{"id":1045,"date":"2024-01-11T13:31:00","date_gmt":"2024-01-11T12:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:11:41","modified_gmt":"2024-10-23T10:11:41","slug":"de-poetas-homenaxes-e-arbores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/01\/11\/de-poetas-homenaxes-e-arbores\/","title":{"rendered":"De poetas, homenaxes e \u00e1rbores simb\u00f3licas en Ribadeo. Carlos \u00c1lvarez Lebredo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Adxunto artigo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlos+%C3%81lvarez+Lebredo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/a> publicado en La Comarca del Eo de 6 de xaneiro de 2023.<\/p>\n<p><em>De poetas, homenaxes e \u00e1rbores simb\u00f3licas en Ribadeo<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Carlos \u00c1lvarez Lebredo<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Unha magn\u00edfica iniciativa que tivo no seu d\u00eda a Asociaci\u00f3n de Escritores en Lingua Galega (AELG) foi a de homenaxear cada ano un escritor ou escritora galega no lugar de Galicia que decidise a persoa elixida. O reco\u00f1ecemento denom\u00ednase \u201cO escritor (ou A escritora) na s\u00faa Terra\u201d. Consiste en que a AELG contacta coas autoridades municipais do lugar que esa persoa escolleu para a homenaxe, d\u00e1lles conta desa decisi\u00f3n e solicita autorizaci\u00f3n para celebrar os actos nun lugar concreto onde ficar\u00e1 un pedr\u00f3n conmemorativo (cun breve texto gravado na pedra) e onde ao seu car\u00f3n se plantar\u00e1 unha \u00e1rbore relacionada coa obra literaria da persoa homenaxeada. E as\u00ed sucede desde 1995.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;En 2001 a persoa escollida pola AELG foi a poeta <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Luz+Pozo+Garza\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Luz Pozo Garza<\/a>. Motivos \u2014persoais e literarios\u2014 haber\u00eda para que a escritora escollese como lugar de homenaxe (como a \u201cs\u00faa Terra\u201d) a vila de Viveiro (lugar no que viviu moitos anos e onde se inspirou poeticamente para os seus primeiros libros) ou Lugo, Vigo e A Coru\u00f1a (cidades nas que transcorreron decisivos anos da s\u00faa vida familiar e literaria). Pero Luz Pozo escolleu o seu Ribadeo natal, no que s\u00f3 viviu os seus primeiros sete anos de vida, pero no que \u201cresidiu\u201d animicamente vencelleda a moitas amizades e ao que regresou con visitas frecuentes unha vez xubilada como profesora.<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/PedrC3B3n20de20homenaxe20a20Luz20Pozo20con20Daniel20CortezC3B3n.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/PedrC3B3n20de20homenaxe20a20Luz20Pozo20con20Daniel20CortezC3B3n.jpg\" class=\"wp-image-1046\" width=\"324\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Luz Pozo acompa\u00f1ada de Daniel Cortez\u00f3n, diante do pedr\u00f3n.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;De maneira que o d\u00eda 22 de setembro de 2001 tivo lugar en Ribadeo esa homenaxe da AELG \u00e1 que se sumou o concello de Ribadeo e moitas persoas ribadenses e outras chegadas de f\u00f3ra expresamente para o acto. Todas foron testemu\u00f1as de como, no xard\u00edn pr\u00f3ximo \u00e1 Casa de Sela, se ergueu o Pedr\u00f3n cun poema gravado e de como as\u00ed mesmo se plantou ao p\u00e9 del unha camelia, que foi a \u00e1rbore elixida pola poeta e que, efectivamente, aparece referenciada con frecuencia entre os versos de Luz Pozo:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;-\u201cFora anunciando amor<\/em><\/p>\n<p><em>subitamente<\/em><\/p>\n<p><em>naquel templo trasl\u00facido de ponlas e paxaros<\/em><\/p>\n<p><em>imaxe revelada no ritmo dunha pedra<\/em><\/p>\n<p><em>na amplitude da onda<\/em><\/p>\n<p><em>na viva nervadura dunha folla<\/em><\/p>\n<p><em>nos camelios en flor cecais a mediod\u00eda\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;(Poema \u201cAmantes de Castrelos\u201d, no libro \u2018Concerto de outono\u2019, 1981).<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u201cO ar semellaba unha camelia branca<\/em><\/p>\n<p><em>que se tornase en chuvia en sombra en pura ausencia.<\/em><\/p>\n<p><em>(&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>Mais non estabas ti&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em>Mirei a tarde.