{"id":10568,"date":"2006-09-30T14:00:00","date_gmt":"2006-09-30T12:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:08:12","modified_gmt":"2024-11-12T15:08:12","slug":"publicado-hoxe-na-comarca-do-eo-dous","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/09\/30\/publicado-hoxe-na-comarca-do-eo-dous\/","title":{"rendered":"Publicado hoxe na Comarca do Eo: Dous castros en Ribadeo? (2\u00aa de hoxe)"},"content":{"rendered":"<p>\u00c9 unha remodelaci\u00f3n dun post anterior, ampliado. De calquera xeito, a\u00ed vai.<\/p>\n<p><strong>Dous castros en Ribadeo?<\/strong><\/p>\n<p>O Castro das Grobas \u00e9 un emprazamento catalogado no Inventario da Direcci\u00f3n Xeral do Patrimonio Cultural, afectado polo &#8216;Cat\u00e1logo de Normas Complementarias e subsidiarias de planeamento&#8217; da Conseller\u00eda de Cultura, na que ten o c\u00f3digo de catalogaci\u00f3n GA27051007. Neste castro foi onde un agricultor descubriu a c\u00e9lebre &#8216;Diadema de Ribadeo&#8217;, que posteriormente ser\u00eda vendida en Madrid, segundo dixeron sucesores seus, por unha onza de ouro.<a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/1600\/gropas_pancha.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"O castro das Grobas en Ribadeo\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/320\/gropas_pancha.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Pois resulta que segundo as normativa vixente, toda obra que afecte a unha distancia menor de 200m a un castro castro, ten que levar un apartado de arqueolox\u00eda no estudo de impacto ambiental, e ser informada pola Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio Cultural. Ese \u00e9 o caso da <a href=\"http:\/\/usuarios.lycos.es\/agremon\/piscifactoria.html\">factor\u00eda de acuicultura<\/a> promovida en terreo de Ribadeo pola empresa &#8216;Insu\u00ed\u00f1a&#8217;, dependente de &#8216;Pescanova&#8217;, factor\u00eda da que hai pouco rematou a exposici\u00f3n p\u00fablica dun primeiro proxecto e que tam\u00e9n toca lateralmente \u00e1 zona LIC (Lugar de Interese Comunitario) de As catedrais. Exposici\u00f3n p\u00fablica si, en Celeiro, non en Ribadeo, onde est\u00e1 prevista. Polo que parece, ten un interese supracomunitario e polo tanto non ten por que estar exposta en Ribadeo a documentaci\u00f3n (a\u00ednda que poder\u00eda)<\/p>\n<p>Ben, o castro ten unhas dimensi\u00f3ns m\u00e1ximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo m\u00e1is de d\u00faas hect\u00e1reas e media, centrado en 43\u00ba33&#8217;22\u201dN, 7\u00ba2&#8217;53\u201dO, \u00e9 dicir, xusto \u00f3 sur, a car\u00f3n, da \u00ednsua de Vilasel\u00e1n. No cat\u00e1logo no que aparece referido, aparece o termo de &#8216;punta mari\u00f1a&#8217; como caracter\u00edstica do emprazamento, a punta que se achega a \u00ednsua. Hai que engadir que a insua vici\u00f1a ent\u00e9ndese que ten algo que ver co castro, pensando a\u00ednda na s\u00faa pertenza \u00f3 mesmo, pois te\u00f1en aparecido al\u00ed restos arqueol\u00f3xicos, como cer\u00e1micas. <\/p>\n<p>Na ficha de catalogaci\u00f3n aparece que cando se fixo a catalogaci\u00f3n non figuraban destrucci\u00f3ns nin alteraci\u00f3ns, as\u00ed como tampouco hab\u00eda nin eran consideradas necesarias medidas de protecci\u00f3n a parte das propias naturais, pois o estado era bo para seguir conserv\u00e1ndose as\u00ed. Os documentos de fichado incl\u00faen planos, semellantes \u00f3 adxunto, con tres fosos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10m, separados por parapetos.<\/p>\n<p>Na actualidade, o castro forma parte dunha mesma finca coido que comunal, creada a resultas da concentraci\u00f3n parcelaria, como se pode comprobar por internet coa utilidade SIGPAC.<\/p>\n<p>Fronte a un castro de verdade como o das Grobas, conservado ata o momento e que pode ter un futuro e contribu\u00edr \u00f3 futuro de todos n\u00f3s pola s\u00faa dinamizaci\u00f3n, durante a semana das festas decateime da construcci\u00f3n dun pseudo-castro no centro do pobo. Para evitar que \u00e1 xente lle pasara o que a min, procurei dar a nova, \u00f3 tempo que me lamentei de que se tentara recrear algo parello \u00f3 que de xeito aut\u00e9ntico, e cunha extensi\u00f3n moito maior, est\u00e1 sendo descoidado por completo.