{"id":10269,"date":"2007-04-27T07:39:00","date_gmt":"2007-04-27T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:57:29","modified_gmt":"2024-11-12T14:57:29","slug":"o-dito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/04\/27\/o-dito\/","title":{"rendered":"O dito"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBV1JPNa19rhXC5jSZpW2UsemQA1NC6aih95mqTkdgDULws9A4VxylARyR3XWaAb8Wh8JMzreH-PSErMKxDOjaGhbmertCVnwNifOYYtOFplYnAnBgiNOufaArmdMCMU_MbLXdBw\/s2048\/DSCI0007+Ribadeo.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBV1JPNa19rhXC5jSZpW2UsemQA1NC6aih95mqTkdgDULws9A4VxylARyR3XWaAb8Wh8JMzreH-PSErMKxDOjaGhbmertCVnwNifOYYtOFplYnAnBgiNOufaArmdMCMU_MbLXdBw\/s2048\/DSCI0007+Ribadeo.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhXQGc9fMMVvTdDKdbDuH5eDZ-8OYneRJfnP1fffKW4hX3M5WonUgbMtB0yKLrZAfctJ09kyBjxUQlnfV_1_0YVLqGXb8DJGegbpiZAJ10tNOi1nF-egf1nS63jUdbqRxlPxVR0Aw\/s2048\/DSCI0008+Ribadeo.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhXQGc9fMMVvTdDKdbDuH5eDZ-8OYneRJfnP1fffKW4hX3M5WonUgbMtB0yKLrZAfctJ09kyBjxUQlnfV_1_0YVLqGXb8DJGegbpiZAJ10tNOi1nF-egf1nS63jUdbqRxlPxVR0Aw\/s2048\/DSCI0008+Ribadeo.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p>DOG en man, Mirasol con desdoble de v\u00eda p\u00fablica, porque unha xa non ser\u00e1 tan p\u00fablica. Aparecen 1,4M\u20ac para facer o desdoble que nos prive de Mirasol. De calquer xeito, a presi\u00f3n logrou que as verbas do alcalde por esta vez non foran tortas, pois a\u00ednda non se cerraron as portas de Mirasol e en 9 meses estar\u00e1 en marcha o novo vial, se os prazos se cumpren. <\/p>\n<p>E, se non lembro mal, hoxe ter\u00eda que inaugurarse alg\u00fan dos novos viales de Ribadeo, circunvalaci\u00f3n ou autov\u00eda. Estes \u00faltimos d\u00edas estou un pouco apartado do tema, pero coido que fora anunciado para hoxe, venres \u00faltimo de mes, algo de eso, con visita institucional inclu\u00edda de xefe de conseller\u00eda ou ministerio. Aproveito para po\u00f1er algo que espero que saia ma\u00f1\u00e1 na Comarca e que se non saiu antes foi porque por falta de tempo non se deu rematado antes (vamos, parello pero algo menor \u00f3 retraso que sofre a circunvalaci\u00f3n, por exemplo)<\/p>\n<p>Antes do escrito, dicir que hoxe a nova de Ribadeo est\u00e1 en Burela, por unha folga de afecta \u00f3 funcionamento da sa\u00fade p\u00fablica de Ribadeo.<\/p>\n<p>As fotos, de d\u00faas obras, unha en marcha, a da autov\u00eda na ponte dos Santos, e outra, en marcha aparente, pero dende hai case ano e medio igual, no vial que leva \u00f3 faro.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Sobre a estrada de circunvalaci\u00f3n<\/p>\n<p>\u00c9 de esperar que non tarde en ser posta en uso a estrada de circunvalaci\u00f3n a Ribadeo. Non embargantes, a pouco que se te\u00f1a feito un paseo por ela, at\u00f3panse pequenas e non tan pequenas cousas que poder\u00edan ser ama\u00f1adas de xeito r\u00e1pido antes de po\u00f1ela a funcionar e que despois ser\u00e1n m\u00e1is dif\u00edciles de ama\u00f1ar.