{"id":10433,"date":"2006-12-25T10:54:00","date_gmt":"2006-12-25T09:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:03:22","modified_gmt":"2024-11-12T15:03:22","slug":"procesins-e-fauna-o-artigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/12\/25\/procesins-e-fauna-o-artigo\/","title":{"rendered":"Procesi\u00f3ns e fauna: o artigo"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Po\u00f1o a continuaci\u00f3n o artigo publicado en A Mari\u00f1a\/El Progreso o 24\/04\/97:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;<strong> <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Procesi%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Procesi\u00f3ns<\/a> e fauna<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Cando se fala de fauna en relaci\u00f3n a algunha actividade humana, consid\u00e9rase \u00e1s persoas nun sentido despectivo. Non \u00e9 o caso que pretendo, sen\u00f3n m\u00e1is ben clasificar a masa que interv\u00e9n nas celebraci\u00f3ns da Semana Santa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Como toda clasificaci\u00f3n, depende dos criterios que se usen para establecela. Non \u00e9 o mesmo usar o criterio de poder de decisi\u00f3n sobre a organizaci\u00f3n das actividades que o de adicaci\u00f3n a elas ou que o de interiorizaci\u00f3n das mesmas, por po\u00f1er tres casos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Usando o primeiro criterio antes dito, o poder de decisi\u00f3n sobre a organizaci\u00f3n de actividades, establecer\u00eda unha xerarqu\u00eda no mesmo pobo (xerarqu\u00eda de tipo social), que se ver\u00eda reducida \u00f3 p\u00e1rroco e a asociaci\u00f3n \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Amigos+de+la+Semana+Santa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Amigos de la Semana Santa<\/a>\u201d nun nivel e o resto do pobo noutro. Evidentemente, calquera pode pasar ideas dun \u00f3 outro grupo, pero estamos a falar do nivel de decisi\u00f3n. Haber\u00eda que incorporar \u00f3 grupo que poderiamos chamar de cabeza, en funci\u00f3ns adxacentes pero determinantes, por un lado, a xerarqu\u00eda eclesi\u00e1stica, e por outro, a xerarqu\u00eda pol\u00edtica. Quedar\u00eda as\u00ed a \u201cmasa\u201d desgaxada como nivel baixo dunha estructura decisoria xer\u00e1rquica.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sen entrar en detalles do funcionamento interno de cada unha desas estructuras na cabeza decisoria nin a relaci\u00f3n entre elas ou a base do poder interno dos membros dentro de cada unha delas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por exemplo, parece evidente que se unha persoa se incorpora a \u201cAmigos de la Semana Santa\u201d, sup\u00f3nse que \u00e9 para colaborar e traballar, e en base a dita colaboraci\u00f3n as\u00ed ter\u00e1 unha capacidade de decisi\u00f3n. Nembargantes, a proporcionalidade entre ambas caracter\u00edsticas non ser\u00e1 exacta por influencia doutros factores como capacidade de xeraci\u00f3n de ideas, co\u00f1ecemento do funcionamento social, trato cos dem\u00e1is dentro da sociedade, etc., como ocorre en calquer outro grupo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Referente a adicaci\u00f3n, esta vai dende a indiferencia total, pasando pola aversi\u00f3n ata chegar a unha adicaci\u00f3n de tempo importante. A orde na que est\u00e1n postas as diferentes adicaci\u00f3ns pode ser variada, naturalmente, pero de non ser m\u00e1is minucioso inclu\u00edndo outras categor\u00edas ou subcategor\u00edas, deixar\u00eda sempre no medio das tres expostas a da aversi\u00f3n; \u00f3 fin e o cabo \u00e9 un xeito de adicaci\u00f3n, que poderiamos chamar anti-adicaci\u00f3n, pero tal que a persoa que se identifica neste grupo implica que ten un tempo adicado \u00f3 enfrontamento, e polo tanto, ad\u00edcalle un tempo \u00e1s actividades da Semana Santa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sen facer m\u00e1is comentario sobre o grupo de indiferentes, creo que haber\u00eda que dar aqu\u00ed un agradecemento \u00e1s persoas que lle adican unha porci\u00f3n importante do seu tempo \u00e1s actividades da Semana. Son as que a organizan e por tanto fan posible un cambio de ritmo vital no ciclo diario de cada un, inclu\u00eddo o grupo de xente indiferente, e por suposto, o da que mostra aversi\u00f3n. Para alg\u00fans, a ruptura da rutina diaria pode supor un contratempo, para outros, unha liberaci\u00f3n, pero a quen m\u00e1is, a quen menos, perm\u00edtelle o retorno posterior \u00f3 d\u00eda a d\u00eda cun sentemento de novidade do vello e polo tanto vitalmente influ\u00ednte.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O criterio de interiorizaci\u00f3n implica unha clasificaci\u00f3n que vai dende a xente que o cre (non confundir con xente crente no sentido relixioso xeral) a aquela outra que o figura. Neste caso, o termo medio ser\u00eda a indiferencia, entre o extremo das persoas que sinten os feitos que rememoran as procesi\u00f3ns como unha parte dos propios sentimentos a nivel interno e o outro que ser\u00edan as persoas que acoden \u00e1s actividades da semana por raz\u00f3ns como o vistas, o que significa un utilitarismo das procesi\u00f3n en aras doutras causas como presentarse como m\u00e1is cat\u00f3lico ou non perder un \u00e1pice de posici\u00f3n social.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00bfDe que serve tanta clasificaci\u00f3n? Ser\u00eda demasiado presuntuoso o pretender que a pr\u00f3xima vez que nos enfront\u00e1ramos \u00e1 Semana Santa nos pregunt\u00e1ramos onde estamos encadrados e sobre todo por que. Nembargantes, ant\u00f3xaseme que todos, pasando polo organizador xefe ou o pasota cantante en calquera chiringuito \u00e1 hora da procesi\u00f3n, todos, sair\u00edamos ga\u00f1ando con que unha parte significativa da xente cavilara o tema en serio.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nota: este artigo apareceu tam\u00e9n noutra entrada anterior, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/10\/kgome.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Kgome<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Po\u00f1o a continuaci\u00f3n o artigo publicado en A Mari\u00f1a\/El Progreso o 24\/04\/97: &nbsp; &nbsp;&nbsp; Procesi\u00f3ns e fauna &nbsp;&nbsp; Cando se fala de fauna en relaci\u00f3n a algunha actividade humana, consid\u00e9rase \u00e1s persoas nun sentido despectivo. Non \u00e9 o caso que pretendo, sen\u00f3n m\u00e1is ben clasificar a masa que interv\u00e9n nas celebraci\u00f3ns da Semana Santa. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25,9],"class_list":["post-10433","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-festas","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10433"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10433\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}