{"id":10553,"date":"2006-10-10T07:39:00","date_gmt":"2006-10-10T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:07:41","modified_gmt":"2024-11-12T15:07:41","slug":"pubeiros-baristas-e-anna-politkovskaya","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/10\/10\/pubeiros-baristas-e-anna-politkovskaya\/","title":{"rendered":"Pubeiros, baristas e Anna Politkovskaya"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/1600\/baristas.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/320\/baristas.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHai un tempo, introduc\u00edn no meu vocabulario un neoloxismo (coido que o\u00ednllo a un amigo e non foi invenci\u00f3n mi\u00f1a), &#8216;pubeiro&#8217;, para designar \u00e1 xente relacionada como propietario ou traballador dun local de hosteler\u00eda nouturna. M\u00e1is adiante, abondo m\u00e1is, atopeime co saqui\u00f1o de azucre que aparece na imaxe e pregunteime e preguntei que ser\u00eda barista. Non mo souberon dicir, ata que dunha procura por internet saquei a conclusi\u00f3n que era o equivalente a pubeiro, pero para os bares. \u00c9 dicir, outro neoloxismo \u00fatil, que encadrei nun reclamo nunha servilleta do CCA para preguntarme se non haber\u00e1 no pr\u00f3ximo futuro unha verba por exemplo para designar \u00e1 xente encadrada no Centro Comercial Aberto (atenci\u00f3n, non sirve &#8216;comerciantes&#8217; ou &#8216;industriais&#8217; porque non agrupa a todos, e adem\u00e1is, agrupa a ambas clases); poidera ser &#8216;comercialistas&#8217;, pero non ten gancho abondo, par\u00e9ceme.<br \/>\nTam\u00e9n poder\u00eda parecer unha verba chamativa o apelido de Anna Politkovskaya, &#8216;Ana a Pol\u00edtica&#8217;, pero parece que non \u00e9 as\u00ed. Que non era pol\u00edtica, sen\u00f3n periodista, e precisamente adic\u00e1base a investigar contra os desmanes que a pol\u00ectica fac\u00eda no seu pa\u00eds, Rusia. Que se adicaba, porque a s\u00faa falta de pol\u00edtica (da pol\u00edtica mal entendida ou desentendida que se practica moito hoxe) fixo que fora amezada de morte e que cumpriran a ameaza. Caeu asasinada. Quizais poda dicirse dela que como os soldados, &#8216;caeu coas botas postas&#8217;, con valent\u00eda, cando preparaba outro traballo de denuncia das tropel\u00edas. Sen xente como ela, a democraci\u00e1 qued\u00e1base m\u00e1is cedo que tarde en nada, en pantalla; si, m\u00e1is do que xa est\u00e1, e m\u00e1is r\u00e1pido. A pesares do seu nome, coido que tam\u00e9n a ela lle far\u00eda falla que invent\u00e1ramos unha verba que xuntara o que representa &#8216;valent\u00eda&#8217;, &#8216;procura da verdade&#8217; e tam\u00e9n &#8216;idea de xustiza&#8217;.<br \/>\nA que corresponder\u00eda no caso de Anna, &#8216;pol\u00edtica&#8217;, xa est\u00e1 ocupada por un significado en devaluaci\u00f3n cont\u00ednua, por desgraza, tam\u00e9n en contra da democracia. \u00d3 mellor \u00e9 unha verba, esta de &#8216;pol\u00edtica&#8217; que necesita como os vellos mobles unha restauraci\u00f3n para que cobre vigor. \u00c9 cousa de pensalo. Pode que compense po\u00f1erse mans \u00e1 obra.<br \/>\n&#8211;<br \/>\nHai un ano e un d\u00eda, lembraba os comezos da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/10\/galipedia-en-la-voz-de-galicia.html\">&#8216;Galipedia&#8217;, a enciclopedia en galego, na rede, libre, cooperativa, que segue a medrar<\/a>. E tam\u00e9n completaba o d\u00eda con outra entrada, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/10\/visins-de-ribadeo.html\">&#8216;Visi\u00f3ns de Ribadeo&#8217;<\/a>, visi\u00f3ns a contrastar entre todos m\u00e1is que a contrapo\u00f1er.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai un tempo, introduc\u00edn no meu vocabulario un neoloxismo (coido que o\u00ednllo a un amigo e non foi invenci\u00f3n mi\u00f1a), &#8216;pubeiro&#8217;, para designar \u00e1 xente relacionada como propietario ou traballador dun local de hosteler\u00eda nouturna. M\u00e1is adiante, abondo m\u00e1is, atopeime co saqui\u00f1o de azucre que aparece na imaxe e pregunteime e preguntei que ser\u00eda barista. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-10553","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10553"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10553\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}