendador e arrendatario e resultar\u00e1 imposible que pareza m\u00e1is novo que o primeiro d\u00eda, sempre se atopar\u00e1 algo que alegar.<br \/>\nPero piden tam\u00e9n n\u00f3minas, ou parte do salario dun mes a fondo perdido, ou a cota dun mes en concepto de gastos de contrataci\u00f3n. E piden, por \u00faltimo e case no cen por cen dos casos, un aval bancario. Se\u00f1ores\/as: do que foxen precisamente os mozos\/as cando toman a valente decisi\u00f3n de constru\u00edr a s\u00faa propia autonom\u00eda, \u00e9 de ter que recorrer sempre a algu\u00e9n que os avale&#8221;<br \/>\nO texto \u00e9 de Yolanda Casta\u00f1o, de este mismo 2006, e \u00e9 un dos que se pode citar entre galego, castel\u00e1n e a\u00ednda idioma estranxeiro. Cada un diferente, e de maior ou menor interese ou diferentes ideas, pero na pr\u00e1ctica, todos interesantes e que suscitan a reflexi\u00f3n para algu\u00e9n que non te\u00f1a que examinarse con preguntas diversas sobre eles&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai xa m\u00e1is de 30 anos que unha persoa me informou da existencia dunha canci\u00f3n (que eu lembraba como &#8216;giovenezza&#8217; ou &#8216;giovanezza&#8217;, pero que \u00f3 ir a consultar \u00f3 dicionario resultou ser como o t\u00edtulo), cantada alomenos pola secci\u00f3n feminina da falanxe, e de orixe a Italia mussoliniana. Ven a conto o dato por ver [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-10595","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10595","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10595"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10595\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10595"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10595"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10595"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}