{"id":10203,"date":"2007-05-29T07:42:00","date_gmt":"2007-05-29T05:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:55:06","modified_gmt":"2024-11-12T14:55:06","slug":"agora-si-xornada-de-reflexin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/05\/29\/agora-si-xornada-de-reflexin\/","title":{"rendered":"Agora si, xornada de reflexi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Onte foi unha xornada truncada. Un accidente mortal para os tres triplantes dunha lancha de pesca burelesa \u00e1 beira da illa Pancha determinou que os resultados electorais tiveran que esperar para ser comentados: primeiro, a vida; logo, o comentario sobre ela.<br \/>\nA victoria do BNG en Ribadeo contrasta co mantemento da porcentaxe pero con ca\u00edda de votos a nivel Galicia, en donde foi o PSOE o que subiu tanto en porcentaxe como en votos e o PP quen baixou en ambos. \u00c9 dicir, estase a fraguar un cambio de partido dominante despois de moitos anos de prevalecer o PP. Desta, perdeu a Deputaci\u00f3n de Lugo (polos previsibles pactos BNG-PSOE) e a normalidade da existencia de tres partidos en igualdade de condici\u00f3ns vai calando \u00f3 longo de toda Galicia. A nivel estatal, empate t\u00e9cnico cun pouco de ma\u00eds votos para un e de porcentaxe en alcald\u00edas para o outro, a parte dos votos para partidos de car\u00e1cter ma\u00eds local e os de IU.<br \/>\nVoltando a Ribadeo, os ventos de cambio est\u00e1n claros \u00f3 ver que os votos PP+UPRi quedan m\u00e1is de 700 por baixo dos do BNG+PSOE&#8230; pero hai que contar que nas pasadas municipais a relaci\u00f3n era semellante. Seguir\u00eda a perder votos o PP se non chega a ser pola UPRi? Ter\u00edan ido m\u00e1is votos tano do PP como do PSOE para o BNG no caso de non existir a UPRi? O novo partido queda sen ver cumpridas as s\u00faas aspiraci\u00f3ns de bisagra, co que \u00f3 tempo desencadea novas preguntas: a primeira \u00e9 se poder\u00e1 aguantar ben para proseguir a andaina m\u00e1is al\u00f3 das pr\u00f3ximas municipais, pois os partidos locais te\u00f1en dificultades en abranguer longos per\u00edodos en activo, e o BNG acadou resultados hist\u00f3ricos e o PP, tam\u00e9n.<br \/>\nDise que o BNG onde ga\u00f1ou foi no campo, e non na vila. Eso din os n\u00fameros, pero, que representa? atrever\u00edame con varias hip\u00f3teses, pero ningunha que poida confirmar direitamente. O que si se pode confirmar \u00e9 o xa dito de que o movemento do BNG en Ribadeo foi contra corrente nestas municipais. E que hai \u00e1nimo de cambio, tanto pola existencia dun novo partido no consistorio como polo reco\u00f1ecemento de que te\u00f1en que cambiar na xente do PP ou pola ilusi\u00f3n que se respira na xente do BNG. Non ocorre o mesmo no PSOE, onde parece que non se explican moi ben a perda e a achacan a erros de comunicaci\u00f3n, e onde o segundo das pasadas elecci\u00f3ns quedou sen praza nestas despois de ser retirado \u00f3 cuarto posto. Por eso, as cousas que indican cambio quedan en suspenso pois est\u00e1 claro que o BNG ter\u00e1 que pactar para poder ter a alcald\u00eda sen estar exposto de xeito cont\u00ednuo, e o seu socio natural \u00e9o PSOE, como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/05\/resultados-eleccins-municipais-2007-en_28.html\">xa dixen onte<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte foi unha xornada truncada. Un accidente mortal para os tres triplantes dunha lancha de pesca burelesa \u00e1 beira da illa Pancha determinou que os resultados electorais tiveran que esperar para ser comentados: primeiro, a vida; logo, o comentario sobre ela. A victoria do BNG en Ribadeo contrasta co mantemento da porcentaxe pero con ca\u00edda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-10203","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10203","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10203"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10203\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10203"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10203"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10203"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}