<\/p>\n<p>Entre elas, podemos citar unhas cantas. Comezando na zona da Vila Vella, atop\u00e1monos que os derradeiros metros da canalizaci\u00f3n do rego que baixa de Obe ten sen rexuntar a pedra. Non \u00e9 dif\u00edcil chegar \u00e1 conclusi\u00f3n de que as\u00ed pouco van durar en b\u00f3 estado. Os \u00faltimos metros do leito sen facer son outro exemplo de que un pouco m\u00e1is de traballo pode evitar que en pouco tempo haxa que ama\u00f1ar cun custe abondo superior. \u00c9 semellante \u00f3 que pasa coa beira cascada da cuneta de formig\u00f3n que vai da ponte en direcci\u00f3n a Ribadeo, fronte \u00e1 antiga f\u00e1brica de alxinatos<\/p>\n<p>O recheo dos taludes que xa sufriron derrumbes f\u00edxose on pedra pero est\u00e1 sen rematar. A s\u00faa zona superior pode dar problemas en pouco tempo se non se remata como \u00e9 debido.<\/p>\n<p>As pontes est\u00e1n feitas con tubos de formig\u00f3n, pero as cabezas dos mesmos quedaron mal encofradas, v\u00e9ndose furados e irregularidades que para ben ser, deberan ser corrixidas, non desprezando tampouco alg\u00fan tubo que est\u00e1 roto na cabeza e co ferro \u00e1 vista, punta de lanza para a corrosi\u00f3n que pode levar a estalar o tubo \u00f3 aumentar de volume o ferro oxidado.<\/p>\n<p>Caso aparte merece o cami\u00f1o que vai a Ove, mal acondicionado na rampa de sa\u00edda a parte da s\u00faa estreitez, ou o cami\u00f1o que sae \u00e1 beira da ponte para Ove, renchido con terra arxilosa e non zahorra ou macad\u00e1n, en firme. A ponte \u00e1 s\u00faa beira estimamos que tampouco queda abondo protexida.<\/p>\n<p>Por outra banda, a ponte sobre a via do tren da carretera a Santa Cruz ten unha zona de aglomerado afundida, cunha profundidade de ata uns 15cm nalg\u00fan punto do trazado, variando o ancho afectado dun punto a outro.<\/p>\n<p>Quedar\u00edan outras cousas pequenas por dicir, como unha farola no entronque pr\u00f3ximo \u00e1 Vila Vella, que queda tapada por unha grande rama de eucalipto, a que a parte de tapala est\u00e1 pr\u00f3xima e con vento e co tempo tocar\u00e1 \u00e1 farola.<\/p>\n<p>Cavilamos que agora \u00e9 o momento de po\u00f1er a soluci\u00f3n a estes pequenos problemas e outros \u00f3s que non chegamos ou non se nos fixeron patentes, tanto porque \u00e9 de supo\u00f1er que a soluci\u00f3n a todos eles este\u00f1a prevista no orzamento (fronte a novos orzamentos necesarios para o seu arranxo m\u00e1is adiante) como pola s\u00faa facilidade \u00f3 facelo agora, cando se ven como m\u00e1is pequenos e doados de solventar que se se deixa pasar o tempo.<\/p>\n<p>\u00d3 tempo que esperamos que alg\u00fan dos problemas anteditos sexa solventado antes de que salla publicado este escrito, coidamos que as expostas son raz\u00f3ns abondas para animar \u00e1s autoridades e \u00f3 director de obra a po\u00f1erse mans \u00e1 masa, facer unha revisi\u00f3n e darlles soluci\u00f3n antes da s\u00faa inauguraci\u00f3n, algo que adem\u00e1is lles corresponde como traballo.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Angel Salvatierra e Antonio Gregorio<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DOG en man, Mirasol con desdoble de v\u00eda p\u00fablica, porque unha xa non ser\u00e1 tan p\u00fablica. Aparecen 1,4M\u20ac para facer o desdoble que nos prive de Mirasol. De calquer xeito, a presi\u00f3n logrou que as verbas do alcalde por esta vez non foran tortas, pois a\u00ednda non se cerraron as portas de Mirasol e en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,24,61,13,120,9],"class_list":["post-10269","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-jose-a-salvatierra-rico","tag-orzamentos","tag-politica","tag-ponte-dos-santos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10269\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}