{"id":1050,"date":"2024-01-09T11:40:00","date_gmt":"2024-01-09T10:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:11:51","modified_gmt":"2024-10-23T10:11:51","slug":"escudos-na-capela-da-inmaculada-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/01\/09\/escudos-na-capela-da-inmaculada-pancho\/","title":{"rendered":"ESCUDOS NA CAPELA DA INMACULADA (Castropol). Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>ESCUDOS NA CAPELA DA INMACULADA<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa Igrexa parroquial de Santiago Ap\u00f3stolo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Castropol\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Castropol<\/a>, hai un retablo dedicado \u00e1 devoci\u00f3n da Virxe Inmaculada coa s\u00faa imaxe central flanqueada pola s\u00faa destra por outra de San Lu\u00eds de Gonzaga e a s\u00faa sinistra por San Xos\u00e9 co Neno Xes\u00fas en brazos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa parte baixa a ambos os dous lados do Sagrario, dous medall\u00f3ns describen nunha lenda que foi mandado facer por D. JOAQU\u00cdN VIOR Y VIOR e a s\u00faa esposa D.\u00aa JULITA PENZOL Y CONDE. Ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1866\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1886<\/a>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa parede lateral sinistra desta capela, at\u00f3panse dous Escudos de Armas. O m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00f3 retablo presenta as seguintes caracter\u00edsticas:<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/perfinalndo20o20escudo20de20Castropol.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"311\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/perfinalndo20o20escudo20de20Castropol.jpg\" class=\"wp-image-1051\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"font-family: Courier New, serif;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Perfilado<br \/>\ndo Escudo de Castropol<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/escudo20dos20Miranda20de20Ribadeo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"241\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/escudo20dos20Miranda20de20Ribadeo.jpg\" class=\"wp-image-1052\" width=\"230\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"font-family: Courier New, serif;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Escudo<br \/>\ndos MIRANDA de Ribadeo<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em>Escudo de armas partido cuxa forma non se cingue as normas her\u00e1ldicas, e adopta a forma caprichosa dos escudos carlistas do Renacemento<sup>(<\/sup><a href=\"#1\" name=\"top1\"><sup>1<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>, per\u00edodo cultural dos s\u00e9culos XV e XVI transici\u00f3n entre a Idade Media e a Idade Moderna.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa partici\u00f3n dereita: en xefe, as cinco doncelas en aspa dos MIRANDA, reducidas a soamente as s\u00faas cabezas. Na aparte baixa, un castelo sobre ondas dos CASTRILL\u00d3N. Son Armas do pai, li\u00f1a agnaticia ou paterna.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa partici\u00f3n esquerda: en xefe, unha \u00e1rbore con d\u00faas cabras empinadas com\u00e9ndolle as follas. Son armas dos SOTELO. Na parte baixa, d\u00faas barras cargadas con d\u00faas lises cada unha, mirando cara a sinistra. Son armas ranversadas (inversas) dos QUEIPO DE LLANO. Partici\u00f3n coas Armas da nai, li\u00f1a cognaticia ou materna.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTodas estas armas est\u00e1n representadas no cuartel 1 e 2 do escudo dereito segundo se mira a fachada da<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"> Casa dos MIRANDA ou dos DEL PINO, situada na R\u00faa Amando P\u00e9rez de Ribadeo<\/a>, fronte a <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/#map=19\/43.53750\/-7.03947\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Fonte dos Catro Ca\u00f1os<\/a><sup>(<\/sup><a href=\"#2\" name=\"top2\"><sup>2<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>. Por isto cremos que estes escudos e bras\u00f3ns falan da consanguinidade dos seus donos, e por outra banda a silueta de ambos os dous \u00e9 esteticamente tam\u00e9n igual. Vexamos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO escudo de Ribadeo est\u00e1 cuartelado en cruz, e aparecen as armas colocadas en diferente forma \u00e1s de Castropol. No primeiro cuartel -medio cortado e partido- na parte alta unha \u00e1rbore e d\u00faas cabras empinadas dos SOTELO. Abaixo un castelo dos CASTRILL\u00d3N (?) (faltan as ondas). E na partici\u00f3n esquerda d\u00faas bandas cargadas de d\u00faas lises cada unha, dos QUEIPO DE LLANO. No segundo cuartel, as cinco doncelas en aspa ou sotuer<sup> (<\/sup><a href=\"#3\" name=\"top3\"><sup>3<\/sup><\/a><sup>)<\/sup> dos MIRANDA con cabeza y corpo. Terceiro cuartel as armas dos VILLAAMIL. Cuarto cuartel armas dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/08\/escudo-de-armas-da-casa-de-quintalonga.