{"id":10228,"date":"2007-05-16T07:39:00","date_gmt":"2007-05-16T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:55:59","modified_gmt":"2024-11-12T14:55:59","slug":"dica-azaa-unha-embranza-para-tempos-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/05\/16\/dica-azaa-unha-embranza-para-tempos-de\/","title":{"rendered":"Dic\u00eda Aza\u00f1a&#8230; unha lembranza para tempos de elecci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p>Pois eso, atopei nun artigo de Caballero Bonald (<a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/sociedad\/Reclamar\/libertad\/elpepisoc\/20070510elpepisoc_16\/Tes\">&#8216;Reclamar la libertad&#8217;<\/a>, pero ai! neces\u00edtase ser de pago para velo agora en li\u00f1a&#8230;) varias citas, unha delas de Aza\u00f1a: &#8220;A liberdade non fai felices \u00f3s homes; f\u00e1inos sinxelamente homes.&#8221; porque \u00e9 un atributo de humanidade.<br \/>\nNon sei moi ben como casar unhas verbas que me lembraron un aspecto crucial da humanidade co que est\u00e1 a ocorrer estes d\u00edas en Ribadeo, A Mari\u00f1a e todo o estado, \u00e9 dicir, a desinformaci\u00f3n electoral diversa v\u00eda mitines e dem\u00e1is, pois parece que se quere dirixir a liberdade en troques de aproveitala para estudar posibilidades de mellora com\u00fan. Coido que me quedo demasiado curto cando uso a verba &#8216;dirixir&#8217;.<br \/>\nA que me refiro? Onte nos xornais lembr\u00e1base nunha foto a primeira pedra do tramo Ribadeo &#8211; As Catedrais da autostrada, por Cascos e Fraga, xusto antes doutras elecci\u00f3ns. Naquel momento habilitouse unha fonte e p\u00faxose a pedra. Da pedra non podo dicir que siga no seu sitio no alto dos pinos. Da fonte acompa\u00f1ante no acto, xa din conta con anterioridade, pois alomenos ata hai ben poucos d\u00edas ti\u00f1a desaparecido, substitu\u00edda por unha billa de obra. E agora son xente do PP quen lembra o tema da primeira pedra (despois do que pasou un tempo sen obras) e un grupo de socialistas ribadenses quen fan a primeira viaxe coa autostrada aberta (a lembrar que hai quen xa o fixo hai alg\u00fan tempo, pero sen ter establecido o tr\u00e1fego, como se pod\u00eda ver de cando en vez \u00f3 pasar pola estrada N634). Ben, que podemos sacar de todo esto? Pois algo certo: que as obras fix\u00e9ronse cos cartos de todos, e que varios gobernos participaron en que non se tiveran rematadas antes (a lembrar que estaba previsto que a autov\u00eda estivera rematada por completo preto destas datas). Coido que lembrar as responsbilidades &#8216;positivas&#8217; e non facerse cargo das &#8216;negativas&#8217;, mesmo das &#8216;irresponsabilidades&#8217;, non \u00e9 nin \u00e9tico, nin dicir a verdade, nin praticar a xustiza. \u00c9 dicir, a m\u00e1quina electoral parece ser, m\u00e1is que algo democr\u00e1tico, algo antidemocr\u00e1tico.<br \/>\nDespois do anterior, varias precisi\u00f3ns. A primeira, a conto dun <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/05\/mia-quiniela-para-ribadeo-as-apostas.html\">post de onte<\/a>, parece que houbo xente que considerou que eu, \u00f3 dicir a &#8216;quiniela&#8217; electoral, tentaba de po\u00f1er a cousa o mellor posible para os hipot\u00e9ticos &#8216;meus&#8217;, hinchando a s\u00faa conta. Equiv\u00f3canse de cabo a rabo. \u00c9 m\u00e1is, estiven dubidando e \u00f3 fin decid\u00ednme por asignarlles o &#8216;\u00faltimo&#8217; conselleiro a quen pode que me sexa menos af\u00edn (e o de afinidade \u00e9 un dicir) entre tres dos grupos.<br \/>\nAs outras d\u00faas son frases tomadas do mesmo artigo citado en principio, do &#8216;El Pa\u00eds&#8217; de hai seis d\u00edas, e referentes \u00e1 educaci\u00f3n en relaci\u00f3n coa sociedade. A primeira, atribu\u00edda por Caballero Bonald a Ortega y Gasset, di &#8220;sempre que ensines, ensina tam\u00e9n a dubidar do que ensinas&#8221;. Na ciencia \u00e9 unha postura amplamente estendida, pero non sab\u00eda da cita de Ortega, aplicada a outros temas. A \u00faltima \u00e9 do propio articulista, CB, &#8220;Todo o que se considera verdadeiramente libre sabe tam\u00e9n que nunca poder\u00e1 deixar de selo, que as s\u00faas facultades -a\u00ednda que s\u00f3 sexa nun pano te\u00f3rico- son m\u00e1is poderosas que as dos seus adversarios: converteuse en algu\u00e9n capaz de desenvolver sen trabas o seu propio pensamento. E \u00f3 pensamento non se lle pode dobregar.&#8221; Verbas esperanzadoras dun futuro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pois eso, atopei nun artigo de Caballero Bonald (&#8216;Reclamar la libertad&#8217;, pero ai! neces\u00edtase ser de pago para velo agora en li\u00f1a&#8230;) varias citas, unha delas de Aza\u00f1a: &#8220;A liberdade non fai felices \u00f3s homes; f\u00e1inos sinxelamente homes.&#8221; porque \u00e9 un atributo de humanidade. Non sei moi ben como casar unhas verbas que me lembraron [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,32,13,9],"class_list":["post-10228","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10228","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10228"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10228\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10228"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10228"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10228"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}