{"id":10327,"date":"2007-03-20T08:29:00","date_gmt":"2007-03-20T07:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:59:29","modified_gmt":"2024-11-12T14:59:29","slug":"perda-de-servizos-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/03\/20\/perda-de-servizos-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"A perda de servizos en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhAjwg51kdvXcxtUrL2Umgnd0wg9hiZatxnlWPcBaS0XhJCYSXI1LddO4VqA-ysOjKC5UlWC2qmC3OElgpMOTdNch2_kzgjOCJ4zyRWiOzVGgKVeolwWiaj2-NIjUC5TreUQKLj3g\/s2048\/Imagen+024+ribadeo.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhAjwg51kdvXcxtUrL2Umgnd0wg9hiZatxnlWPcBaS0XhJCYSXI1LddO4VqA-ysOjKC5UlWC2qmC3OElgpMOTdNch2_kzgjOCJ4zyRWiOzVGgKVeolwWiaj2-NIjUC5TreUQKLj3g\/s2048\/Imagen+024+ribadeo.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nTodos sabemos que Ribadeo ten perdido servizos en favor doutras poboaci\u00f3ns da Mari\u00f1a ou a\u00ednda de Lugo. O caso do xulgado \u00e9 s\u00f3 o m\u00e1is co\u00f1ecido, pero o car\u00e1cter de extremo xeogr\u00e1fico ten levado \u00e1 vila a outras perdas. No \u00e1mbito educativo, dende que o Instituto f\u00f3ra hai m\u00e1is de medio s\u00e9culo un referente en toda a costa dende unhas a outras grandes vilas, ten pasado moito tempo e moita pol\u00edtica. Foi neste \u00e1mbito no que, o mesmo ano no que chamaban a\u00ednda denda a Rioxa para ver as prazas de Sanitaria que hab\u00eda libres no IES Porta da Auga (daquela a\u00ednda non se chamaba as\u00ed), unha manobra dende a capital fixo que se perdera esa rama polo seu traslado a Burela. Pode considerarse l\u00f3xico: al\u00ed hab\u00eda hospital para facer pr\u00e1cticas. Pero, por que ent\u00f3n viu poucos anos antes para o centro ribadense, se o hospital xa estaba en Burela, e por que se foi despois se aqu\u00ed se enviaba a xente para facer pr\u00e1cticas non s\u00f3 a Burela sen\u00f3n tam\u00e9n a Jarrio? que as pr\u00e1cticas se poieran facer en Burela fac\u00eda necesario que os estudantes do noso oriente tiveran que ir \u00e1s aulas perto do hospital, \u00f3 noso occidente? Dende aquela, hai agora m\u00e1is de dez anos, outras perdas de posibilidades se sumaron \u00e1 anterior, e aparece no horizonte unha racionalizaci\u00f3n de servizos de Formaci\u00f3n Profesional que ameaza \u00e1 rama de administrativo no mesmo Porta da Auga. Despois de po\u00f1er por pol\u00edtica IES ata nas aldeas, despois de variar varias veces as normas sobre FP, causa inmediata da partici\u00f3n do centro Porta da Auga en dous na actualidade, despois de malgastar as axudas da Uni\u00f3n Europea que xa se remataron, agora ve\u00f1en e din que hai que racionalizar, e Ribadeo queda de novo ameazado. Onte o Departamento de Administrativo do IES pasou unha carta para a s\u00faa aprobaci\u00f3n a Claustro e Consello Escolar, pero o caso \u00e9 a sociedade ribadense. Viveiro e Burela, os outros dous centros conxuntamente cos que haber\u00eda que &#8216;racionalizar&#8217;, xa levan avantaxe na movida. Veremos en que remata todo este af\u00e1n racionalizador dos poucos recursos existentes na actualidade, e cales son os criterios que se impo\u00f1en para facer algo ben feito. Esperemos que na zona educativa, dibuxada agora entre as tres Mari\u00f1as, \u00e9 dicir, a Mari\u00f1a que nunca debeu de partirse a ese nivel pol\u00edtico, non fagan ir a estudantes de administravio da Pontenova a Viveiro, o que poder\u00eda ocorrer &#8216;legalmente&#8217; pero ser\u00eda inviable e impensable na pr\u00e1ctica, elixindo Lugo con toda naturalidade. M\u00e1is argumentos sair\u00e1n ma\u00f1\u00e1 na prensa, a ra\u00edz da carta que se enviar\u00e1 hoxe \u00f3s medios, pero todos sabemos que a decisi\u00f3n, a\u00ednda que se poda dicir o contrario, \u00e9 pol\u00edtica por unha tradici\u00f3n que non se cambia dun d\u00eda para outro, polo que a resposta, adem\u00e1is de ser racional, ten que ser tam\u00e9n pol\u00edtica.<br \/>\nA notar que hoxe hai outra entrada anterior cun artigo xa vello sobre educaci\u00f3n e o seu sentido&#8230;<br \/>\nA imaxe, dun abandono menor: unha gr\u00faa que leva moito tempo en Obe abandoada perto da v\u00eda do ferrocarril (a foto \u00e9 do 2005 e sigue al\u00ed)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Todos sabemos que Ribadeo ten perdido servizos en favor doutras poboaci\u00f3ns da Mari\u00f1a ou a\u00ednda de Lugo. O caso do xulgado \u00e9 s\u00f3 o m\u00e1is co\u00f1ecido, pero o car\u00e1cter de extremo xeogr\u00e1fico ten levado \u00e1 vila a outras perdas. No \u00e1mbito educativo, dende que o Instituto f\u00f3ra hai m\u00e1is de medio s\u00e9culo un referente en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,93,9],"class_list":["post-10327","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10327","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10327"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10327\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10327"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10327"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10327"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}