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">LUACES<\/a><sup>(<\/sup><a href=\"#4\" name=\"top4\"><sup>4<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor estas descrici\u00f3ns e a s\u00faa colocaci\u00f3n vemos que o escudo de Castropol fala dunha li\u00f1a paterna dos MIRANDA CASTRILL\u00d3N e dunha li\u00f1a materna SOTELO e QUEIPO DE LLANO. Mentres que o escudo de Ribadeo fala dunha li\u00f1a paterna de SOTELO CASTRILL\u00d3N e QUEIPO DE LLANO, mentres a li\u00f1a materna \u00e9 dos MIRANDA. Parece como si casaran irm\u00e1n e irm\u00e1 con irm\u00e1 e irm\u00e1n, ou primos e primas dunha e outra rama.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA antig\u00fcidade deste Escudo de Armas de Castropol \u00e9 moi anterior ao ano 1886 que reflicte a construci\u00f3n do retablo da Inmaculada, posto que as armas dos MIRANDA e VILLAAMIL do de Ribadeo datan \u00f3 menos do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1675\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1675<\/a> como acredita a data do escudo de armas dos VILLAAMIL da R\u00faa Antonio Otero, reflectido tam\u00e9n no terceiro cuartel dos MIRANDA. E si miramos a obra da s\u00faa colocaci\u00f3n, vemos que est\u00e1 asentado na propia parede da Igrexa, posiblemente por estar os seus donos vinculados ou ser patrocinadores da s\u00faa construci\u00f3n e mantemento, tal como ocorre con varios dos escudos da Igrexa parroquial de Ribadeo, hoxe de Santa Mar\u00eda do Campo, e que xa pertenc\u00edan ao antigo Convento de San Francisco. En canto ao seu estado de conservaci\u00f3n, a\u00ednda estando abeirado dentro da igrexa, presenta desgaste dos mobles e unha p\u00e1tina ennegrecida debida ao tempo e \u00e1 cantidade de velas e cirios ardidos que deben ter pasado baixo el durante s\u00e9culos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nUn segundo Escudo de Armas nesta parede lateral e algo m\u00e1is lonxe do retablo da Virxe da Inmaculada, presenta Armas que se poden interpretar de d\u00faas maneiras, pois non se ven ben claramente as s\u00faas partici\u00f3ns debido a negrura da p\u00e1tina:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/foto20do20escudo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"308\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/foto20do20escudo.jpg\" class=\"wp-image-1053\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"font-family: Courier New, serif;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Foto<br \/>\ndo escudo<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/debuxo20perfilado.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"302\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/debuxo20perfilado.jpg\" class=\"wp-image-1054\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"font-family: Courier New, serif;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Debuxo<br \/>\nperfilado<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em>Interpretaci\u00f3n A) Como un escudo partido.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPrimeira partici\u00f3n. Unha ponte de tres arcos sostida por ondas de auga, defendida por unha torre sobre baluarte ameado e sinistrada dunha \u00e1rbore. Ser\u00edan armas dos PI\u00d1EIRO (en campo de azur, un castelo de prata adestrado dunha \u00e1rbore de sinople) e armas dos PONTE (en campo de azur, unha ponte de pedra de tres arcos, sostida de ondas de prata e azur, defendida por un torre de ouro [sen \u00e1rbore])<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSegunda partici\u00f3n. Armas dos VILLAAMIL (ver abaixo)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nInterpretaci\u00f3n B) Como escudo medio cortado e partido.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPrimeiro cuartel. Unha \u00e1rbore arrincada (coas ra\u00edces \u00e1 vista) sinistrada dunha torre de pedra. Poidan ser Armas dos CASTRILL\u00d3N (En campo de prata, unha torre de azur aclarada de gules, sostida dun penedo de sinople, e adestrada dun loureiro de sinople)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSegundo cuartel. Tres penas postas en faixa sobre ondas de auga. Parecen ser armas dos GALLEGO ou dos VIVERO (En campo de ouro, tres penas da s\u00faa cor postas en faixa -faltan tres ramos de ortigas sumadas- e sostidas de ondas de azur e prata)<sup>(<\/sup><a href=\"#5\" name=\"top5\"><sup>5<\/sup><\/a><sup>)<\/sup><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTerceiro cuartel. Armas dos VILLAAMIL. Dividido en d\u00faas partici\u00f3ns por unha espada baixa surmontada dunha gran cruz trebolada. No flanco destro unha aguia de \u00e1s baixas, superando tres faixas sobre ondas de auga. No flanco sinistro, unha torre de planta circular de seis ameas, con porta e catro saeteiras en d\u00faas faixas, d\u00faas e