{"id":10161,"date":"2007-06-23T10:59:00","date_gmt":"2007-06-23T08:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:53:34","modified_gmt":"2024-11-12T14:53:34","slug":"latexos-do-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/06\/23\/latexos-do-mundo\/","title":{"rendered":"Latexos do mundo"},"content":{"rendered":"<p>Deixo a convocatoria dun pleno para m\u00e9rcores para a constituci\u00f3n do goberno e asignaci\u00f3n de soldo \u00f3 alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a d\u00faas voces que tivo lugar onte en Lugo. Ref\u00edrome \u00e1 correspondente \u00f3 ciclo &#8216;Latexos do mundo&#8217;, impartida por Ignacio Ramonet e Ram\u00f3n Chao sobre os problemas sociopol\u00edticos a nivel mundial. Foron introducidos polo alcalde de Lugo e Carmen Carballo, do Centro Internacional de Prensa.<br \/>\nVarios datos antes de comezar: participaban o C.I.P., a Xunta, Le Monde Diplomatique (ambos son respectivamente director e colaborador do mesmo) e Caixa Galicia. A Xunta, por partida dobre, pois entendo que o &#8216;Club&#8217; ten relaci\u00f3ns moi fortes con aquela. Ramonet naceu en Redondela e \u00e9 semi\u00f3logo, Chao, en Vilalba e \u00f3s 10 anos deu un concerto de piano no &#8216;C\u00edrculo das Artes&#8217; de Lugo e logo foi escritor e diversas cousas, entre elas, m\u00fasico medio frustrado. O sal\u00f3n da Caixa en Lugo estaba atestado, con m\u00e1is xente nos corredores de p\u00e9 ou sentada que nas cadeiras. A conferencia tivo tres partes, estando as d\u00faas primeiras a cargo de Ramonet (que tam\u00e9n directivo de ATTAC) e a \u00faltima \u00e1 de Chao.<br \/>\nPlanteouse un esquema no sentido de que no mundo est\u00e1n a xogarse como tres partidas de xadrez de xeito simult\u00e1neo.<br \/>\nA primeira corresponde \u00e1 guerra. \u00c9 a que da informaci\u00f3n carnaza \u00e1 prensa. Tradicionalmente os actores neste campo foron os estados, cunha hiperpotencia na actualidade, os EEUU que ten un orzamento de defensa maior que a suma dos dez pa\u00edses seguintes en gasto. Na actualidade a caracter\u00edstica \u00e9 que non hai moitos conflitos relativamente, pero os que existen est\u00e1n concentrados nun &#8216;foco perturbador&#8217; capaz de irradiar. Tampouco hai conflitos interestatais, sen\u00f3n entre estados e organizaci\u00f3ns non estatais, e nos que os primeiros non te\u00f1en trazas de vitoria, cando non est\u00e1n sendo derrotados sen paliativos. A focalizaci\u00f3n de conflitos nunha zona ten unha perspectiva principal: o control enerx\u00e9tico, cun horizonte de fin do petr\u00f3leo. Este \u00e9 o horizonte, xunto coa emerxencia de enerx\u00edas de substituci\u00f3n en panais (e que interfiren na producci\u00f3n da enerx\u00eda necesaria, no tratar unha diminuci\u00f3n do consumo, na emerxencia de novas tecnolox\u00edas, &#8230;)  que est\u00e1n querendo ser evitadas por alg\u00fans poderes para impedir un cambio de estilo\/modelo de vida, mentras de a tradicional do petr\u00f3leo est\u00e1 inmersa no problema medioambiental que sofre o mundo e que \u00e9 un problema transversal \u00f3s tres &#8216;taboeiros&#8217;. Por outra parte, o foco perturbador ten unha relaci\u00f3n forte co islam, tras a pr\u00e1ctica eliminaci\u00f3n da doutrina marxista e dos movementos guerrilleiros do s\u00e9culo pasado na actual loita. Outro factor relacionado ten un foco secundario en Asia do Norleste pola nuclearizaci\u00f3n, a partir do feito de que na zona quente xa hai moitas partes implicadas coa arma nuclear, comezando por EEUU  ou o Reino Unido. Un dato para pensar: afirmouse que en caso de escalada, o Xap\u00f3n poder\u00eda contar coa arma cuclear en un tempo tan curto como varias semanas.<br \/>\nO segundo taboeiro \u00e9 o da globalizaci\u00f3n, como expresi\u00f3n da fase actual do capitalismo e que representa unha especie de guerra de mercado contra estado. Sendo un enfrontamento de tipo econ\u00f3mico, os actores principais son as empresas, e \u00e9 un fen\u00f3meno que caracteriza a nosa \u00e9poca, implicando un cambio na configuraci\u00f3n dos poderes a partir da libre circulaci\u00f3n dos capitais, e establecendo unha xerarqu\u00eda de poderes Financieiro &#8211; medi\u00e1tico &#8211; pol\u00edtico, no que este \u00faltimo ser\u00eda o escal\u00f3n m\u00e1is baixo. Este fen\u00f3meno manif\u00e9stase a traverso de diversas interacci\u00f3ns \u00f3 estilo dun cancro (a met\u00e1fora \u00e9 mi\u00f1a), e as\u00ed, t\u00e9ntase asemellar\/tratar o estado a unha empresa, inculcar que a sociedade non existe, sen\u00f3n s\u00f3 individuos que adem\u00e1is son egoistas (\u00f3 non ter o soporte social), &#8230; Dun xeito reduccionista, o enfrontamento ser\u00eda entre globalizadores (empresas) e globalizados (cidad\u00e1ns), no que as primeiras, que van ga\u00f1ando a partida, ir\u00edan aumentando o seu espazo de xogo (o mercado) a costa do estado.