{"id":10584,"date":"2006-09-20T12:23:00","date_gmt":"2006-09-20T10:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:08:45","modified_gmt":"2024-11-12T15:08:45","slug":"o-ribadeo-que-queremos-do-antigo-blog","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/09\/20\/o-ribadeo-que-queremos-do-antigo-blog\/","title":{"rendered":"O Ribadeo que queremos (do antigo blog)"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/13_06_2005.html\">O Ribadeo que queremos\/<em>No English version<\/em><\/a><br \/>\nSe queres lograr algo neste mundo, o idealismo non \u00e9 abondo -necesitas escoller un m\u00e9todo que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser \u00abpragm\u00e1tico\u00bb(*)<br \/>\nO futuro, antes de vivilo, e se queremos ter alg\u00fan poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un repaso para contrastalo coa s\u00faa posibilidade. Logo a\u00ednda, traballar para estender a idea para poder levalo \u00e1 pr\u00e1ctica. Tendo en conta o anterior, parto con estas li\u00f1as para unha materializar unha proposta ambiciosa e concreta: tratar de afrontar un Ribadeo futuro mellor que o actual, intercambiando opini\u00f3ns con tempo antes que o futuro nos alcance.<br \/>\nEn certa forma, \u00e9 o que fan os partidos pol\u00edticos antes das elecci\u00f3ns coa proclamaci\u00f3n dun programa electoral, pero s\u00f3 en certa forma: os programas electorais est\u00e1n feitos en xeral de xeito r\u00e1pido e buscando non tanto a mellora do conxunto sen\u00f3n m\u00e1is ben facer anuncio dunha mellora de cara a contar con m\u00e1is votos, as\u00ed como dende unha \u00fanica visi\u00f3n e ideolox\u00eda, sen deixar entrar na discusi\u00f3n outras posibilidades.<br \/>\nCo anterior e a comparaci\u00f3n, creo que queda claro o que pretendo con este artigo m\u00e1is outros que lle seguir\u00e1n (meus, doutra xente ou mesmo facendo un ataque \u00e1 pretenciosidade, amplitude, ideas ou li\u00f1a seguida nos anteriores):<br \/>\n&#8211; Un estado de contrastaci\u00f3n de ideas e proxectos cara o futuro, que ilumine as decisi\u00f3ns a tomar sobre todos n\u00f3s, que faga imposible cousas como as variaci\u00f3ns repentinas de opini\u00f3n, como algunha tristemente perpetrada hai non tanto tempo, ou proxectos que se indicou que van crear unha morea de postos de traballo e crearon s\u00f3 unha diminuci\u00f3n de r\u00eda, ou o aumento do chamado &#8216;feismo&#8217; que se suma \u00f3 acogotamento na construci\u00f3n, ou &#8230; pon ti nos puntos suspensivos todas esas cousas que est\u00e1s a pensar.<br \/>\n&#8211; Un Ribadeo m\u00e1is informado que poda controlar o seu futuro, que se vexa m\u00e1is involucrado nel. Din que a informaci\u00f3n \u00e9 poder. Ao menos, da unha visi\u00f3n para tratar de influ\u00edr no poder. E de a\u00ed, \u00f3 ceo. Depende de todos os cidad\u00e1ns. Depende, por exemplo, que os pol\u00edticos queiran asociarse dalg\u00fan xeito a este movemento para levar avantaxe en recoller o contacto coa xente, simpatizar cos votantes posibles nas pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns ou para tratar de conducilo.<br \/>\n&#8211; Pero sobre todo, un pobo que pense no seu futuro. Pensar&#8230; pode que algu\u00e9n vexa como un perigo para alg\u00fans o que \u00e9 unha oportunidade para todos.<br \/>\nEn caso contrario, e como sucede moitas veces dun xeito ou doutro, remataremos dando paos de cego ou tendenciosos boa parte do tempo. Dun xeito ou doutro, a n\u00f3s mesmos.<br \/>\n(*) Collido de &#8220;Software libre para una sociedad libre&#8221;, editorial Traficantes de sue\u00f1os, 2004<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/13_06_2005.html\">Saturday, April 2, 2005<\/a> <a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/13_06_2005.html\">09:52 a.m.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Ribadeo que queremos\/No English version Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non \u00e9 abondo -necesitas escoller un m\u00e9todo que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser \u00abpragm\u00e1tico\u00bb(*) O futuro, antes de vivilo, e se queremos ter alg\u00fan poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,33,9],"class_list":["post-10584","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10584","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10584"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10584\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10584"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10584"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10584"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}