{"id":10532,"date":"2006-10-27T08:07:00","date_gmt":"2006-10-27T06:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:06:56","modified_gmt":"2024-11-12T15:06:56","slug":"falando-de-atenas-acrpole-e-sa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/10\/27\/falando-de-atenas-acrpole-e-sa\/","title":{"rendered":"Falando de Atenas (a Acr\u00f3pole e a s\u00faa circunstancia)"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/1600\/Atenas.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger2\/4141\/1870\/320\/Atenas.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nCada vila garda as s\u00faas sorpresas, que non son sempre as mesmas e non afectan a todos por igual. Que se pode esperar dunha vila onde o nome do porto \u00e9 Periaeus en troques de peirao, pero na que Teoria \u00e9 algo m\u00e1is que a expresi\u00f3n dun concepto, algo tan real como unha r\u00faa en ascenso \u00e1 cidadela, e na que Sintagma \u00e9 algo m\u00e1is doado de lembrar que o que aquelo relacionado coa lingua que se estuda no ensino medio, algo tan cotidiano como unha praza das principais? Pode que en moitas cidades gregas se poda argumentar de igual xeito, pero \u00e9 en Atenas onde cobra a s\u00faa m\u00e1xima expresi\u00f3n.<br \/>\n\u00c9 unha cidade con protuberancias rochosas, escarpadas, no medio da chaira. En pouco espazo pode pasarse dos 60-80m de altura dominante \u00f3s 156 que marca a Acr\u00f3pole, \u00f3s menores 114 do alto do Are\u00f3pago ou \u00f3s m\u00e1is de 200 de algunha outra rocha menos co\u00f1ecida. Unha cidade que rodea alturas nun lugar que se sup\u00f3n debe ter sido relativamente f\u00e9rtil e no que hoxe hai un mar de edificios que se perde na bruma.<br \/>\nUnha cidade chea de met\u00e1foras, dominada na antig\u00fcidade pola Acr\u00f3pole que hoxe domina parte da econom\u00eda, a traverso do turismo, tras perder o dominio xeogr\u00e1fico no crecemento de moitas zonas cidad\u00e1s. Unha cidadela que ten fama polos seus edificios, pero que impresiona pola s\u00faa muralla, alta e maxestuosa cinguindo por riba unha rocha xa alta de por si. Cidadela en obras, pode que por eso de que as ru\u00ednas te\u00f1en que parecelo e non s\u00f3 selo. E m\u00e1is met\u00e1foras: \u00f3s p\u00e9s da Acr\u00f3pole, baixo o seu dominio, o \u00e1gora, a praza p\u00fablica de discusi\u00f3n dos asuntos cidad\u00e1ns, que segundo como se mire pode ser vista como ruinas ou como algo conservado como curiosidade, pero sen uso efectivo da democracia da que foi s\u00edmbolo no seu tempo.<br \/>\nA colina m\u00e1is perto da Acr\u00f3pole \u00e9 o Are\u00f3pago. Nese lugar, \u00f3 que parece que lle ven o nome do deus da guerra (algo as\u00ed como &#8216;lugar de Areios&#8217;) era un lugar onde se dictaba xustiza para casos de morte violenta. Novamente, f\u00f3ra do \u00e1gora, pero simb\u00f3licamente tam\u00e9n f\u00f3ra da cidadela. Polo dem\u00e1is, un lugar pr\u00e1ctico no que se pod\u00eda despe\u00f1ar \u00e1 xente con dar uns poucos pasos. Nembargantes, xa non pola s\u00faa falta de importancia constructiva, sen\u00f3n pola s\u00faa menor altura, non lle fai m\u00e1is que un parche pegado \u00f3 centro capital (que non deixa de estar preto do centro da capital)<br \/>\nDun xeito semellante que poder\u00eda dicirse que hai castros en Viladonga ou Coa\u00f1a, pero o das Grobas \u00e9 diferente (sen m\u00e1is, a\u00ed est\u00e1 o mar para marcar algunha diferencia) hai pedras en Pompeia, podendo apreciar m\u00e1is \u00e1 vista e mellor conservadas, ou en Roma, pero as de Atenas son diferentes, e non s\u00f3 por ser algo m\u00e1is antigas. En particular, s\u00f3no polo que se poder\u00eda chamar a s\u00faa maxestuosidade democr\u00e1tica, s\u00f3 compartida en parte por outros lugares: dif\u00edcil de interpretar, pero coido que non ven mal neste caso a conxunci\u00f3n das d\u00faas verbas.<br \/>\nNon sei c\u00f3mo fixeron para constru\u00edr os monumentos, pero si o que pasou para que moitos deles foran logo destru\u00eddos. Non foi tanto por non saber conservalos, como o\u00edn a algu\u00e9n estes d\u00edas, sen\u00f3n por non poder facelo, invasi\u00f3n tras invasi\u00f3n, dependencia tras dependencia e expolio tras expolio, a\u00ednda que parece que neso se levou a palma a rubia Albi\u00f3n, para algo est\u00e1 o Museo Brit\u00e1nico de testemu\u00f1a.