<\/p>\n<p>\u00d3 castro das Grobas non se lle deu moita importancia en panfletos, nin o van estudar e visitar os escolares ribadenses, pero quizais deberan: xa a finais do 1998 un arque\u00f3logo da Delegaci\u00f3n de Cultura en Lugo lle dirixiu un informe \u00f3 Delegado Provincial ante a criaci\u00f3n da masa com\u00fan que incl\u00fae o castro a resultas da concentraci\u00f3n parcelaria. Comeza dicindo adem\u00e1is que case todo o castro queda afectado pola zona de costa, o que ven sendo algo as\u00ed como unha doble protecci\u00f3n, e polo tanto, unha garant\u00eda. As medidas que se lle asignan difieren algo (non moito) das que expreso arriba, pero o importante \u00e9 que fala de que &#8216;As posibilidades de explotaci\u00f3n tur\u00edstica e cultural do xacemento son excepcionais&#8217; (a negri\u00f1a \u00e9 mi\u00f1a). Apl\u00edcalle ese calificativo a) por estar encadrado nunha masa com\u00fan, o que facilitar\u00eda as acci\u00f3ns da s\u00faa posta en valor, b) pola existencia da franxa de protecci\u00f3n de costa, que debera garantir a conservaci\u00f3n do contorno, c) pola facilidade de comezo de posta en valor s\u00f3 coa limpeza do enclave, d) polo valor engadido da paisaxe onde est\u00e1 inscrita, e) pola facilidade cara \u00e1 s\u00faa explotaci\u00f3n que representa a proximidade \u00f3 pobo de Ribadeo, coas posibilidades de sinerxias que eso representa, f) pola posibilidade que o xacemento esconda mostras arquitect\u00f3nicas e informaci\u00f3n cient\u00edfica, e g) pola facilidade previa da existencia dun levantamento topogr\u00e1fico anterior debido \u00e1 concentraci\u00f3n parcelaria.<a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/1600\/grobas2.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"O Castro das Grobas en Ribadeo. Situaci\u00f3n na foto\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/320\/grobas2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>En fin, que cando hai alg\u00fan tempo se me ocorrera facer unha pequena nota sobre o castro e as s\u00faas posibilidades non sab\u00eda que o traballo xa estaba feito dende hai oito anos, inclu\u00edndo algo que aparece claro na carta: a proposici\u00f3n \u00f3 Concello da s\u00faa recuperaci\u00f3n. Esto \u00faltimo, a\u00ednda que expreso no texto, non sei se se chegou a facer ou non.<\/p>\n<p>Coido que se debe insistir na promoci\u00f3n tur\u00edstica e cultural do castro, que entendo abondo m\u00e1is rendible que o dese\u00f1o ad hoc de algo parello a un castro, pero de mentira. Lembro adem\u00e1is que hai poucos d\u00edas o catedr\u00e1tico de xeolox\u00eda da USC Augusto P\u00e9rez Alberti tra\u00eda unha pequena recua a estudar a zona de costa ribadense e falaba da potenciaci\u00f3n necesaria da xeolox\u00eda na zona, tam\u00e9n dende un aspecto tur\u00edstico. Xeolox\u00eda que est\u00e1 fror de rocha tam\u00e9n na zona do mesmo castro, zona na que a piscifactor\u00eda de Insu\u00ed\u00f1a prev\u00e9 rebaixar o terreo uns 15m. <\/p>\n<p>Repito que te\u00f1o a idea, pero que xa a tivo un arque\u00f3logo, un tal G. Meijide, hai perto de 3000 d\u00edas. E polo que parece caeu en saco roto.<\/p>\n<p>Unha \u00faltima cousa. Como a zona non est\u00e1 desenvolta de xeito tur\u00edstico, t\u00e9nme preguntado xa algunha xente onde \u00e9 o castro das Grobas. Por se non quedou claro no plano e na imaxe do sigpac, queda pegado \u00e1 insua. Se se quere ir a esa zona dende a pista costeira asfaltada, coller o cami\u00f1o cara \u00f3 mar no punto m\u00e1is alto da pista, por tras das casas de Vilasel\u00e1n. Hai unha bifurcaci\u00f3n, e collendo \u00e1 esquerda \u00f3 pouco estaremos metidos un b\u00f3 cacho entre d\u00faas zonas m\u00e1is elevadas, que fan como paredes do carreiro: son muros exteriores do castro, trazados en xeito circular, que o limitan cara \u00e1 terra, como aparece no plano.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 unha remodelaci\u00f3n dun post anterior, ampliado. De calquera xeito, a\u00ed vai. Dous castros en Ribadeo? O Castro das Grobas \u00e9 un emprazamento catalogado no Inventario da Direcci\u00f3n Xeral do Patrimonio Cultural, afectado polo &#8216;Cat\u00e1logo de Normas Complementarias e subsidiarias de planeamento&#8217; da Conseller\u00eda de Cultura, na que ten o c\u00f3digo de catalogaci\u00f3n GA27051007. Neste [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,10,11,26],"class_list":["post-10568","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-cultura","tag-historia","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10568","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10568"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10568\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10568"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10568"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10568"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}