{"id":10557,"date":"2006-10-07T11:28:00","date_gmt":"2006-10-07T09:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:07:47","modified_gmt":"2024-11-12T15:07:47","slug":"un-foro-de-debate-sobre-os-recursos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/10\/07\/un-foro-de-debate-sobre-os-recursos\/","title":{"rendered":"Un foro de debate sobre os recursos naturais de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Ch\u00e1mame a atenci\u00f3n a presentaci\u00f3n das xornadas de medio ambiente. As de patrimonio contribu\u00edron a alimentar o lume da protesta polo urbanismo, estando planteadas sobre o tema dun urbanismo sustentabel. Estas, sobre o desenvolvemento sostible en relaci\u00f3n coa defensa dos recuros naturais de Ribadeo, poden ter un curso semellante, pois \u00f3 paso que os est\u00e1 a coidar o Concello, parece raro que a\u00ednda existan moitos, pero \u00e9 que hab\u00eda moit\u00edsimos. De calquera xeito, estas xornadas coido que non levantar\u00e1n tanta polvareda como as de patrimonio, polo mero feito de que collen como &#8216;subt\u00edtulo&#8217; (non real, sen\u00f3n expresado polo alcalde) un tema local, e xa sabemos todos as dificultades de organizaci\u00f3n en temas locales polos clientelismos de diferentes tipos de intereses que se dan en Ribadeo, e \u00f3 ser organizadas nesta \u00e9poca e non no ver\u00e1n tam\u00e9n ter\u00e1n menos audiencia e repercusi\u00f3n nas conversas diarias. Pero non ser\u00e1 causa da menor polvareda o que a actuaci\u00f3n do concello sexa coherente na maior\u00eda dos casos e te\u00f1a como lema o que preconiza para as xornadas.<br \/>\nFalando de xeito m\u00e1is amplio, o desenvolvemento sustent\u00e1bel non \u00e9 doado de acadar coa mentalidade actual, basada no concepto de rendemento e na que se entende que o desenvolvemento implica un incremento de aproveitamento. Pero \u00e9 sabido que todo aproveitamento incide nunha interacci\u00f3n, e a maior aproveitamento, maior interacci\u00f3n, co que hai que chegar necesariamente a un compromiso no que se crucen aproveitamento e supervivencia do medio. Compromiso que pola propia mentalidade que implica o &#8216;desenvolvemento&#8217;, ser\u00e1 sempre precario, presionando pra correlo un pouco m\u00e1is al\u00f3 a costa do medio. Boto en falta cando se fala de este tema o establecemento previo do compromiso, que se soe establecer en cambio despois de establecer \u00e1 s\u00faa volta uns obxectivos de rendemento, os que, tam\u00e9n eles, tenden a maximizarse. \u00c9 dicir, en xeral, \u00f3 falar de desenvolvemento sostibel est\u00e1se a primar uns intereses de rendemento a costa do medio. Eso si, t\u00e9ndoo en conta en relaci\u00f3n a que a xente non se queixe m\u00e1is al\u00f3 dun l\u00edmite, o que se trata de trata de rebaixar a traverso do que se chama &#8216;enxe\u00f1ar\u00eda social&#8217;. \u00c9 dicir, o compromiso deses proxectos de &#8216;desenvolvemento sostible&#8217; co medio dependen da xente que poda defender o medio. E \u00e9 que, a pesar das verbas, avanzamos lentamente na defensa dos nosos propios intereses com\u00fans, e a nada que nos descoidemos, o que facemos \u00e9 retroceder.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ch\u00e1mame a atenci\u00f3n a presentaci\u00f3n das xornadas de medio ambiente. As de patrimonio contribu\u00edron a alimentar o lume da protesta polo urbanismo, estando planteadas sobre o tema dun urbanismo sustentabel. Estas, sobre o desenvolvemento sostible en relaci\u00f3n coa defensa dos recuros naturais de Ribadeo, poden ter un curso semellante, pois \u00f3 paso que os est\u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-10557","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10557","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10557"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10557\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10557"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10557"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10557"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}