{"id":10531,"date":"2006-10-30T12:25:00","date_gmt":"2006-10-30T11:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:06:55","modified_gmt":"2024-11-12T15:06:55","slug":"atenas-nodo-e-ctodo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/10\/30\/atenas-nodo-e-ctodo\/","title":{"rendered":"Atenas: \u00e1nodo e c\u00e1todo."},"content":{"rendered":"<p>A cidade de Atenas \u00e9 visible dende moitos puntos, e dende moitos punto de vista, de xeito que as consideraci\u00f3n a facer sobre ela poden variar como do d\u00eda a noite segundo como e de \u00f3nde se enfoquen. En barrios m\u00e1is populares e menos tur\u00edsticos ou sinxelamente centrais ou comerciais, at\u00f3pase un ambiente tan anodino como en outra grande cidade calquera, ou mesmo nalg\u00fans pobos ou partes deles: ese ambiente que, mirado dende f\u00f3ra, rex\u00e9itase para procurar m\u00e1is vitalidade, m\u00e1is sa\u00fade ou m\u00e1is beleza no entorno, por po\u00f1er tres posibles desexos de mellora ambiental en relaci\u00f3n \u00e1 sociedade humana que habita a zona.<br \/>\nNon \u00e9 doado ter intenci\u00f3n de ir \u00e1 procura doutra cidade diferente, pero \u00e9 doado atopala. En Atenas, tam\u00e9n. Tam\u00e9n hai barrios con r\u00faas abondo estreitas para as edificaic\u00f3ns que soporta, tam\u00e9n hai un problema cr\u00f3nico de aparcamento que fai que coches e motos inunde as beirar\u00faas onde non est\u00e1n protexidas, &#8230; De calquera xeito, parece que ten menos porblema de tr\u00e1ficoq eu outras cidades: As motos, moitas motos, producen ru\u00eddo, m\u00e1is que os coches, e un certo caos circulatorio (entend\u00e1monos, caos para un su\u00edzo, non para un napolitano) a cambio de permitir unha circulaci\u00f3n m\u00e1is flu\u00edda. O cruce das avenidas principais pode resultar chocante \u00f3 ter que cruzar sempre en partes, porque os sem\u00e1foros non permiten facelo dunha soa tirada, pero parece que o sistema non funciona mal e por aqu\u00ed tam\u00e9n hai sistios onde ocorre algo parello.<br \/>\nA contaminaci\u00f3n de Atenas \u00e9, se non lexendaria como as s\u00faas pedras, ben co\u00f1ecida, e de feito ten que ver co non divisar o horizonte dende un punto alto. Pero o certo \u00e9 que tampouco impresiona o feito de que se falara hai uns anos dela como unha das cidades m\u00e1is contaminadas. Pode que te\u00f1a algo que ver no tema a municipalidade, que te\u00f1o entendido que aumentou a limpeza dun xeito dr\u00e1stico, e certamente, non parece unha cidade con moito lixo esparramado por a\u00ed. Quen manda na cidade? Nin idea de se son esquerda, dereita ou centro, ultras ou moderados. &#8216;Polas s\u00faas obras os co\u00f1eceredes&#8217;, non polas s\u00faas etiquetas.<br \/>\n\u00d3 p\u00e9 do Are\u00f3pago descubr\u00edn que \u00e1nodos \u00e9 subida e imaxinei que c\u00e1todos era baixada, o que comprobei despois. O significado deso que os nosos estudantes te\u00f1en que asimilar como positivo ou negativo nunha bater\u00eda estaba a\u00ed, agochado entre as pedras gregas, igual que outros moitos significados. Pero o caso \u00e9 que era iso: unha escaleira de subida, escavada en pedra, e unha de baixada, met\u00e1lica. \u00c9 dicir, dende outro punto de vista, o que \u00e9 unha curiosidade como soluci\u00f3n (a escavaci\u00f3n na pedra xunto co metal pr\u00f3ximo) pode converterse nunha chapuza (algo hist\u00f3rico xunto a outra cousa engadida que non pega nin por estilo nin por material).<br \/>\nEn fin, unha cidade para sentir, non s\u00f3 para ver. Como todas. Pero diferente.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nSigo con problemas de acceso \u00e1 rede&#8230; espero de calquera xeito non faltar ning\u00fan d\u00eda nunha tempada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cidade de Atenas \u00e9 visible dende moitos puntos, e dende moitos punto de vista, de xeito que as consideraci\u00f3n a facer sobre ela poden variar como do d\u00eda a noite segundo como e de \u00f3nde se enfoquen. En barrios m\u00e1is populares e menos tur\u00edsticos ou sinxelamente centrais ou comerciais, at\u00f3pase un ambiente tan anodino [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-10531","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10531","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10531"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10531\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10531"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10531"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10531"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}