{"id":10529,"date":"2006-11-01T11:39:00","date_gmt":"2006-11-01T10:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:06:52","modified_gmt":"2024-11-12T15:06:52","slug":"ribadeo-da-de-defuntos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/11\/01\/ribadeo-da-de-defuntos\/","title":{"rendered":"Ribadeo, d\u00eda de defuntos"},"content":{"rendered":"<p>Ontes o mercado estaba cheo de frores. Hoxe, mercores, non hai mercado. \u00c9 d\u00eda de defuntos.<br \/>\n\u00c9 curiosa a parafernalia do d\u00eda. Coido que a celebraci\u00f3n de defuntos ven de moi antigo, con base na lembranza dos seres queridos que xa non est\u00e1n, convertida en consideraci\u00f3n relixiosa. Na actualidade, o cemiterio est\u00e1 tam\u00e9n concorrido o d\u00eda anterior, pois hai o \u00edmpetu de propaganda de locer as tumbas dos seres queridos antes de que ve\u00f1a a avalancha do mesmo d\u00eda da celebraci\u00f3n. En xeral, a xente que vai o d\u00eda anterior vai para traballo, de preparaci\u00f3n, e o mesmo d\u00eda, m\u00e1is de festa, de celebraci\u00f3n ou mellor, de conmemoraci\u00f3n. Hai xente que non vai en todo o ano lembrar ou adornar, e vai ese d\u00eda como unha obriga. Outra xente procura fuxir do cemiterio precisamente porque hai demasiada xente e perde a intimidade cos seres queridos, ou a\u00ednda porque, como ocorre en moitas procesi\u00f3ns \/ promoci\u00f3ns, considera que hai xente que vai locer a s\u00faa figura ou vestimenta, e non comulga con esas rodas de mu\u00ed\u00f1o&#8230;<br \/>\nAs frores adornas en grandes cantidades, de xeito que o mercado tam\u00e9n se aproveita coa suba de prezos no entrono do d\u00eda e a competici\u00f3n que se establece no adorno. Outra vertente do d\u00eda \u00e9 para m\u00e1is de un o comentario de c\u00f3mo se atopa ou o bonita que quedou esta ou aquela tumba&#8230; Non sei por que v\u00e9nme \u00e1 mente unha historia dun libro de Dominique Lapierre sobre a India, &#8216;La ciudad de la alegr\u00eda&#8217;, na que un pai aut\u00e9nticamente deslom\u00e1base e ca\u00eda enfermo, morrendo e tendo apalabrada a venda dos seus \u00f3sos, todo dentro dun plan para poder ter cartos abondo para casar coas parafernalias pertinentes \u00e1 s\u00faa filla, \u00e1 filla duns desherdados. Aqu\u00ed, alomenos no que se trasloce, non hai quen chegue a tanto, pero a competici\u00f3n estable\u0107ese.<br \/>\nPara min, as celebraci\u00f3ns c\u00edclicas te\u00f1en o sentido da lembranza, pero riscan de converterse en ceremonia, en propaganda, a partir ade algo que implica sentemento, sentir para lembrar. \u00c1s veces pode ocorrer o contrario, lembrar para sentir, e isa coido que \u00e9 a base da repetici\u00f3n ceremonial, pero o feito da interferencia con outros sentires, conveniencias, intereses, etc, fan que as celebraci\u00f3ns repetidas tendan a perder o seu sentido, a\u00ednda que se siga a compartir \/ sentir a causa pola que se establece a celebraci\u00f3n.<br \/>\nEn fin, un tanto tr\u00e1xica a entrada de hoxe&#8230; haber\u00e1 que facer outra apra outras cousas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ontes o mercado estaba cheo de frores. Hoxe, mercores, non hai mercado. \u00c9 d\u00eda de defuntos. \u00c9 curiosa a parafernalia do d\u00eda. Coido que a celebraci\u00f3n de defuntos ven de moi antigo, con base na lembranza dos seres queridos que xa non est\u00e1n, convertida en consideraci\u00f3n relixiosa. Na actualidade, o cemiterio est\u00e1 tam\u00e9n concorrido o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-10529","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10529","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10529"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10529\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10529"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10529"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10529"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}