{"id":10429,"date":"2006-12-28T11:49:00","date_gmt":"2006-12-28T10:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:03:15","modified_gmt":"2024-11-12T15:03:15","slug":"por-que-esta-foto-non-actual-inocentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/12\/28\/por-que-esta-foto-non-actual-inocentes\/","title":{"rendered":"Por que esta foto non \u00e9 actual? Inocentes en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/derrube1.jpg\"> \u00e9 unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. S\u00f3 un pequeno detalle fai ver que non \u00e9 actual: hoxe a valla est\u00e1 m\u00e1is retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do d\u00eda de hoxe, pero non o \u00e9.<br \/>\nTam\u00e9n resulta algo inocente, por raz\u00f3s totalmente diversas, o t\u00edtulo da actividade cient\u00edfica para nenos desta tarde no auditorio Hern\u00e1n Naval: A idade de xeo. Cando estamos a\u00ednda baixo os efectos do \u00faltimo informe da ONU sobre sobre o quencemento global, a idade de xeo est\u00e1 de moda entre os p\u00edcaros por mor do cine de debuxos animados.<br \/>\nDe inocentes tam\u00e9n trata unha <a href=\"http:\/\/www.elprogreso.es\/descarga.asp?f=27122006-AM.pdf\">carta sobre a biblioteca de Ribadeo que sae onte no &#8216;El progreso&#8217;\/A Mari\u00f1a<\/a>, reclamando un espazo nela onde se poda iniciar \u00f3s pequenos na lectura por medio da lectura doutra persoa, \u00e9 dicir, por iniciaci\u00f3n oral. o escrito est\u00e1 asinado por Fernando Carlos Represa. Sae \u00e1 beira dunha foto dunha casa que recollo no xa vello <a href=\"http:\/\/ribadeo.webcindario.com\/lista.html\">&#8216;Ribadeo Falls&#8217;<\/a><br \/>\nTam\u00e9n houbo resposta onte (na radio) do alcalde \u00e1 Mesa de asociaci\u00f3ns. Segundo el, parece ser que a mesa quere formar unha especie de goberno paralelo e por eso o alcalde non a recibe. xa avanzamos algo: antes dic\u00eda que as relaci\u00f3ns coas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os eran moi boas, a excepci\u00f3n dalg\u00fan caso. Po\u00f1o abaixo a carta da mesa \u00f3 alcalde e engado un pequeno comentario: ser\u00e1 por eso do goberno paralelo que act\u00faa sen escoitar, como se todo foran opositores que queren procurar a s\u00faa caia do pedestal?<br \/>\nXa f\u00f3ra do d\u00eda dos inocentes, a lembrar que ma\u00f1\u00e1 venres, \u00e1s 8 na Casa do Mar, hai charla sobre os castros, co punto de mira posto nas Grobas.<br \/>\n<center>&#8212;<\/center><br \/>\nE a\u00ed vai a carta antes citada:<br \/>\nReunidos os representantes das asociaci\u00f3ns na Mesa de asociaci\u00f3ns, entre outras cousas acordamos dirixirlle a vde unha carta para lembrarlle que pese \u00e1s promesas de manter connosco unha xuntanza o xoves antes de cada pleno ordinario, levamos sen ser admitidos para a mesma dende xa hai m\u00e1is dun ano. Primeiro, vde. esqueceuse polo que parece das convocatorias, logo atrasounas de xeito indefindo e logo sinxelamente deixou de falar delas.<br \/>\nO anterior incl\u00fae a falta de contestaci\u00f3n pola s\u00faa parte \u00e1 carta que a comezos do ver\u00e1n lle foi enviada para tentar retomar o tema.<br \/>\nPor eso, agora de novo, nos po\u00f1emos en contacto con vde. para comunicarlle que, a pesar de todo, segue a ser a nosa vontade o xuntarnos con vde de xeito peri\u00f3dico nas condici\u00f3ns que acordamos en principio. O anterior non deixa de lado o feito de que consideremos a s\u00faa actuaci\u00f3n durante este tempo unha falta de respeto e mesmo de educaci\u00f3n pola s\u00faa parte para con n\u00f3s.<br \/>\nPor elo, se segue interesado na potenciaci\u00f3n da participaci\u00f3n cidad\u00e1, pola presente ped\u00edmoslle que nos comunique as datas para as pr\u00f3ximas xuntanzas, \u00e1s que estamos interesados en asistir para tratar temas de interese xeral dos cidad\u00e1ns deste concello.<br \/>\nEn Ribadeo, decembro de 2006<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00e9 unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. S\u00f3 un pequeno detalle fai ver que non \u00e9 actual: hoxe a valla est\u00e1 m\u00e1is retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do d\u00eda de hoxe, pero non o \u00e9. Tam\u00e9n resulta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,93,74,13,9],"class_list":["post-10429","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-fotos-ribadeo","tag-o-teson","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10429","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10429"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10429\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10429"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10429"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10429"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}