<br \/>\nChao pasou \u00f3 conflito pobres &#8211; ricos, (&#8216;pobre mundo rico&#8217;), o que denominou a guerra contra os pobres, cuxo comezo tivo lugar co sedentarismo (coido que antes non hab\u00eda posibilidade de desenvolvemento grande de posesi\u00f3ns \u00f3 non poder transportalas) e cuxas primeiras expresi\u00f3ns pr\u00e1ticas foron a antropofaxia e, co descobrimento do valor econ\u00f3mico da forza de traballo, a escravitude. As consecuencias dese descobrimento econ\u00f3mico est\u00e9ndense ata a actualidade, e as\u00ed, en tres \u015beculos, 80M de africanos foron feitos escravos (os m\u00e1is v\u00e1lidos, resistentes, &#8230;) e masacrados (as s\u00faas familias, mulleres, &#8230;) o que poder\u00eda explicar o atraso que a\u00ednda na actualidade sofre o continente. A sociedade tivo diversas disposici\u00f3ns \u00f3 longo do tempo, e as\u00ed podemos atoparnos con actitudes curiosas como coa igrexa recomendando que non se maltratara in\u00fatilmente \u00f3s escravos. O comezo do derrubio do sistema estivo na industrialziaci\u00f3n, na que as necesidades da forza de traballo variaron, e a falta de necesidade tivo tam\u00e9n consecuencias na vitoria relativa das revoltas, como a de Hait\u00ed, que liberalizaron legalmente as presoas escravizadas, comezando outro tipo de xugo coa emigradi\u00f3n e a colonizaci\u00f3n, transmutando escravos en obreiros con condici\u00f3ns diversas. A intervenci\u00f3n de Chao, abondo m\u00e1is desestruturada, ca\u00f3tica e sentimental que a de Ramonet (e que polo tanto esixe do &#8216;resumidor&#8217; unha maior intervenci\u00f3n\/interpretaci\u00f3n), deixou caer sobre todo unha serie de pinceladas, como que agora \u00e9 a dereita a que asume o vello ideal anarquista de non-estado, destru\u00edndo as s\u00faas capacidades e deix\u00e1ndoo reducido \u00e1 m\u00ednima expresi\u00f3n. Rematou co interese polos pobres como fonte de negocio (\u00f3 estilo do cambio de antropofaxia \u00e1 escravitude), pois se 4000M de persoas te\u00f1en que subsistir con 1$\/d\u00eda, eso representa para as empresas un posible volume de negocio de 4000M$\/d\u00eda&#8230;<br \/>\nBreves sobre o final:<br \/>\nAs preguntas tiveon que ser cortadas &#8230; por peche do local \u00e1s 10 da noite, co que houbo unha acumulaci\u00f3n dunhas cantas e logo a intervenci\u00f3n dos conferenciantes tam\u00e9n agrupada. Non aportaron moito novo e tiveron un punto de pol\u00e9mica nun momento no que se estaba a falar de Hugo Chavez e a &#8216;revoluci\u00f3n bolivariana&#8217; e interrupiron d\u00faas mulleres con intereses relacionados con Venezuela (prefiro non resumir para non facelo a costa da imparcialidade).<br \/>\nEn relaci\u00f3n \u00e1 revoluci\u00f3n bolivariana e a cubana, unha cita de Jos\u00e9 Mart\u00ed: un pobo culto \u00e9 moi dif\u00edcil de enganar.<br \/>\nUnha pregunta que se me quedou no tinteiro pola limitaci\u00f3n citada: os escravos desapareceron oficialmente cando deixaron de ser necesarios. Os traballadores est\u00e1n deixando de selo&#8230;<br \/>\nUnha lembranza dun libro de Fred Hoyle. O seu t\u00edtulo: enerx\u00eda ou extinci\u00f3n. O subt\u00edtulo: en defensa de la energ\u00eda nuclear. (hai unha xa vella edici\u00f3n en castel\u00e1n).<br \/>\nCita. &#8216;Desde que el hobre se ha convertido en sedentario no ha habido democracia, sino explotaci\u00f3n&#8217;.<br \/>\nUnha resposta t\u00edpica do poder pol\u00edtico, negada por feitos: non se pode ir contra a globalizaci\u00f3n.<br \/>\nIdea de Am\u00e9rica Latina como zona do mundo onde hoxe est\u00e1 primando a esperanza (fronte a un desencanto xeral)<br \/>\n&#8230; e remato cunha cita de Gramsci que tam\u00e9n se dixo al\u00ed en relaci\u00f3n \u00e1 victoria de Sarkozy en Francia: &#8216;primeiro hai que ga\u00f1ar a batalla das ideas e logo, as elecci\u00f3ns&#8217;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo a convocatoria dun pleno para m\u00e9rcores para a constituci\u00f3n do goberno e asignaci\u00f3n de soldo \u00f3 alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a d\u00faas voces que tivo lugar onte en Lugo. Ref\u00edrome \u00e1 correspondente \u00f3 ciclo &#8216;Latexos do mundo&#8217;, impartida por Ignacio Ramonet e Ram\u00f3n Chao sobre [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,26,13,9],"class_list":["post-10161","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10161","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10161"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10161\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10161"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10161"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10161"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}