{"id":10464,"date":"2006-12-06T10:26:00","date_gmt":"2006-12-06T09:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:04:33","modified_gmt":"2024-11-12T15:04:33","slug":"electores-clientes-ou-propietarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/12\/06\/electores-clientes-ou-propietarios\/","title":{"rendered":"Electores: clientes ou propietarios?"},"content":{"rendered":"<p>Onte caeu nas mi\u00f1as mans un vello apunte o que ti\u00f1a o t\u00edtulo do apunte de hoxe.<br \/>\nA cuesti\u00f3n non \u00e9 banal, e non s\u00f3 en Ribadeo. Somos os electores os &#8216;emanadores&#8217; do poder dos que os pol\u00edticos son s\u00f3 depositarios, como parece ser nesa entelequia que se chama democracia? Ou ben, como te\u00f1o visto m\u00e1is dunha vez na prensa, somos &#8216;clientes&#8217; dos partidos, nos que, como nunha empresa, nada pintariamos a non ser que de cando en vez nos po\u00f1an boa cara e nos fagan un pouco a pelota para que continuemos a ser clientes? Lembro que cando escrib\u00edn o t\u00edtulo (e vai deso m\u00e1is dun ano) estaba pensando no poder das xestoras p\u00fablicas e privadas da econom\u00eda no devir pol\u00edtico, algo que non \u00e9 a primeira volta que dun xeito ou noutro menciono no blog.<br \/>\nPero voltemos \u00f3 tema, os electores, en relaci\u00f3n \u00f3s partidos, podemos pregunt\u00e1rmonos a pregunta titular, pero \u00f3 cabo, os partidos te\u00f1en unha estrutura que non emana do pobo, sen\u00f3n que representa a grupos de ideas, grupos de poder. Pero tam\u00e9n podemos facer a pregunta en relaci\u00f3n coas instituci\u00f3ns que son manexadas polos partidos. Por exemplo, como m\u00e1is achegada a n\u00f3s, os concellos. Somos clientes ou propietarios do concello? Somos xente que vai por al\u00ed a realizar xesti\u00f3ns e que polo tanto se atende como cliente (e nas empresas t\u00e9ntase tratar ben \u00f3s clientes, que te\u00f1en os seus dereitos como paganos dos beneficios empresariais)? Ou somos os propietarios que realizamos xesti\u00f3ns en algo que \u00e9 noso? \u00c9 evidente que neste segundo caso, cando un alcalde, como representante do concello, fai unha personificaci\u00f3n do mesmo (dicindo por exempoo algo as\u00ed como &#8216;eu vos fixen esta r\u00faa&#8217;) o que est\u00e1 a facer \u00e9 de impostor, variando o que \u00e9 a realizaci\u00f3n dunha xesti\u00f3n polo que resulta como a realizaci\u00f3n dun agasallo.<br \/>\nA pr\u00f3xima volta que vaias polo concello (a deputaci\u00f3n, a Xunta, o ministerio&#8230; que un candidato te prometa algo, etc, pensa: \u00e9 o meu empregado (a quen debo colaboraci\u00f3n como xestor de algo que tam\u00e9n \u00e9 meu e respeto como persoa) ou \u00e9 algu\u00e9n a que non ten relaci\u00f3n algunha comigo nin co meu, e a quen lle te\u00f1o que pagar para que me preste os seus servizos?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte caeu nas mi\u00f1as mans un vello apunte o que ti\u00f1a o t\u00edtulo do apunte de hoxe. A cuesti\u00f3n non \u00e9 banal, e non s\u00f3 en Ribadeo. Somos os electores os &#8216;emanadores&#8217; do poder dos que os pol\u00edticos son s\u00f3 depositarios, como parece ser nesa entelequia que se chama democracia? Ou ben, como te\u00f1o visto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-10464","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10464","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10464"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10464\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10464"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10464"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10464"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}