{"id":10426,"date":"2006-12-30T14:53:00","date_gmt":"2006-12-30T13:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:03:09","modified_gmt":"2024-11-12T15:03:09","slug":"2006-balance-dun-ano-de-rudo-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/12\/30\/2006-balance-dun-ano-de-rudo-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"2006, balance dun ano de ru\u00eddo en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>1.Os ru\u00eddos<br \/>\nDespois de anos de datos, 2006 en Ribadeo e en canto \u00f3 ru\u00eddo, foi un ano neutro: nin se pode dicir que aumentara substancialmente nin moito menos que diminu\u00edra o ru\u00eddo nouturno en relaci\u00f3n \u00f3 pasado ano, mant\u00e9ndose este cuatrienio b\u00e1sicamente \u00f3 mesmo nivel de intensidade, pero aumentando o n\u00famero de d\u00edas afectados no ver\u00e1n e ampliando tam\u00e9n os correspondentes \u00e1s fins de semana.<br \/>\n\u00d3 igual que anos pasados, c\u00f3ntanse os picos invernais de ru\u00eddo, inclu\u00edndo o presente, e a tendencia \u00f3 ru\u00eddo continuado nas noites veraniegas. Un fen\u00f3meno que non remata de estar controlado \u00e9 o control de peche, con establecementos con m\u00fasica non s\u00f3 ata despois do l\u00edmite permitido, sen\u00f3n a\u00ednda ata despois do l\u00edmite de peche, algo que comproba con frecuencia calquera veci\u00f1o afectado. Esto leva de xeito natural \u00e1 extensi\u00f3n do horario de ru\u00eddo.<br \/>\nPor outra banda, seguen sen producirse grandes botell\u00f3ns e contin\u00faan os pequenos, illados e que logo soen rematar en locais.<\/p>\n<p>2.As causas<br \/>\nHai diversos e claros estudos sobre as consecuencias do ru\u00eddo, pero abondos menos sobre as s\u00faas causas se nos centramos no ru\u00eddo da movida, ou, se se quer, en por que a movida ten a compo\u00f1ente de ru\u00eddo que ten.<br \/>\nNon se pode meter todo dentro dun mesmo saco. Dende hai tempo se di nalg\u00fan medio, mesmo de xeito an\u00f3nimo, que o ru\u00eddo da r\u00faa \u00e9 o que molesta. Esta postura procura a imputaci\u00f3n do ru\u00eddo molesto como algo alleo a todo o mundo, como sen causa, nunha especie de manifestaci\u00f3n &#8216;pol\u00edticamente correcta&#8217; para non ferir a ningu\u00e9n. Evidentemente, \u00e9 unha simplificaci\u00f3n interesada. Do mesmo xeito que ser\u00eda simplificar o dicir que s\u00f3 \u00e9 o ruido dos locais o que molesta: \u00f3 longo da noite, en cada zona de movida, vai variando o mantemento principal da movida, e variando a importancia que para o nivel de ru\u00eddo ten a xente na r\u00faa, a apertura de portas (e polo tanto ru\u00eddo de sa\u00edda dos locais), a ausencia de segundas portas ou a falta do seu uso, o illamento deficiente ou nulo, a acumulaci\u00f3n de locais nunha zona, etc. Os medios e as posibilidades de actuaci\u00f3n dos poderes p\u00fablicos en relaci\u00f3n a cada un deles tam\u00e9n son diferentes.<br \/>\nO ru\u00eddo da r\u00faa ten picos puntuais, \u00f3 tempo que pode manterse un amplo nivel de ru\u00eddo, correspondendo por exemplo con grupos de xente que cami\u00f1an m\u00e1is lentos entre dous locais. \u00c9 evidente que o ru\u00eddo illado n\u00f3tase m\u00e1is a partires de que os locais vaian cerrando, pola ausencia do ru\u00eddo destes e as condici\u00f3ns en que se moven os transe\u00fantes.<br \/>\nO ru\u00eddo da r\u00faa ten variaci\u00f3n segundo a \u00e9poca, e non s\u00f3 correspondendo coa cantidade de xente dun d\u00eda concreto. Unha posible explicaci\u00f3n do feito de que o ru\u00eddo aumente en inverno fronte \u00f3 ver\u00e1n, en contra da l\u00f3xica do bo tempo que parecer\u00eda normal que invitara a estar m\u00e1is na r\u00faa, estar\u00eda basada en que a noite invernal \u00e9 m\u00e1is longa e polo tanto com\u00e9zase a beber antes, e \u00e9 m\u00e1is dura, co que se bebe m\u00e1is que nas suaves de ver\u00e1n.<br \/>\nPor contra \u00f3 anterior, o ru\u00eddo dos locais \u00e9 ma\u00eds cont\u00ednuo e parece afectar m\u00e1is (dentro da percepci\u00f3n de ru\u00eddo de cada quen) polo son grave que polo agudo, pero a diferente propagaci\u00f3n do son polas condici\u00f3ns climatol\u00f3xicas non chega para explicar que a mesma m\u00fasica se oe uns d\u00edas m\u00e1is intensa que outros, ou mesmo aumenta \u00e1s veces \u00e1 hora na que a xente est\u00e1 comezando a chegar a unha determinada zona. \u00c9 dicir, a producci\u00f3n de ru\u00eddo polos locais estar\u00eda dentro das t\u00e9cnicas de mercado, o mesmo que as t\u00f3mbolas ou os coches ele\u0107tricos chaman \u00e1 xente cunha m\u00fasica alta que unha volta al\u00ed \u00e9 desagradable. T\u00e9cnicas por outra banda discutibles non s\u00f3 polos resultados medioambientais (\u00e9 dicir, non s\u00f3 porque non imputan custe \u00e1 degradaci\u00f3n do medio ambiente que sufren os veci\u00f1os).