{"id":10438,"date":"2006-12-24T00:02:00","date_gmt":"2006-12-23T23:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:03:30","modified_gmt":"2024-11-12T15:03:30","slug":"longo-da-longa-noite-crnica-da-noite","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/12\/24\/longo-da-longa-noite-crnica-da-noite\/","title":{"rendered":"Longo d\u00eda, longa noite: cr\u00f3nica dende a noite"},"content":{"rendered":"<p>Tam\u00e9n en inverno p\u00f3dese dar o caso dun longo d\u00eda a m\u00e1is dunha longa noite. Invertindo os termos por estar m\u00e1is achegado no tempo, a longa noite manifesta \u00e1s claras aquelo de que non t\u00f3dalas noites son iguais, nin toda  noite igual a si mesma. Hai un cacho, foi a m\u00fasica de enfronte a que me espertou e me fixo levantar, e agora sumouse o ru\u00eddo da r\u00faa: a intensidade de un a outro var\u00eda dunha noite a outra e dun momento a outro, e o concello non act\u00faa sobre ning\u00fan dos dous, nin sobre os baixos que se meten no cerebro nin sobre o da r\u00faa do que todo o mundo quere desentenderse como se non estiveran relacionados. Como a noite \u00e9 a\u00ednda nova supo\u00f1o que despois do blog dar\u00e1 para comezar un pequeno escrito de avaliaci\u00f3n do ru\u00eddo durante o ano. Eso si, ambos non demasiado ben feitos, que a estas horas ser\u00eda cousa de poder durmir e o corpo non est\u00e1 para escribir. \/As 5 e 10. Sigue soando m\u00fasica nun local que ti\u00f1a que ter cerrado xa, despois de media hora de silencio musical. O ru\u00eddo da r\u00faa amainou algo e \u00f3 da m\u00fasica xa lle queda pouco.\/<\/p>\n<p>Onte sorpendeu Fernando Su\u00e1rez nun pequeni\u00f1o recuncho dun peri\u00f3dico secundando en parte a mi\u00f1a petici\u00f3n do outro d\u00eda de que se indemnizara \u00e1 xente de Ribadeo polo apag\u00f3n para que a compa\u00f1\u00eda puxera m\u00e1is xeito e non se voltara repetir: fronte \u00e1 explicaci\u00f3n do alcalde, pide que Industria inspeccione a rede de Begasa para evitar outro. Coido que, como Industria debera telo feito, non procurou antes un apoio do pobo, s\u00f3 \u00e9 un tenente de alcalde e non un alcalde, e a\u00ednda por riba a importancia que se lle da \u00e9 a da boca pequena \u00f3 final do apartado exclusivo para a Mari\u00f1a dun peri\u00f3dico, quedar\u00e1 todo en nada&#8230;<\/p>\n<p>M\u00e1is repercusi\u00f3n parece que vai ter, polo lugar que ocupa a nova noutro peri\u00f3dico galego (a\u00ednda que tam\u00e9n en p\u00e1xina par, non moi extenso e na parte de abaixo, o de que &#8216;Cultura rescata 5 grandes castros&#8217;, entre os que conta o Castro das Grobas para seguir actuando nel o pr\u00f3ximo ano, que coido debe entenderse como algo as\u00ed como &#8216;cando se dispo\u00f1a dunha partida orzamentaria&#8217;. De calquera xeito, parece que prospera que o castro saia da s\u00faa invisibilidade, no que algo tivo que ver o Tes\u00f3n (ver nota de prensa da asociaci\u00f3n \u00f3 final, algo que espero que esta ma\u00f1\u00e1 que se aproxima reflexen os xornais) a\u00ednda qu o BNG o levara no seu programa eleitoral, en palabras de Fernando Su\u00e1rez.<\/p>\n<p>Xa est\u00e1 aberta a exposici\u00f3n sobre <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Guillermo_Schulz\">Guillermo Schulz<\/a>, subtitulada &#8216;un inquedo innovador na Espa\u00f1a do s\u00e9culo XIX&#8217;. S\u00f3 unha pequena rese\u00f1a para unha exposici\u00f3n que espero aproveitar para sumar informaci\u00f3n \u00e1 <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/\">Galipedia<\/a>.<\/p>\n<p>Ben, a anterior \u00e9 un dos moitos actos culturais que xalonan Ribadeo e dos que literalmente se queixou a directiva sa\u00ednte\/entrante de Amadores por non deixar espazo \u00e1 banda. Sendo m\u00e1is precisos, queix\u00e1ronse de que en troques de ter preferencia pala reserva de d\u00eda de actuaci\u00f3n, tiveran que pregarse e cambiar datas xa previstas por vir xente de f\u00f3ra e teren ocupado o espazo. Non sei se \u00e9 as\u00ed ou non, pero as\u00ed se dixo, claro que o espazo de competencia non era a oficina de turismo onde est\u00e1 o de Shulz. Non me deixou bo sabor de boca a asemblea. Se non contei mal, 18 socios en total para unha sociedade que debe sobrepasar os 700. Non estaba nin toda a directiva (entrante ou sa\u00ednte), se ben neste caso, nunha directiva de 11 \u00e9 normal que falte algu\u00e9n por un ou outro motivo. P\u00f3dense dar moitos datos, e tentei recabar alg\u00fan m\u00e1is porque penso que quedaron moitos tam\u00e9n no tinteiro, pero hab\u00eda (ti\u00f1a eu) demasiadas preguntas e parei despois dunhas poucas. As\u00ed, por exemplo, entereime de que \u00e1s reuni\u00f3ns coa xente do concello vai o alcalde e a concelleira, porque queren coller \u00f3s dous \u00f3 tempo e que quede corroborado o que se di. O resultado non parece ser moi bo, pois din que p\u00e9rdense non s\u00f3 as notas tomadas nas xuntanzas anteriores, sen\u00f3n mesmo revistas ilustrativas deixadas para que no concello se vexan algunhas cousas que