{"id":1037,"date":"2024-01-14T16:01:00","date_gmt":"2024-01-14T15:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:11:29","modified_gmt":"2024-10-23T10:11:29","slug":"demasiado-grande-para-deixar-de-comernos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/01\/14\/demasiado-grande-para-deixar-de-comernos\/","title":{"rendered":"Demasiado grande para deixar de comernos"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/comnedo20mundo.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"516\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/comnedo20mundo.png\" class=\"wp-image-1038\" width=\"600\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Composici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_b%C3%B3la_azul\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Marble Blue<\/a> e <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Urinal_mouth.jpg\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Urinal Mouth<\/a>, collidas ambas de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/Portada_galega\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Commons<\/a>, D.P.-NASA e lic. CC BY 2.0, <a href=\"https:\/\/www.flickr.com\/photos\/elsie\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">elsie esq<\/a>.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Demasiado grande para deixar de comernos<\/p>\n<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Despois das celebraci\u00f3ns festivas de Nadal e fin de ano, alg\u00fans teremos comido de m\u00e1is. E, fartos non s\u00f3 de comida, sen\u00f3n tam\u00e9n m\u00fasica de propaganda navide\u00f1a, ou de anuncios de colonias, ou de desexos, de felicitaci\u00f3ns dadas e recibidas, pode que nos reconve\u00f1amos a n\u00f3s mesmos na procura de xustificaci\u00f3ns ou comparaci\u00f3ns, tentado achar algunhas explicaci\u00f3ns sexan de consumo ou de receitas de felicidade. As\u00ed, lembrando o comezo do par\u00e1grafo, &#8216;o comer&#8217;, podemos ligar encherolas a fame noutros lugares, ou, polo contrario, a outras enchentes maiores de diverso tipo. A un tipo destas \u00faltimas, metaforicamente falando, se refire o t\u00edtulo destas verbas. A esas encherolas tan fabulosas que nin se lles chama as\u00ed porque xa sobrepasa o significado da palabra, non hai palabras, hai que inventalas. A &#8216;encherolas&#8217; nas que mesmo n\u00f3s somos prato a engulir.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai un dito na econom\u00eda que nos venden que ven a expresar a idea de que hai empresas a un determinado nivel por exemplo, estatal, que son demasiado grandes, demasiado importantes, con demasiado peso na econom\u00eda correspondente como para deixalas caer, deixalas quebrar, o que ven a traducirse en seguir deixando que nos traben e nos coman como queiran. \u00cda dicir, &#8216;deixalas morrer&#8217;, pero ese \u00e9 un proceso longo, que d\u00e1 tempo \u00e1 substituci\u00f3n, ou mesmo \u00f3 esnaquizado en varias partes. Iso, a\u00ednda que todos eses procesos sexan compatibles co mantemento de axudas ou o parasitismo da sociedade que explotan. Non, estoume a referir a procesos case s\u00fabitos -de a\u00ed o de &#8216;deixalas caer&#8217;, con ca\u00edda como un proceso r\u00e1pido-, que se dan a co\u00f1ecer practicamente de repente. E faise (fano) as\u00ed, porque mentres, no per\u00edodo anterior \u00e1 noticia, os directivos e contables correspondentes, ou os maiores propietarios, dun ou outro xeito gardaron silencio sobre o mal que \u00edan as cousas, ou o descontrol que exist\u00eda, ou o que sexa, eles seguiron benefici\u00e1ndose da situaci\u00f3n, mediante bonificaci\u00f3ns ou protexendo o seu poder.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Poden relacionarse esas situaci\u00f3ns das que falo co t\u00edpico &#8216;privatizar beneficios, socializar perdas&#8217;, co que est\u00e1n ligadas dun xeito evidente, pero nin \u00e9 necesario. O caso \u00e9 que ambas son ideas que beben e viven da mesma fonte. Mant\u00e9n vivas esas ideas unha imaxe que sit\u00faa o privado como mellor que o p\u00fablico; que o comunitario remata sendo malo, funcionando mal e o personalizado e privatizado, bo, cun funcionamento \u00f3ptimo. E que por iso, os dereitos deben ser todos privados. O que ven sendo, privativos de quen pode impo\u00f1elos mentres outra xente se ve privada deles. Por certo, esa imaxe que presenta o p\u00fablico mal e o privado ben, ten exemplos e contraexemplos os que se queira, pois \u00f3 fin tr\u00e1tase de actividades levadas a cabo por humanos, mentres est\u00e1 claro a extensi\u00f3n ou concentraci\u00f3n de beneficios nun ou outro caso, as\u00ed como os intereses que hai detr\u00e1s para que o privativo te\u00f1a boa prensa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como consecuencia, \u00f3 longo do tempo temos<\/span>, a cousa indo do rescate bancario porque os bancos son bos e necesarios, &#8216;e se hai unha debacle bancaria vai ser peor&#8217;, \u00e1s alfombras vermellas a Alcoa para que siga contaminando mentres exporta beneficios e socializa perdas a trav\u00e9s de tarifas el\u00e9ctricas, ou tenta de achegar a lexislaci\u00f3n para o seu propio beneficio. E sempre hai alg\u00fan apoio, comprado ou convencido de diversos xeitos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Por certo, voltando \u00f3 comezo, quen moito come, tam\u00e9n bota moita merda. E non s\u00f3 de xeito metaf\u00f3rico; isto incl\u00fae non s\u00f3 \u00e1s persoas ou \u00f3s animais, sen\u00f3n \u00e1s grandes empresas e \u00e1s consecuencias das s\u00faas acci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Composici\u00f3n de Marble Blue e Urinal Mouth, collidas ambas de Commons, D.P.-NASA e lic. CC BY 2.0, elsie esq. Demasiado grande para deixar de comernos &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Despois das celebraci\u00f3ns festivas de Nadal e fin de ano, alg\u00fans teremos comido de m\u00e1is. E, fartos non s\u00f3 de comida, sen\u00f3n tam\u00e9n m\u00fasica de propaganda navide\u00f1a, ou de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1038,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-1037","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1037","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1037"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1037\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1038"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1037"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1037"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1037"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}