d\u00faas, surmontando unha aguia de voo baixo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNesta partici\u00f3n sinistra, presenta as mesmas armas principais que no terceiro cuartel da casa dos MIRANDA ou dos DEL PINO de Ribadeo visto arriba, pero coas armas de consanguinidade colocadas de forma distinta. Cuartel partido por un espada baixa -punta abaixo- acompa\u00f1ada de d\u00faas vieiras en xefe. Na partici\u00f3n destra unha aguia de voo baixo, superando ondas de auga. Na partici\u00f3n sinistra, tres faixas surmontando unha aguia de \u00e1s baixas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nIgualmente distintas \u00e1s do escudo do ano 1675 dos VILLAAMIL da r\u00faa Antonio Otero de Ribadeo2 que presenta o bras\u00f3n partido pola folla dunha espada, cuxo pu\u00f1o est\u00e1 fora do campo, acostado de d\u00faas vieiras unha a cada flanco do pu\u00f1o. A folla da espada forma unha cruz en xefe, e na parte destra, catro faixas superando unha aguia de \u00e1s baixas mirando \u00e1 destra. Na partici\u00f3n sinistra unha aguia mirando a destra surmontando ondas de auga.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs diferenzas nas armas de consanguinidade, corresponde a matrimonios de distintos irm\u00e1ns dos VILLAAMIL, as\u00ed, conservan as aguias e ondas de auga, alternadas coas armas de matrimonio, sempre acomodadas \u00e1s partici\u00f3ns coa espada e a cruz, que fan honor ao seu lema \u201cVILLAAMIL AVANTE CON ESTA CRUZ DELANTE\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSi xuntamos os dous escudos de Castropol parecen dar a entender que son dun matrimonio, por un lado da Casa dos MIRANDA e SOTELO e polo outro da Casa dos CASTRILL\u00d3N VIVERO e VILLAAMIL. Algo que se corrobora o brasonado da xuntanza familiar que representa o escudo dos MIRANDA de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDespois disto podemos conclu\u00edr que as Casas dos dous Escudos de Armas desta Capela da Inmaculada, est\u00e1n emparentados cos da Casa dos MIRANDA de Ribadeo. Non temos documentaci\u00f3n algunha de tales consideraci\u00f3ns, pero cando a poidamos ver, cremos que confirmar\u00e1 as nosas pescudas, sen d\u00fabida.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOs lazos de consanguinidade a ambos lados da R\u00eda de Ribadeo (ou de Ribadeo), son patentes entre as familias do antigo Reino da Galiza e do Condado de Ribadeo, por tanto, nobreza galega das s\u00faas xentes, algo que estamos vendo se foi perdendo coa educaci\u00f3n castelanizante e cos modais modernos edulcorados de aparencia paternalista absurda que desenrolan alg\u00fans dos seus descendentes.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8212;<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"1\"><strong>1 <\/strong><\/a>Luis.F Mes\u00eda de la Cerda y Pita. El dise\u00f1o her\u00e1ldico, Aldaba Ediciones, 1990, p.29.<a href=\"#top1\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"2\"><strong>2 <\/strong><\/a><span style=\"font-weight: normal;\">Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.120<\/span><a href=\"#top2\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"3\"><strong>3 <\/strong><\/a><span style=\"font-weight: normal;\">Ib\u00eddem.<\/span><a href=\"#top3\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"4\"><strong>4 <\/strong><\/a><span style=\"font-weight: normal;\">Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.80 e 128.<\/span><a href=\"#top4\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"5\"><strong>5 <\/strong><\/a><span style=\"font-weight: normal;\">O Libro da Her\u00e1ldica Galega, Luciano Fari\u00f1a Couto. Fundaci\u00f3n Pedro Barri\u00e9 de la Maza, 1982-2001.<\/span><a href=\"#top5\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"4\"><strong>4 <\/strong><\/a><span style=\"font-weight: normal;\">Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, Francisco J. Campos Dorado, 2019, p. 80<\/span><a href=\"#top4\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESCUDOS NA CAPELA DA INMACULADA Pancho Campos Dorado Na Igrexa parroquial de Santiago Ap\u00f3stolo de Castropol, hai un retablo dedicado \u00e1 devoci\u00f3n da Virxe Inmaculada coa s\u00faa imaxe central flanqueada pola s\u00faa destra por outra de San Lu\u00eds de Gonzaga e a s\u00faa sinistra por San Xos\u00e9 co Neno Xes\u00fas en brazos. Na parte baixa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1051,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-1050","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1050","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1050"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1050\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1051"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1050"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1050"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1050"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}