{"id":10569,"date":"2006-09-30T00:02:00","date_gmt":"2006-09-29T22:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:08:13","modified_gmt":"2024-11-12T15:08:13","slug":"fadesa-martinsa-pobre-xente-pobres-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/09\/30\/fadesa-martinsa-pobre-xente-pobres-de\/","title":{"rendered":"Fadesa, Martinsa, &#8230; pobre xente. Pobres de n\u00f3s"},"content":{"rendered":"<p>Vin unha serie de gr\u00e1ficos na prensa de onte. A nova, a compra dunha construtora galega por outra madrile\u00f1a. As cifras que se manexaban, mareantes para unha persoa de a p\u00e9. O fondo da nova, m\u00e1is ou menos &#8216;que se nos vai una empresa!&#8217;.<br \/>\nNo primeiro, Fadesa, a construtora que se dic\u00eda insignia de empresas galegas, xunto con Zara e Citro\u00ebn (si, aparece cantidade de veces como galega, si) implica que a construtora multiplicou por 4 o seu negocio entre 2001 e 2005. Crecemento r\u00e1pido. Estamos a falar de case 1000 mill\u00f3ns de \u20ac no 2005.<br \/>\nO segundo, o beneficio. No mesmo periodo, multiplicouse por &#8230; 9! Poder\u00eda indicar s\u00f3 unha boa xesti\u00f3n, ou unha mellor xesti\u00f3n co paso do tempo. Pero estamos a falar dunha construtora que no 2005 convert\u00eda o 20% dos ingresos en beneficios. \u00c9 dicir, parece ter algo que ver o aumento dos prezos da construci\u00f3n e dos solares que ten hipotecada a media Espa\u00f1a.<br \/>\nO terceiro e o cuarto significan que a empresa &#8216;galega&#8217; que \u00e9 adquirida por unha empresa madrile\u00f1a ten uns 20.000.000 de m<sup>2<\/sup> para constru\u00edr. Eso da algo as\u00ed como 200.000 edificios de 100 m<sup>2<\/sup> de planta, o que \u00e9 unha casa de dimensi\u00f3ns normais. \u00c9 certo que parte do terreo seguramente deber\u00e1 quedar para infraestructuras e servizos, pero p\u00f3nlle s\u00f3 a metade constru\u00eddo e catro plantas (ou 3 + baixo), eso implica 400.000 vivendas (ou 300.000 + 100.000 baixos), \u00e9 dicir, a 2 ou 3 persoas por vivenda, construci\u00f3n posible para unha poboaci\u00f3n como a de Vigo, A Coru\u00f1a e Santiago xuntas. Para ser unha empresa que comezou a actuar algo en grande nos 90, coido que \u00e9 unha carreira mete\u00f3rica. A min non me cadran as contas de como se pode facer eso, \u00f3 menos se deixamos \u00e1 beira a inflaci\u00f3n urban\u00edstica. Ben, deses m<sup>2<\/sup>, 1.000.000 corresponde a Galicia (15.000.000 a Espa\u00f1a)<br \/>\nOutro gr\u00e1fico m\u00e1is nos da unha cifra que indica o perfil de negocio, e que para unha empresa pequena non ter\u00eda nada de particualr, pero coas dimensi\u00f3ns de Fadesa parece marcar unha tendencia: as vivendas de segunda residencia constit\u00faen m\u00e1is de 1\/3 do negocio, e as protexidas, s\u00f3 1\/10. \u00e9 dicir, algo as\u00ed como que quen da o negocio \u00e9 quen ten cartos, algo que polo dem\u00e1is pode resultar obvio nun sistema sen compensaci\u00f3ns.<br \/>\nHai m\u00e1is gr\u00e1ficos, pero f\u00edxome s\u00f3 en dous a parte dos anteriores: nun, pon o capital social das empresas que adquiren esta &#8216;xoia do patrimonio galego&#8217;. Se a prensa non se engana, o capital social das d\u00faas \u00e9 1.200.000 \u20ac, mentras que van pagar pola metade da empresa 2.200.000.000 \u20ac. Significar\u00eda que manexan uns fondos de alomenos 2.000 veces o seu capital social. Eso f\u00e1nno os especuladores, que esperan beneficios r\u00e1pidos con poucos compromisos iniciais, ou os que queren sinxelamente invertir sen ter que po\u00f1er os cartos de veras se as cousas pintan mal. O outro gr\u00e1fico indica que  as d\u00faas empresas adquirintes te\u00f1en 15 empregados (a de 900.000 \u20ac de capital) e 1 empregado (si, en singular, a de 300.000 \u20ac) Poden xestionar unha empresa adquirida con m\u00e1is de 4000 empregados segundo o mesmo peri\u00f3dico, a parte dos seus propios negocios? Unha segunda pregunta: failles falta facelo?<br \/>\nReflexiono e vexo adem\u00e1is que en ningunha parte do peri\u00f3dico se fai eco dunha an\u00e1lise semellante \u00f3 que faigo. Non mo explico. Por contra, enc\u00e1rganse de ver se a s\u00e9 social (\u00e9 dicir, onde se pagan impostos) se vai a madrid ou se queda en A Coru\u00f1a. Certo, eso \u00e9 importante, cos beneficios da empresa&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vin unha serie de gr\u00e1ficos na prensa de onte. A nova, a compra dunha construtora galega por outra madrile\u00f1a. As cifras que se manexaban, mareantes para unha persoa de a p\u00e9. O fondo da nova, m\u00e1is ou menos &#8216;que se nos vai una empresa!&#8217;. No primeiro, Fadesa, a construtora que se dic\u00eda insignia de empresas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-10569","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10569","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10569"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10569\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10569"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10569"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10569"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}