se queren. Tampouco parece haber un protocolo (escrito ou non) sobre o que facer para as montaxes das actuaci\u00f3ns, algo que en tempos houbo de xeito impl\u00edcito, pero que funcionaba, e que \u00f3 que se ve da evidentes problemas de coordinaci\u00f3n. 10000\u20ac de superavit e os m\u00fasicos sen cobrar un can este ano \u00e9 algo que se me fai dif\u00edcil de dixerir e as\u00ed tentei deixalo claro. Pode que o premio dos m\u00fasicos sexa ir un fin de semana a un festival, e non me parece ben a\u00ednda que al\u00ed non o dixen. D\u00edxose que se lles dixera \u00f3s m\u00fasicos para que decidiran eles que facer, e co\u00f1ecendo o que \u00e9 unha banda por dentro, estranar\u00edame que funcionara. Non me deixou indiferente a cifra gastada en tel\u00e9fono e correo (se mal non lembro anda polos 90 euros mensuais) as\u00ed como que non se presente orzamento para o pr\u00f3ximo ano nin proxecto ou plan de actuaci\u00f3ns ou como que se te\u00f1a considerado o recurso a m\u00fasicos for\u00e1neos como algo sistem\u00e1tico e non ocasional, o que coido pode traer alg\u00fan problema a longo prazo. Sorprend\u00e9ronme m\u00e1is cousas, pero non me presento \u00e1 directiva nin a promovo porque non te\u00f1o tempo. De feito, \u00f3 comezo fun al\u00ed para por si necesitaban xente, propor a algunha persoa que falara comigo para tal caso. Por eso tampouco me gustou (e esto xa \u00e9 algo de percepci\u00f3n persoal) que unha vez presentados os novos membros da directiva se dixera, indicando \u00e1 zona na que estabamos un grupo (inclu\u00eddo alg\u00fan membro da nova directiva), que non sab\u00edan se hab\u00eda outra proposta alternativa.<\/p>\n<p>Onte tam\u00e9n houbo carreira, a das 12 pontes, na Veiga. Ten como fin promover a vida saudable e \u00e9 unha carreira que ten o seu punto de curiosidade, coa subida e baixada, unha e outra volta, das pontes sobre Monxard\u00edn e Suar\u00f3n. A mi\u00f1a forma f\u00edsica s\u00f3 me permitiu rematar a carreira&#8230;<\/p>\n<p><center><br \/>\n&#8212;<\/center><\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os O Tes\u00f3n<\/p>\n<p>Nota de Prensa<\/p>\n<p>A Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os O Tes\u00f3n contin\u00faa na procura dun futuro para o castro das Grobas (Vilasel\u00e1n, Ribadeo). Neste sentido, comezou a dese\u00f1ar unha serie de actuaci\u00f3ns en conxunto con outras entidades p\u00fablicas, das que a primeira ten d\u00eda e hora: a conferencia &#8216;Posta en valor dun elemento arqueol\u00f3xico\u201d, por Abel Vigo, arque\u00f3logo municipal de Mondo\u00f1edo, ter\u00e1 lugar no sal\u00f3n de actos da Casa do Mar o 29 de decembro de 2006. Esta actuaci\u00f3n, que conta coa colaboraci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Comarcal da Mari\u00f1a Central, est\u00e1 prevista coa finalidade de aproveitar o exemplo do castro de Zo\u00f1an, en Mondo\u00f1edo, para a posta en valor do Castro das Grobas.<\/p>\n<p>Esp\u00e9rase continuar estas actuaci\u00f3ns con outra conferencia cara a finais de febreiro sobre os castros de Ribadeo e outra cara a finais de febreiro que se centre no castro das Grobas. Asemade, haber\u00e1 outro tipo de actuaci\u00f3ns, inclu\u00edndo a presentaci\u00f3n da carpeta divulgativa sobre Zo\u00f1\u00e1n (que se far\u00e1 o mesmo d\u00eda 29 xunto coa conferencia e que pretende ser asemade unha homenaxe \u00e1 persoa que a concebiu, Suso Pe\u00f1a), unha exposici\u00f3n sobre este castro (prevista para a segunda parte de xaneiro) e un novo paseo \u00f3 castro, unha volta finalizado o desbroce iniciado a instancias da Delegaci\u00f3n Provincial da Conseller\u00eda de Cultura e presentado polo primeiro tenente de alcalde hai poucas datas. deste xeito, aglutinando actividades en relaci\u00f3n co castro coa Fundaci\u00f3n Comarcal da Mari\u00f1a Central e a Mari\u00f1a Oriental, co propio Concello e coa Delegaci\u00f3n Provincial da Conseller\u00eda de Cultura, esperamos dar un impulso \u00f3 co\u00f1ecemento sobre o castro, \u00f3 interese dos veci\u00f1os e en consecuencia, a un futuro mellor para o xacemento arqueol\u00f3xico.<\/p>\n<p>Ribadeo, decembro 2006<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tam\u00e9n en inverno p\u00f3dese dar o caso dun longo d\u00eda a m\u00e1is dunha longa noite. Invertindo os termos por estar m\u00e1is achegado no tempo, a longa noite manifesta \u00e1s claras aquelo de que non t\u00f3dalas noites son iguais, nin toda noite igual a si mesma. Hai un cacho, foi a m\u00fasica de enfronte a que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,10,9],"class_list":["post-10438","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10438","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10438"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10438\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10438"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10438"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10438"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}