{"id":10095,"date":"2007-07-26T00:01:00","date_gmt":"2007-07-25T22:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:51:26","modified_gmt":"2024-11-12T14:51:26","slug":"nmeros-mar-112","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/07\/26\/nmeros-mar-112\/","title":{"rendered":"N\u00fameros (mar 112)"},"content":{"rendered":"<p>N\u00fameros, un artigo que coido que non foi publicado, escrito no inverno do 1999.<br \/>\nEstamos flotando nun mar de n\u00fameros. \u00c9 curioso: hai xente que os usa, xente que os manipula e tam\u00e9n quen que se afoga neles. Non \u00e9 de temer unha interpretaci\u00f3n demasiado literal. Hai profesi\u00f3ns, por non dicir toda a sociedade (tal como est\u00e1 estruturada hoxe) que dependen do seu uso.<br \/>\nPor outra parte, xente que se afoga neles tam\u00e9n a co\u00f1ecemos todos; pode que sexamos n\u00f3s mesmos propensos a cair como v\u00edtimas e sentirnos impotentes ante a s\u00faa presencia, ben por abundancia deles ou pola magnitude que representan: os que te\u00f1amos que manexar para facer unha declaraci\u00f3n da renda ou a cifra mareante do presuposto dos Estados Unidos, por po\u00f1er como exemplo dous temas econ\u00f3micos.<br \/>\nTam\u00e9n houbo sempre xente que os manipula, vari\u00e1ndoos para os seus propios fins. O resultado de calquera eleci\u00f3n, no que t\u00f3dolos partidos se proclamas victoriosos dalg\u00fan xeito \u00e9 unha boa mostra. Aprov\u00e9itase a subida en escanos, a subida porcentual no conxunto de votantes, a pouca merma nuns momentos que se supo\u00f1\u00edan dif\u00edciles para o partido, ou&#8230; calquera asideiro que te\u00f1a unha m\u00ednima base num\u00e9rica \u00e9 b\u00f3. A\u00ednda asi, chama a atenci\u00f3n a manipulaci\u00f3n inconsciente que se fai deles \u00e1s veces, e que provoca un engano na xente que recibe esa informaci\u00f3n manipulada, que, como tal \u00e9 tam\u00e9n inconsciente. Uns cantos casos como mostra.<br \/>\nFai poucos d\u00edas, un xornal tra\u00eda informaci\u00f3n referente \u00e1 inflaci\u00f3n. As cifras, Galicia, 0,2%; Espa\u00f1a, 0,1%. O coment\u00e1rio inclu\u00eda que  a subida de precios en Galicia \u00e9 dobre que no conxunto do estado. Agora vexamos un contexto posible: o mes anterior (\u00f3 que se refer\u00eda de xeito \u00fanico dita estat\u00edstica) a inflaci\u00f3n de Galicia foi algo maior que a espa\u00f1ola, polo que as cifras, que ben puideran ser respectivamente 0,148 e 0,152, foron aproximadas a 0,1 e 0,2, seguindo as normas aceptadas de xeito com\u00fan. Polo tanto, a pesar de ser semellantes, apart\u00e1ndose unha da outra en menos do 3%, aparecen como se estiveran na relaci\u00f3n de dous a un. Ademais, ser\u00edan aproximados \u00f3s mesmos n\u00fameros se, por contra, as cifras orixinais foran 0,056 e 0,24, co que a relaci\u00f3n real entre as inflacci\u00f3ns ser\u00eda de un factor superior a catro. Cal era a realidade? Da noticia non se infer\u00eda m\u00e1is: A relaci\u00f3n entre as inflaci\u00f3ns pode estar entre a similitude ou un factor pr\u00f3ximo a cinco.<br \/>\nPor se o anterior fora pouco, a\u00ednda que saquemos os n\u00fameros mencionados dos citados contextos, \u00f3 ser estat\u00edsticas tomadas sobre unha parte da poboaci\u00f3n, te\u00f1en un erro de realizaci\u00f3n (que non estaba indicado). Dito erro \u00e9 maior se a poboaci\u00f3n estat\u00edstica \u00e9 menor. O resultado: non ser\u00eda extra\u00f1o que na realidade dese mes a inflaci\u00f3n en Galicia estivera por baixo da espa\u00f1ola en xeral, a\u00ednda sendo en principio a cifra obtida na enquisa para Espa\u00f1a (debido \u00f3 propio m\u00e9todo de realizaci\u00f3n da recopilaci\u00f3n de datos) bastante m\u00e1is exacta que a referente a Galicia.<br \/>\nO caso anterior non \u00e9 \u00fanico; pode que tampouco dos m\u00e1is representativos. Fai pouco, por televisi\u00f3n pod\u00eda verse un anuncio no que se amosaba a dous amigos, sentados arredor dunha botella, e un explicaba \u00f3 outro que estaba medio chea, ou ben medio vac\u00eda ou a\u00ednda que \u00e1s veces medio chea e outras medio vac\u00eda. O resultado claro, a parte de chamar a atenci\u00f3n sobre a botella, \u00e9 que poden dicirse con igual verdade ambas cousas. A interpretaci\u00f3n que se da do feito, en cambio, \u00e9 diferente.<br \/>\nO caso das medias estat\u00edsticas \u00e1s veces clama \u00f3 ceo. Non \u00e9 o primeiro gr\u00e1fico no que se chama a atenci\u00f3n de que temos unha renda por habitante do orde de 12000 euros. Se divido o que gano entre os membros da mi\u00f1a familia non me saen as contas. Nin a min nin a m\u00e1is das tres cuartas partes da poboaci\u00f3n. Motivo? Unha persoa que gana cen mill\u00f3ns de pesetas \u00f3 ano (que segundo parece as hai), vale estat\u00edsticamente para a renda como un total de 50 persoas sen un can, que ser\u00eda por termo medio o n\u00famero entre o que tocar\u00eda repartir eses cen mill\u00f3ns. S\u00e1enche a ti as contas?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>N\u00fameros, un artigo que coido que non foi publicado, escrito no inverno do 1999. Estamos flotando nun mar de n\u00fameros. \u00c9 curioso: hai xente que os usa, xente que os manipula e tam\u00e9n quen que se afoga neles. Non \u00e9 de temer unha interpretaci\u00f3n demasiado literal. Hai profesi\u00f3ns, por non dicir toda a sociedade (tal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,13,9],"class_list":["post-10095","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10095","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10095"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10095\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10095"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10095"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10095"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}