{"id":10503,"date":"2006-11-13T22:47:00","date_gmt":"2006-11-13T21:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:05:57","modified_gmt":"2024-11-12T15:05:57","slug":"retazos-dun-pleno-no-concello-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/11\/13\/retazos-dun-pleno-no-concello-de\/","title":{"rendered":"Retazos dun pleno no Concello de Ribadeo (2\u00aa de hoxe)"},"content":{"rendered":"<p>O normal \u00e9 que os plenos sempre den para moito. Este de hoxe, luns a\u00ednda, non foi menos. Falouse de subas de taxas e de expropiaci\u00f3n de terreos para facer un paseo mar\u00edtimo e recuperaci\u00f3n dunha acea e un mu\u00ed\u00f1o de regato en Zona de especial Protecc\u00f3n de Aves (supo\u00f1o que m\u00e1is adiante no tempo falaremos algo do tema). Pero o que deu m\u00e1is de si esta volta foron as preguntas do apartado de rogos e preguntas. A prosa do alcalde deu para moito cubrindo unha falta de datos que en retospectiva aprece alarmante. E que deu lugar para que a oposici\u00f3n o acusara de xeito repetido de que o papel de contestaci\u00f3n estaba confeccionado por un asesor do alcalde. Quen? Parece que a oposici\u00f3n o ti\u00f1a moi craro, e se \u00e9 certo, algo tan longo como foi, falando sen dicir nada (ou moi pouco), en galego, co estilo que ti\u00f1a, coido que non o fan moitos asesores do alcalde.<br \/>\nAlg\u00fans puntos entre a mara\u00f1a duns 70 minutos que se deu son:<br \/>\nA urbanizaci\u00f3n do alcalde (ent\u00e9ndase, na que est\u00e1 a vivir) est\u00e1 con luz de obra.<br \/>\nO concello s\u00f3 puxo 1800\u20ac dos m\u00e1is de 20000\u20ac que costou o festival de m\u00fasica cl\u00e1sica do ver\u00e1n. O 85% p\u00faxoo unha caixa de aforros.<br \/>\nHai un retraso de 3 anos na remisi\u00f3n de docmentaci\u00f3n sobre a xesti\u00f3n do punto inerte \u00f3 concello, que lla pediu \u00e1 empresa hai vinte d\u00edas e que espera tela para o pr\u00f3ximo pleno (a pregunta pola dita docuemtnaci\u00f3n estaba feita a comezos de setembro)<br \/>\nCita, coido que literal, dunhas verbas do alcalde:&#8221;Aqu\u00ed todos, inclu\u00eddo el PP, tienen a su disposici\u00f3n toda la documentaci\u00f3n que quieran&#8221;. Neste punto, lembrei que entre outras, ese mesmo alcalde non me facilita informaci\u00f3n pedida xa por cuarta volta (sempre a petici\u00f3n da mesma documentaci\u00f3n, \u00f3 longo de 9 meses)<br \/>\nEn canto \u00e1 contestaci\u00f3n das preguntas do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/11\/nota-de-prensa-da-asociacin-de-vecios.html\">Tes\u00f3n<\/a>,<br \/>\npouco que dicir: \u00f3 non poder responder a asociaci\u00f3n &#8216;in situ&#8217;, a resposta do alcalde pode ser moi vaga. Comezar dicindo que substituiu un &#8216;por ausencia&#8217; da sinatura por &#8216;por autorizaci\u00f3n&#8217;, confundindo a ausencia do presidente da asociaci\u00f3n (e sinatura mi\u00f1a por dito motivo) con a concesi\u00f3n de autorizaci\u00f3n (que non fac\u00eda falta por ser as preguntas acordo da directiva de O Tes\u00f3n). En relaci\u00f3n \u00e1 primeira pregunta, o edificio para derribo est\u00e1 en tr\u00e1mite (un ano despois) de entrada para facer o plan de derribo. O segundo, entendo que est\u00e1 aprado (non \u00e9 o que me di xente que est\u00e1 a ver a cousa), o terceiro, do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/06\/ribadeo-novas-e-obras.html\">muro<\/a>, que non sabe cal \u00e9 (cando foi el mesmo o que daba a nova no peri\u00f3dico pola que me enterei eu do tema), e do resto, que cumpre non sei cantas leis e normas que citou (sen dar ning\u00fan dato).<br \/>\nEn canto \u00f3 tema da piscifactor\u00eda, todo competencia da Xunta, excepto a licencia de obra, que corresponde \u00f3 concello&#8230; unha contestaci\u00f3n completa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O normal \u00e9 que os plenos sempre den para moito. Este de hoxe, luns a\u00ednda, non foi menos. Falouse de subas de taxas e de expropiaci\u00f3n de terreos para facer un paseo mar\u00edtimo e recuperaci\u00f3n dunha acea e un mu\u00ed\u00f1o de regato en Zona de especial Protecc\u00f3n de Aves (supo\u00f1o que m\u00e1is adiante no tempo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,13],"class_list":["post-10503","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10503","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10503"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10503\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10503"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10503"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10503"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}