<\/em><\/p>\n<p><em>Li\u00f1a espiral da chuvia na memoria.<\/em><\/p>\n<p><em>Unha estaci\u00f3n de incenso pranto mirra<\/em><\/p>\n<p><em>abisal. Salgueiros partituras.<\/em><\/p>\n<p><em>As fontes fican soas.<\/em><\/p>\n<p><em>Unha especie de bafo de camelias unxidas\u201d (&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;(Poema \u201cChov\u00eda en Compostela\u201d, no libro \u2018C\u00f3dice Calixtino\u2019, 1986).<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha tarde acadabas nun bosque de camelias<\/em><\/p>\n<p><em>a derradeira voce no vestixio dun so\u00f1o \u2014entraba o inverno\u2014<\/em><\/p>\n<p><em>(&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;(Poema \u201cFalando a Rosal\u00eda\u201d, no libro \u2018C\u00f3dice Calixtino\u2019, 1986).<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u201cNon me podo afastar deste espazo<\/em><\/p>\n<p><em>que habitas<\/em><\/p>\n<p><em>consagrado \u00f3 lamento<\/em><\/p>\n<p><em>Unha verxa de ferro<\/em><\/p>\n<p><em>traza os signos da morte<\/em><\/p>\n<p><em>onde inocentes reinan as camelias<\/em><\/p>\n<p><em>(&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;(Poema \u201cP\u00e9talas ofrecidas\u201d, no libro \u2018Prometo a flor de loto\u2019, 1992).<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;E coma estes p\u00f3dense atopar moitos m\u00e1is exemplos na s\u00faa ampl\u00edsima obra po\u00e9tica.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;O concello de Ribadeo, pola s\u00faa parte, colaborou activamente na homenaxe po\u00f1endo o nome de Luz Pozo \u00e1 r\u00faa que nace precisamente no lugar en que se ergueu a pedra e se plantou a \u00e1rbore, e que chega desde al\u00ed ata o cruce coa Avenida de Galicia.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;Anos m\u00e1is tarde, nunha das remodelaci\u00f3ns que se fixeron no entorno do Camp\u00edn de Sela, xa reconvertido en Parque dos Indianos, retir\u00e1ronse do seu emprazamento orixinal o vistoso Pedr\u00f3n conmemorativo e mais a camelia. O problema \u00e9 que, tras as reformas da contorna (xard\u00edn, beirarr\u00faas, etc.), da \u00e1rbore tan representativa da poes\u00eda de Luz Pozo nunca m\u00e1is se soubo. E o Pedr\u00f3n literario&#8230; foi recolocado nun lugar diferente e moito menos lucido: ao outro lado da r\u00faa, onde cada d\u00eda se ve m\u00e1is achicado a asombrado por d\u00faas \u00e1rbores que medran aos seus lados, unha palmeira de tipo des\u00e9rtico de xard\u00edn e un frondos\u00edsimo loureiro. Para m\u00e1is desatino, este novo emprazamento est\u00e1 situado ao p\u00e9 da porta de entrada da capela da Virxe do Cami\u00f1o e tal parece que forma parte deste recinto eclesial. No lugar pr\u00edstino do Pedr\u00f3n literario lev\u00e1ntase agora un \u201ccaseto\u201d, de un metro e medio de altura, que parece ter relaci\u00f3n cos servizos el\u00e9ctricos da zona.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;No ano 2012 a AELG escolleu como Escritor homenaxeado na s\u00faa Terra ao poeta <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Xavier+Rodr%C3%ADguez+Baixeras\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xavier Rodr\u00edguez Baixeras<\/a>. De novo neste caso o poeta optou por Ribadeo como \u201ca s\u00faa Terra\u201d literaria para recibir o galard\u00f3n. Poder\u00eda ter sido Nois (Foz) onde segue tendo a casa familiar na que reside parte do ano, ou a cidade de Vigo onde traballou e reside desde 1977. Pero optou polo Ribadeo que est\u00e1 moi unido \u00e1 s\u00faa adolescencia e primeira mocidade: a casa familiar da r\u00faa de San Roque. Este Ribadeo est\u00e1 moi presente nos seus primeiros poemarios. E como \u00e1rbore adxacente ao seu Pedr\u00f3n, para plantar na homenaxe, escolleu unha palmeira, tan ribadense e tan lembrada nos seus hendecas\u00edlabos:<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/Xavier20Rodriguez20Baixeras.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"542\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/Xavier20Rodriguez20Baixeras.jpg\" class=\"wp-image-1047\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Xabier R. Baixeras.