{"id":10248,"date":"2007-05-07T21:06:00","date_gmt":"2007-05-07T19:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:56:44","modified_gmt":"2024-11-12T14:56:44","slug":"rolda-de-prensa-sobre-o-urbanismo-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/05\/07\/rolda-de-prensa-sobre-o-urbanismo-do\/","title":{"rendered":"Rolda de prensa sobre o urbanismo do alcalde en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Ben, esta tarde Gervasio Cao (ver foto para quen non o identifique) organizou unha rolda de prensa sobre o tema do urbanismo en Ribadeo, particularmente o que se deixa e o que non se deixa facer. Coido que non dixo nada novo, pero o dicilo todo xunto e diante da prensa algunha cousa que circulaba deslavazada, pode que leve o tema diante dos tribunais; m\u00e1is a\u00ednda cando se sumou alg\u00fan medio que ata agora coido estaba ausente do debate, como a TVG.<br \/>\nB\u00e1sicamente, comezou coa historia recente de como se levou o PXOM, o tema a filtraci\u00f3n, os convenios &#8216;\u00e1 carta&#8217; (expresi\u00f3n s\u00faa) o engarce do PEPRI, como se foron sucedento edificios ilegais, &#8230; Cousas que non sonan nada novas, que se poideron seguir na prensa e que se viviron en Ribadeo. Acusou de mentir \u00f3 equipo de goberno e denunciou as d\u00faas caras de Balbino \u00e1 hora de poder constru\u00edr ou non en Ribadeo.<br \/>\nAsegurou que o arquitecto encargado de dese\u00f1ar o derribo da cuberta (feita por Gervasio e que ten unha sentencia dictando que infrinxe a lei, a do edificio do &#8216;Consum&#8217;) nunca vi\u00f1era a Ribadeo, e que non ti\u00f1a que tirala, sen\u00f3n pagar unha multa. Que o tema segue no xulgado (no TSXG) pero que Balbino \u00fasao como unha especie de ariete para dicir que est\u00e1 a actuar de xeito correcto mentras en outros casos deixa pasar o tempo e fai a vista gorda.<br \/>\nNunha comparaci\u00f3n que entend\u00edn moi ben, distinguiu a cara da interpretaci\u00f3n da lei e da sentencia que fai Balbino neste caso aprticular coa completamente contraria (&#8216;a outra cara da moeda&#8217;) que \u00e9 aplicada no caso dos pub, no que se di &#8216;que hai que ter conta de que levan tempo as\u00ed&#8217; e polo tanto hai que ser permisivos co tema do ru\u00eddo e a s\u00faa situaci\u00f3n. (que conste que no caso do urbanismo non se concentran os perxu\u00edzos como no caso do ru\u00eddo)<br \/>\nComparou logo o seu caso con outros da r\u00faa da piscina, Carlos III, S. Francisco&#8230; rematando no caso do edificio da Lodeira que leva xerado xa diversas novas e escritos. Foi ent\u00f3n cando chamou \u00f3 alcalde &#8216;mentiroso compulsivo&#8217;. E \u00e9 este \u00faltimo edificio o que aparece nas fotos, tras ser parado te\u00f3ricamente nos comezos de 2005, baixo acta notarial (escaneado incompleto que se amosa), e na actualidade, para ver as diferencias e que realmente se seguiu a traballar nel.<br \/>\nSegundo Cao, ese edificio est\u00e1 sobre un terreo de Pepe Conde e muller, que na actualidade te\u00f1en feita unha permuta por pisos e dem\u00e1is nel. Este se\u00f1or,polo que parece, foi xefe local do PSOE e na actualidade \u00e9 candidato. Cao tam\u00e9n suxeriu que por a\u00ed pod\u00eda pasar a informaci\u00f3n \/ filtraci\u00f3n do PXOM que houbo a comezos do mandato\/finais do anterior e que xa deu lugar a unha intervenci\u00f3n xudicial, pero que me decatara, non desvelou nada novo sobre o tema.