<\/p>\n<p>3.As acci\u00f3ns<br \/>\nCertamente, ser\u00eda desexable unha acci\u00f3n maior por parte das forzas de orde p\u00fablica, como \u00e9 posible ler en opini\u00f3ns en medios locais e foi prometido a comezos de mandato no concello por medio de ampliaci\u00f3n do horario de vixiancia nouturna, que na actualidade non cubre nin o horario oficial de apertura dos locais de movida. Pero sobre todo, desexable por parte das instituci\u00f3ns que como o concello te\u00f1en demostrado que non queren mollarse, parece que principalmente por unha mal entendida raz\u00f3n econ\u00f3mica e eleitoral, como foi tratado en diversas ocasi\u00f3ns.<br \/>\nA nivel de normativa, f\u00edxose unha axustada a dereito a comezos de s\u00e9culo, deixouse o tempo de adaptaci\u00f3n, voltouse a deixar unha ampliaci\u00f3n, etc\u00e9tera, e as\u00ed chegouse \u00e1 primavera 2006, cando se puxo de desculpa que non estaba actualizada para derogala e adoitar a &#8216;normativa tipo&#8217; na s\u00faa substituci\u00f3n, sen chegar a cumprir a anterior. Esa nova normativa tipo, proposta pola Xunta, con anos de antig\u00fcidade, e en vixencia por omisi\u00f3n dende ent\u00f3n, d\u00edxose que \u00eda durar s\u00f3 uns poucos meses para ser substitu\u00edda por unha nova normativa da que se chegou a difundir un borrador. Ata hoxe non houbo tal cambio, e a vixente, o mesmo que pasara coa anterior, segue sen ser cumprida en cousas de tan pouca relevancia como a placa identificativa dos establecementos, ou de tanta como a declaraci\u00f3n pedida polos veci\u00f1os de zonas con excesivo nivel de ru\u00eddo, ou a\u00ednda en actuaci\u00f3ns do propio concello, como o aviso por altofalantes de actos diversos. Hai que dicir, que a pesares dese incumprimento, nalg\u00fan dos puntos \u00e9 menos esixente que a que xa hab\u00eda.<br \/>\nA citar que no medio do ano houbo un chamamento polo concello a unha xuntanza entre concello, veci\u00f1os e empresarios, que  comezou sen tomar ningu\u00e9n nota e polo tanto, sen ningunha perspectiva de cumprimento de acordos. Ata hoxe. con todas as faltas de plantexamento que houbo, hai que dicir, non embargantes, que propiciou un pequeno intercambio de pareceres entre empresarios e veci\u00f1os.<br \/>\nO chamado &#8216;noiteb\u00fas&#8217;, subvencionado para traer xente \u00e1 movida, non parece que te\u00f1a grandes consecuencias nos movementos de xente (e polo tanto no ru\u00eddo) nin por desgraza nos accidentes. Si que a poidera ter a medio prazo como consecuencia da facilitaci\u00f3n do consumo en xente que na actualidade non disp\u00f3n de medio de transporte propio.<br \/>\nHoubo informes positivos do concello tendentes a permitir a apertura de locais durante m\u00e1is tempo na noite, feitos a ra\u00edz dunha petici\u00f3n da ACIA e negativos da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os O Tes\u00f3n, do que resultou que os locais s\u00f3 sobrepasaron legalmente o l\u00edmite horario de peche nas festas. De calquera xeito, non deixa de sorprender o informe positivo dado polo concello, que despois de todas as actuaci\u00f3ns de petici\u00f3n veci\u00f1al ou requerimiento legal limitouse a dar o seu placet sin explicaci\u00f3n algunha ata o momento.<br \/>\n\u00d3 xa dito hai que sumar outras cousas, como a ocultaci\u00f3n de datos que resulta da petici\u00f3n de informaci\u00f3n sobre o curso das denuncias realizadas, o que se fixo en varias ocasi\u00f3ns sen resposta ata o momento, como se as houbera comido a terra ou sinxelamente non tiveran sido tramitadas.<br \/>\nDo conxunto de acci\u00f3ns despr\u00e9ndese que non \u00e9 para ma\u00f1\u00e1 que quen ten a responsabilidade po\u00f1a fin \u00f3 ru\u00eddo. Esto ten diversas consecuencias, entre as que se atopan o que, como toda reorganizaci\u00f3n aprazada por motivos pol\u00edticos, \u00e1 hora de facela sexa m\u00e1is traum\u00e1tica e en forma de reconversi\u00f3n, e eso despois de pasar unha degradaci\u00f3n da situaci\u00f3n ou a contribuci\u00f3n \u00f3 mal ambiente e malas pr\u00e1cticas pol\u00edticas en Ribadeo, fomentando o &#8216;todo vale&#8217;.<br \/>\nO concello, que ten responsabilidades sobre o tema, non act\u00faa e por eso foi condenado. Pero a estrutura do concello, \u00f3 igual que a de calquera outra entidade, est\u00e1 levada por persoas. Ter\u00e1n que ser condenadas as persoas?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1.Os ru\u00eddos Despois de anos de datos, 2006 en Ribadeo e en canto \u00f3 ru\u00eddo, foi un ano neutro: nin se pode dicir que aumentara substancialmente nin moito menos que diminu\u00edra o ru\u00eddo nouturno en relaci\u00f3n \u00f3 pasado ano, mant\u00e9ndose este cuatrienio b\u00e1sicamente \u00f3 mesmo nivel de intensidade, pero aumentando o n\u00famero de d\u00edas afectados [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,13,9],"class_list":["post-10426","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10426","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10426"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10426\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10426"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10426"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10426"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}