{"id":10164,"date":"2007-06-20T09:31:00","date_gmt":"2007-06-20T07:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:53:46","modified_gmt":"2024-11-12T14:53:46","slug":"segunda-de-hoxe-unha-para-ma-concerto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/06\/20\/segunda-de-hoxe-unha-para-ma-concerto\/","title":{"rendered":"Segunda de hoxe, unha para ma\u00f1\u00e1: concerto."},"content":{"rendered":"<p>Paso unha nota de prensa que remato de recibir sobre o concerto did\u00e1ctico:<br \/>\n&#8212;<br \/>\nA Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo celebra un concerto did\u00e1ctico no CEIP Gregorio Sanz<br \/>\nA actividade enm\u00e1rcase nos actos de celebraci\u00f3n do final de curso do centro<\/p>\n<p>Ribadeo, 21 xu\u00f1o. A Orquestra Sinf\u00f3nica Xuvenil da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrar\u00e1 hoxe xoves, d\u00eda 21 de xu\u00f1o de 2007, \u00e1s 12.15 horas, un concerto did\u00e1ctico no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo. At\u00e9 o centro educativo vanse desprazar arredor de medio cento de alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo, de moi diferentes idades, co obxectivo de achegar o mundo da m\u00fasica aos m\u00e1is cativos.<br \/>\nSegundo sinalou o director do centro, Louren\u00e7o Cruz, \u201ctr\u00e1tase de familiarizar ao p\u00fablico de menor idade coa m\u00fasica cl\u00e1sica, un x\u00e9nero ao que moitas veces non est\u00e1n moi acostumados\u201d. O respons\u00e1bel da EMMeD de Ribadeo sinalou que o caso da vila ribadense \u00e9 peculiar pois \u201ccontamos con case trescentos matriculados e matriculadas na Escola e boa parte deles son persoas de curta idade, o que indica unha tradici\u00f3n musical importante, a\u00ednda que fica moito por facer\u201d. Louren\u00e7o Cruz mostrou o seu asombro pola \u201cescaseza de actividades musicais coma de hoxe\u201d que se levan a cabo na comarca e sinalou que \u201cen boa parte de Europa concertos deste tipo forman parte de xeito est\u00e1bel da programaci\u00f3n educativa dos centros\u201d. \u201cQueremos conseguir que durante o pr\u00f3ximo curso, a celebraci\u00f3n dun concerto did\u00e1ctico xa non sexa unha novidade no noso d\u00eda a d\u00eda dentro da Escola\u201d, sentenciou.<br \/>\nO concerto vaise dividir estrut\u00farase en tres partes: a primeira delas sirve como presentaci\u00f3n da formaci\u00f3n e da actividade as\u00ed como do traballo que se leva a cabo nunha formaci\u00f3n musical de cara a preparaci\u00f3n do concerto; a segunda parte consta dunha presentaci\u00f3n das diferentes familias instrumentais que compo\u00f1en a orquestra as\u00ed como da s\u00faa sonoridade; e na parte final t\u00f3calles o turno aos propios alumnos e alumnas do centro que van ter a posibilidade de probar os instrumentos que compo\u00f1en a orquestra. Como eixe destas tres partes a orquestra vai interpretar fragmentos de co\u00f1ecidas bandas sonoras de filmes e series de televisi\u00f3n, caso de Os picapedra, Os Simpson ou A bela e a besta.<br \/>\nLouren\u00e7o Cruz mostrou o seu \u201cm\u00e1is profundo agradecemento\u201d tanto aos profesores e profesoras do centro como \u00e1 s\u00faa equipa directiva por ser receptivos ante unha actividade que calificou como \u201cmoi enriquecedora para os nenos e nenas\u201d.<br \/>\n&#8212;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paso unha nota de prensa que remato de recibir sobre o concerto did\u00e1ctico: &#8212; A Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo celebra un concerto did\u00e1ctico no CEIP Gregorio Sanz A actividade enm\u00e1rcase nos actos de celebraci\u00f3n do final de curso do centro Ribadeo, 21 xu\u00f1o. A Orquestra Sinf\u00f3nica Xuvenil da Escola Municipal de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[23],"class_list":["post-10164","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10164","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10164"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10164\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10164"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10164"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10164"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}