<br \/>\nNembargantes, pese a todo o anterior, rematou dicindo que el non ia meter agora nada no xulgado, que esperaba que actuara a fiscal\u00eda ou os propios veci\u00f1os&#8230; Pode que se referira tam\u00e9n a que se atrevera Balbino a demandalo despois das acusaci\u00f3ns verquidas, pero eso \u00e9 unha interpretaci\u00f3n mi\u00f1a nada m\u00e1is. A cousa promete; na campa\u00f1a electoral p\u00f3dese esperar calquera cousa.<br \/>\nPor certo, no sal\u00f3n, a parte da prensa, de dous membros do tes\u00f3n e un da plataforma, coido que s\u00f3 hab\u00eda membros da candidatura da UPRi, algo que me sorprendeu.<br \/>\nE, despois, Cao coincidiu co alcalde no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/05\/mostra-de-formacn-profesional.html\">acto da mostra<\/a> (s\u00f3 &#8216;coincidiu&#8217;, pero nada m\u00e1is).<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgEUPHYelCMDB-BS6HZU5JqjggnCsqUL5gHmALZ7Wm-IRTjUDYf6aNNgTwuqjQJX4HQD7BIjy9A7Sr-JYiJMMxcgvniLRDHc1wuZ2zyn8lRD4z5vIUtahM69MjJy1i-R-oQogwGDg\/s2048\/0001.jpeg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgEUPHYelCMDB-BS6HZU5JqjggnCsqUL5gHmALZ7Wm-IRTjUDYf6aNNgTwuqjQJX4HQD7BIjy9A7Sr-JYiJMMxcgvniLRDHc1wuZ2zyn8lRD4z5vIUtahM69MjJy1i-R-oQogwGDg\/s2048\/0001.jpeg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjUjayPDR0KP1SAF6K8eldQnb18DC6V_5RbejpOFGaW3TSl1_mJDVS16dBxZ_CGCUCMlN6q0Q05HciyuIYb7XB4aIoU1FBHSND7Fiah1YMW-UncGpzO6Bgs4HZisxLAoLKue_umpg\/s2048\/caofotos.jpeg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjUjayPDR0KP1SAF6K8eldQnb18DC6V_5RbejpOFGaW3TSl1_mJDVS16dBxZ_CGCUCMlN6q0Q05HciyuIYb7XB4aIoU1FBHSND7Fiah1YMW-UncGpzO6Bgs4HZisxLAoLKue_umpg\/s2048\/caofotos.jpeg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhmHg_m1kTDdr4vM0X7gMvgZ_vWQ_6MyGwWbfbcEyP3Jl9qOpuicrRENnWzZip0VDNQAyXJk_QywRxV7PVAq3L_4SMJ8Pte73ujP77ocMkihsm6vTi7aT6COsXDeey8GPVR2LuyyA\/s2048\/DSCI0008+ribadeo.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhmHg_m1kTDdr4vM0X7gMvgZ_vWQ_6MyGwWbfbcEyP3Jl9qOpuicrRENnWzZip0VDNQAyXJk_QywRxV7PVAq3L_4SMJ8Pte73ujP77ocMkihsm6vTi7aT6COsXDeey8GPVR2LuyyA\/s2048\/DSCI0008+ribadeo.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhmhfKL6aUwgtYOv01-FOZ_dWqW-hIqSzQNHqOqcQZ8_TVsT1iJbMUEUATflWEiz6U3GUMwzeub_kka1e8F_dPwxxZAGiL0pmL4OCN7FBWlEoXj9cfENsK2xegCKqJS9o1aFWA3Xg\/s2048\/DSCI0007+cao+rolda+prensa.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhmhfKL6aUwgtYOv01-FOZ_dWqW-hIqSzQNHqOqcQZ8_TVsT1iJbMUEUATflWEiz6U3GUMwzeub_kka1e8F_dPwxxZAGiL0pmL4OCN7FBWlEoXj9cfENsK2xegCKqJS9o1aFWA3Xg\/s2048\/DSCI0007+cao+rolda+prensa.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben, esta tarde Gervasio Cao (ver foto para quen non o identifique) organizou unha rolda de prensa sobre o tema do urbanismo en Ribadeo, particularmente o que se deixa e o que non se deixa facer. Coido que non dixo nada novo, pero o dicilo todo xunto e diante da prensa algunha cousa que circulaba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,93,26,13,9],"class_list":["post-10248","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-fotos-ribadeo","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10248","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10248"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10248\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10248"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10248"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10248"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}