{"id":10470,"date":"2006-12-03T07:18:00","date_gmt":"2006-12-03T06:18:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:04:45","modified_gmt":"2024-11-12T15:04:45","slug":"proveito-poltico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/12\/03\/proveito-poltico\/","title":{"rendered":"Proveito pol\u00edtico"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgfxohCILmcguskhJsYOw_U2IwljBS1KH6hVJHvUHm23NeKi0jplTuKcYmNeQqppE6BeXDhSzARqtwG_fJ6FhtnPKdsI3a5LlAzvuqsquuC9u_7Z9tzj2n92qiOKuQXpLeaQAm77g\/s2048\/DSCI0016+ribadeo.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgfxohCILmcguskhJsYOw_U2IwljBS1KH6hVJHvUHm23NeKi0jplTuKcYmNeQqppE6BeXDhSzARqtwG_fJ6FhtnPKdsI3a5LlAzvuqsquuC9u_7Z9tzj2n92qiOKuQXpLeaQAm77g\/s2048\/DSCI0016+ribadeo.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nDespois de tres horas desperto pola m\u00fasica allea, aproveito para facer o blog: a estas horas levantareime ma\u00f1\u00e1 e de calquera xeito, o horario dominical est\u00e1 perdido polo cansancio da noite.<br \/>\nRemato de ler titulares dun peri\u00f3dico, e at\u00f3pome coa nova de que van cesar as protestas de protecci\u00f3n civil por non estar aberto o parque de bombeiros para que non se aproveiten os pol\u00edticos en elecci\u00f3ns. Coido que \u00e9 unha decisi\u00f3n errada e unha nova triste. O \u00faltimo \u00e9 evidente: as protestas do pobo parecen non servir, e logo hai quen se queixa de que os pol\u00edticos est\u00e1n mal considerados. O primeiro, o erro da decisi\u00f3n ven de que considero que \u00e9 agora cando se pode facer m\u00e1is ru\u00eddo, m\u00e1is alto, e onde se poden obter m\u00e1is compromisos asinados, a parte de que facelo as\u00ed \u00e9 acostumar \u00f3s pol\u00edticos a que as protestas chega un momento que paran por cansancio ou outras circunstancias.<br \/>\n7:28, unha botella recibe unha patada e estoupa. De onde ven a xente se os \u00faltimos locais te\u00f1en que pechar as portas \u00e1s seis e media? \u00c9 moi facil sabelo.<br \/>\nBen, no xornal aparece a reclamaci\u00f3n de persecuci\u00f3n pol\u00edtica polo tema de urbanismo en Barreiros  e cerqui\u00f1a, a nota da mesa redonda sobre urbanismo. Foi longa, rematamos \u00e1s dez, e intensa, chegando a tratar que o mesmo colexio de arquitectos que emitiu unha declaraci\u00f3n sobre o urbanismo desenfreado na Mari\u00f1a tampouco parece estar levando as cousas moi al\u00f3 na propia casa, en tomar medidas contra a xente que asina tales barbaridades. Asemade, tam\u00e9n se falou do (in)cumprimento das leis, por exemplo. Falouse de todo e gustoume, pero queda moito, moito m\u00e1is por falar e intervir, e a xente que estabamos al\u00ed (en total, 70 persoas, isto \u00e9, cousa do 0,7% do censo do concello de Ribadeo, e hab\u00eda xente doutros concellos) era da que menos necesitaba estar na mesa redonda porque en xeral xa ti\u00f1a unha carga de convencemento persoal. O chegar \u00f3 resto segue a ser algo a conseguir.<br \/>\na imaxe, do interior dunha das casetas das &#8216;fontes do lobo&#8217;, que constitu\u00edan o groso do caudal do r\u00edo de Vilasel\u00e1n. Esta estaba aberta o outro d\u00eda. E seca. As casetas foron constru\u00eddas para traer a auga a Ribadeo, antes que o embalse no r\u00edo Grande ou no Eo.<br \/>\nHai un ano, daba a nova de que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/ribadeando-o-libro-accesible-en.html\">&#8216;Ribadeando&#8217;, o libro<\/a> estaba xa na rede, e de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/amigos-e-msica-en-ribadeo.html\">novas de m\u00fasica, con dous artigos de hai tempo, relacionados con Hern\u00e1n<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de tres horas desperto pola m\u00fasica allea, aproveito para facer o blog: a estas horas levantareime ma\u00f1\u00e1 e de calquera xeito, o horario dominical est\u00e1 perdido polo cansancio da noite. Remato de ler titulares dun peri\u00f3dico, e at\u00f3pome coa nova de que van cesar as protestas de protecci\u00f3n civil por non estar aberto o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,93,51,26,23,13,9],"class_list":["post-10470","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-fotos-ribadeo","tag-hernan-naval","tag-medio","tag-musica","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10470","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10470"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10470\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10470"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10470"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10470"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}