{"id":10415,"date":"2007-01-08T00:38:00","date_gmt":"2007-01-07T23:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:02:41","modified_gmt":"2024-11-12T15:02:41","slug":"prolongando-entrada-do-da-de-reis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/01\/08\/prolongando-entrada-do-da-de-reis\/","title":{"rendered":"Prolongando a entrada do d\u00eda de reis"},"content":{"rendered":"<p>1.&#8217;Os muros separan m\u00e1is que protexen&#8217;: non sei se de xeito hist\u00f3rico os muros comezaron sendo unha protecci\u00f3n ou unha separaci\u00f3n, porque a concepci\u00f3n de muro actual coido que non se corresponde coa dos habitantes dos castros, por exemplo, e ou moito me equivoco ou daquela estaban feitos para ganar tempo e previr un ataque (e polo tanto disuadir) m\u00e1is que para realmente protexer. \u00e9 certo que separaci\u00f3n e protecci\u00f3n moitas veces van da man, pero as implicaci\u00f3ns para a vida son abondo diferentes. O muro en Mirasol vir\u00eda (segundo te\u00f1o entendido) da querencia de poder comerciar con terceiros pa\u00edses fora da UE, en li\u00f1a coas imposici\u00f3ns USA a ra\u00edz do 11S. Logo, algo que ven da UE, e non sei ata que punto se pode evitar se se quere facer ese comercio. O caso \u00e9 que o paseo continuado do que se falaba non hai moito na casa do concello polo momento queda en entredito, a parte da comunicaic\u00f3n dunha boa zona de Ribadeo coa Veiga (un exemplo, para chegar da Veiga a Pasar\u00f3n y Lastra, haber\u00eda que dar a volta pola r\u00faa Vilalba ou chegar \u00f3 parque e baixar \u00f3 peirao para voltar a subir, e esto no suposto que a cousa non siga adiante co Porcill\u00e1n como ten comentado no post anterior Jos\u00e9 M\u00aa). Non fago o balance de beneficiados e perxudicados, qu\u00e9dome coa perda de liberdade e privatizaci\u00f3n.<br \/>\n2.As barras: antes eran rexa, os tempos cambian e temos unha separaci\u00f3n cunha est\u00e9tica m\u00e1is cos tempos que corren, pero separaci\u00f3n \u00f3 fin, que implica unha segregaci\u00f3n, neste caso, de terreo e liberdade da xente de Ribadeo. Por certo, as verxas entendo que as pagamos todos para beneficio de alg\u00fans.<br \/>\n3.&#8217;A explotaci\u00f3n non procede da presencia de capitalistas privados, sen\u00f3n en xeral da divisi\u00f3n (&#8230;) entre os que deciden todo e os que non fan m\u00e1is que obedecer&#8217;. A palabra explotaci\u00f3n \u00e9 desas t\u00edpicas que var\u00eda de significado dun xeito adaptativo: falamos de explotaci\u00f3n de recursos naturais como proveito para humanidade e de explotaci\u00f3n de man de obra cautiva (escravismo) con sentido moi diferente. Neste caso est\u00e1 clara a referencia \u00e1 explotaci\u00f3n do home polo home, logo algo contra os dereitos humanos, e tam\u00e9n a causa da mesma: a divisi\u00f3n interesada do traballo, con xente que fai de decisor e outra que acepta o decidido. Non vou profundizar agora aqu\u00ed sobre acracia e anarquismo, pero est\u00e1 claro que se aceptamos que todos nacemos libres e cos mesmos dereitos de aprtida, non os debemos deixar perder cando hai xente que nos ningunea, versi\u00f3n moderna da falta de dereitos dos escravos. Nembargantes, dende antigo, foi necesaria unha loita e unha presi\u00f3n cont\u00ednua para facer valer a igualdade na liberdade, algo que alg\u00fans botamos de menos no d\u00eda a d\u00eda actual, e non s\u00f3 en Ribadeo. Te\u00f1o dito m\u00e1is dunha volta no blog que o que non se practica p\u00e9rdese, e se non practicamos o decidir en conxunto sobre o noso futuro, xa sabemos que queda.<br \/>\n4.Algo que non puxen onte de xeito separado foi que o primar cousas como a privatizaci\u00f3n implica o primar \u00f3 individuo e polo tanto, tender a resquebraxar as redes sociais e a xustificar de calquera xeito os dereitos particulares por riba da lei. Entre outras cousas, eso implica m\u00e1is dereito para quen o poda pagar, e menos para quen non poda facer valer o seu propio dereito.<br \/>\nEn fin, catro puntos moi diferentes a pensar, a partir dunha soa li\u00f1a conductora basada en que somos iguais e as diferencias son anecd\u00f3ticas, pero as an\u00e9cdotas aspiran a deixar de selo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1.&#8217;Os muros separan m\u00e1is que protexen&#8217;: non sei se de xeito hist\u00f3rico os muros comezaron sendo unha protecci\u00f3n ou unha separaci\u00f3n, porque a concepci\u00f3n de muro actual coido que non se corresponde coa dos habitantes dos castros, por exemplo, e ou moito me equivoco ou daquela estaban feitos para ganar tempo e previr un ataque [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-10415","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10415","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10415"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10415\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10415"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10415"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10415"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}