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Palmeira esfarrapada e sempre viva<\/em><\/p>\n<p><em>de afeita a n\u00f3s, de estar neste xemido<\/em><\/p>\n<p><em>onde afoga confuso o esva\u00eddo<\/em><\/p>\n<p><em>toque da hora que alg\u00fan vento esquiva<\/em><\/p>\n<p><em>(&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>Non te vimos crecer. E nin sabemos<\/em><\/p>\n<p><em>quen te puxo, meni\u00f1a, \u00e1 nosa porta,<\/em><\/p>\n<p><em>atordoada, tr\u00e9mula de inzar<\/em><\/p>\n<p><em>sombras, tristezas nas que xa non cremos<\/em><\/p>\n<p><em>(&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;(Poema \u201cUnha palmeira de Ribadeo\u201d, no libro \u2018Fentos no mar\u2019, 1981).<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Lembras o Sul, o vendaval ardente,<\/em><\/p>\n<p><em>(&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>Lembras aquel que andaba nas palmeiras,<\/em><\/p>\n<p><em>que, nun susto, petaba nas coci\u00f1as,<\/em><\/p>\n<p><em>que chamaba por n\u00f3s desde os caboucos?<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;(Poema \u201cO Sul\u201d, no libro \u2018Lembranza do areal\u2019, 1985).<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Pois ben, Pedr\u00f3n e palmeira foron plantados neste caso no Camp\u00edn dos Canap\u00e9s, preto da Casa do \u00d3ptico, hoxe Escola Oficial de Idiomas. Debo confesar que, tras o acto solemne e literario o\u00ednlle a un asistente que estaba ao meu lado na homenaxe unhas palabras desgraciadamente prof\u00e9ticas. Algo as\u00ed como: \u201cNon lle vexo moito futuro a esta palmeira novi\u00f1a, aqu\u00ed abaixo, en sombra permanente, cuberta por todos estes pl\u00e1tanos e chopos tan frondosos\u201d. E, desafortunadamente, a profec\u00eda cumpriuse. Hai anos que secou aquela palmeira, que agora deixa tolleita a merecida homenaxe da AELG a Xavier R. Baixeras: esta o Pedr\u00f3n co texto referente \u00e1 palmeira, pero non est\u00e1 a palmeira. Non deixa de ser ir\u00f3nico o fragmento do poema gravado no Pedr\u00f3n: \u201cNon te vimos crecer&#8230;\u201d.<\/em><br \/>\n<em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Posteriormente \u00e1 desaparici\u00f3n da palmeira tivo lugar unha remodelaci\u00f3n daquela contorna que, entre outras actuaci\u00f3ns, supuxo a corta de bastantes chopos e pl\u00e1tanos, que considero acertada. Como consecuencia, agora o Camp\u00edn dos Canap\u00e9s est\u00e1 moito m\u00e1is claro e soleado: \u00e9ntralle a luz. Coido que \u00e1 vez que se repo\u00f1a o Pedr\u00f3n no seu sitio e se replante a camelia de Luz Pozo no Parque dos Indianos, tam\u00e9n se faga o mesmo cento cincuenta metros m\u00e1is adiante coa palmeira de Xavier Baixeras, agora que o lugar dos Canap\u00e9s est\u00e1 rareado e ben solleiro.<\/em><br \/>\n<em>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Mentres tanto eu prometo non trasladarlle \u00e1 AELG estas \u201cnovidades\u201d sobrevidas \u00e1s d\u00faas homenaxes que eles promoveron en Ribadeo. E conf\u00f3rmome con mirar con envexa, cada vez que vou polas monta\u00f1as do Courel, o enorme Pedr\u00f3n e o xa impo\u00f1ente casti\u00f1eiro que homenaxean e dan paso ao cami\u00f1o que sobe \u00e1 aldea de Parada de Moreda, onde naceu e viviu o poeta Ux\u00edo Novoneyra.<\/em><\/p>\n<p>-o-<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Adxunto artigo de Carlos \u00c1lvarez Lebredo publicado en La Comarca del Eo de 6 de xaneiro de 2023. De poetas, homenaxes e \u00e1rbores simb\u00f3licas en Ribadeo Carlos \u00c1lvarez Lebredo &nbsp;&nbsp; &nbsp;Unha magn\u00edfica iniciativa que tivo no seu d\u00eda a Asociaci\u00f3n de Escritores en Lingua Galega (AELG) foi a de homenaxear cada ano un escritor [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1046,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,9],"class_list":["post-1045","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1045","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1045"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1045\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1046"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1045"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1045"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1045"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}