<br \/>\nAtenas \u00e9 xeom\u00e9trica, no sentido de trazado e no de proporci\u00f3ns, se ben neste \u00faltimo os seus tres mill\u00f3ns de habitantes estragaron o feito no seu momento. O clima \u00e9 agradable e da lugar a que a xente se mova dun xeito mediterr\u00e1neo, sen chegar a impuntualidade cr\u00f3nica pero tampouco en xeral suxeitos a unha f\u00e9rrea disciplina do reloxio. Non sei por que, o anterior l\u00e9mbrame a Atenas de Pericles: esforzo, xentes vixilantes coa garda alta porque non eran tempos sinxelos, e tam\u00e9n cultura. Unha democracia dos privilexiados con tintes totalitarios na que o sustento era frugal, non daba para m\u00e1is a alimentaci\u00f3n dunha poboaci\u00f3n que era abonda para que nela poidera haber unha confrontacion de ideas entre o grupo de xente libre, que compart\u00eda o poder.<br \/>\nPaneles solares te\u0155micos para auga quente por toda a cidade contrastan menos coa Acr\u00f3pole que o tren pasando \u00f3 p\u00e9 do caf\u00e9 na r\u00faa Adrianou, modificando a impresi\u00f3n da maxestuosa cidade defensiva. Algo semellante \u00f3 que pasa co toque \u00fanico dunha camp\u00e1 concreta sonando forte cada media hora cando se est\u00e1 no mundo dos pensamentos baixo o influxo da cidadela, entre ruinas e xente nas terrazas dos caf\u00e9s. Caf\u00e9 cargado, estilo grego.<br \/>\nA Acr\u00f3pole, mediatizada polos ferros das obras, acumula intervenci\u00f3ns humanas en \u00e9pocas diversas, m\u00e1is pasa o mesmo que co contraste das estructuras met\u00e1licas coas vellas pedras: golpea de cerca pero perdoa de lonxe. Tam\u00e9n en certa forma golpea o contraste dos gregos cos turistas nas mesmas r\u00faas nas que un m\u00fasico italiano cr\u00fazase cun vendedor ambulante africano ou un tam\u00e9n vendedor ambulante pero con m\u00e1is medios, de orixe asi\u00e1tica: como non? a globalizaci\u00f3n chegou tam\u00e9n a Atenas, hoxe colonizada cultural ou socialmente despois de facer posible que a cultura que enxendrou a recibira todo o mundo, e que pasara algo parello coa sociedade que herdou as s\u00faas caracter\u00edsticas.<br \/>\nParodiando a Ortega naquelo de &#8216;eu son eu e a mi\u00f1a circunstancia&#8217;, Atenas non \u00e9 a Acr\u00f3pole, mais a circunstancia na que pasa o tempo esa referencia a nivel mundial. Perto dela, deb\u00faxase no ceo craro ou sobre o fondo da noite, o mesmo que as cari\u00e1tides como canon repetido: sempre iguais e sempre diversas na s\u00faa vista. \u00d3 anoitecer, comezan as luces sinalando o que hai dentro, evitando os muros que fan o illamento, o seu levantamento sobre o nivel da vida do pobo \u00f3s seus p\u00e9s&#8230; e na distancia, unha beleza diferente que na proximidade, na que \u00e9 absorbida, empequenecida pola s\u00faa propia grandeza. De pronto, ac\u00e9ndense as luces que iluminan muralla e rochas sobre as que se basa. Unha cor m\u00e1is crara engade un novo contraste. E a imaxe, doutra volta, cambia.<br \/>\nA bandeira na Acr\u00f3pole, nunha beira. Orgullo ou prexu\u00edzo? Cara \u00f3 pasado, \u00f3 presente ou tendo en consideraci\u00f3n o futuro? Unha bandeira nunha plataforma que ten algo de barco fantasma, espellismo que navega nun mar que non \u00e9 o seu, nunha cidade que leva miles de anos evolucionado dun xeito que non o pode facer o monumento.<br \/>\nP\u00f3\u00f1ome a ler nunha cafeter\u00eda \u00e1 vista da Acr\u00f3pole e no libro comezo un cap\u00edtulo. O seu t\u00edtulo: \u201cTeor\u00edas\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cada vila garda as s\u00faas sorpresas, que non son sempre as mesmas e non afectan a todos por igual. Que se pode esperar dunha vila onde o nome do porto \u00e9 Periaeus en troques de peirao, pero na que Teoria \u00e9 algo m\u00e1is que a expresi\u00f3n dun concepto, algo tan real como unha r\u00faa en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-10532","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10532","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10532"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10532\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10532"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10532"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10532"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}