{"id":10067,"date":"2007-08-05T10:55:00","date_gmt":"2007-08-05T08:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:50:31","modified_gmt":"2024-11-12T14:50:31","slug":"sentido-nico-nico-sentido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/08\/05\/sentido-nico-nico-sentido\/","title":{"rendered":"Sentido \u00fanico, \u00fanico sentido?"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg5m9x1Qynq7a9TqP0ZMcuJSpCnySpmNBOtBL2H8b-3t6m4qRSCRMaC2CZcrft0TfAfRJgufnaTE8VHiLo8FNGhj9bfxevSfAEXJrblRVULlpH-pQATwvxGLPS4AowbCQnla9K02A\/s2048\/Augas+Santas.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg5m9x1Qynq7a9TqP0ZMcuJSpCnySpmNBOtBL2H8b-3t6m4qRSCRMaC2CZcrft0TfAfRJgufnaTE8VHiLo8FNGhj9bfxevSfAEXJrblRVULlpH-pQATwvxGLPS4AowbCQnla9K02A\/s2048\/Augas+Santas.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foron declaraci\u00f3ns desta semana: A estrada de Augas Santas (\u00e9 dicir, do que tur\u00edsticamente se chama &#8216;As Catedrais&#8217;) ter\u00e1 sentido \u00fanico. A Xunta de Seguridade Local acordouno. e xa est\u00e1 pedido. A raz\u00f3n, os embotellamentos. A raz\u00f3n \u00faltima, favorecer o turismo. E as\u00ed, unha praia de beleza sin par pasa a ser un obxecto de multitudes. Todos sabemos que para ba\u00f1arse non \u00e9 grande cousa en relaci\u00f3n con outras. E tam\u00e9n sabemos que por a\u00ed hai terras que para mantelas, se se pon un \u00fanico sentido, quenes as leven ter\u00e1n que dar unha volta. Non embargantes, pensouse en facer unha excepci\u00f3n provisional para o camping. \u00c9 de supo\u00f1er que ent\u00f3n os das terras far\u00e1n a excepci\u00f3n igual, a\u00ednda que non sexa contemplado para eles, nunha t\u00edpica sesi\u00f3n m\u00e1is de &#8216;faigo a lei para cumprila a medias&#8217;. Non sei, tal como o trae a prensa non entendo moito de que, mentras que se constru\u00edron, habilitaron e seguen a constru\u00edr aparcamentos no mesmo sitio de entrada tradicional do monumento, se estableza un \u00fanico sentido nun tramo que dende o novo acceso sup\u00f3n 500m medidos polo sixpac ata a parte m\u00e1is achegada \u00e1 cafeter\u00eda (claro que, se se fai as\u00ed, tam\u00e9n hai que establecer sentido \u00fanico ata a sa\u00edda da praia de San Miguel, m\u00e1is de 500m m\u00e1is). Tal como parece que est\u00e1 pensado, coido preferible constru\u00edr o aparcamento xusto \u00f3 final do acceso &#8216;ben feito&#8217; e facer un pouco de pernas (500m), co que se contribuir\u00eda \u00e1 sa\u00fade da poboaci\u00f3n e e tam\u00e9n \u00e1 do medio na zona, e a\u00ednda a un menor consumo de combustible e un uso m\u00e1is flu\u00eddo para o resto da estrada afectada (o retorno por Reinante), as\u00ed como menos problemas polo aproveitamento comercial da entrada (zona de Ribadeo segundo a direcci\u00f3n obrigada prevista), preferible \u00f3 da sa\u00edda (zona de Barreiros) &#8230; o malo \u00e9 que xa se quixo achegar todo tanto \u00e1 xente que o monumento natural, por arriba, comeza a parecerse m\u00e1is a un aparcamento que a un monumento. Menos mal que se soe contemplar dende abaixo.<\/p>\n<p>A imaxe amosa a glorieta na estrada (negro), aparcamento principal (vermello), e o acceso que vai quedar de dobre sentido (li\u00f1a vermella). A estrada que se pretende de sentido \u00fanico vai dende o final da li\u00f1a vermella \u00f3 aparcamento (e seguir\u00eda para darle continuidade ata a praia de Reinante)<\/p>\n<p>Por as\u00ed dicilo, o darlle un sentido \u00fanico a esa estrada \u00e9 algo como darlle un \u00fanico sentido \u00f3 monumento, que pasar\u00eda de monumento, obxecto tur\u00edstico, zona de expansi\u00f3n e praia a obxecto tur\u00edstico de xeito exclusivo (non \u00e9 o mesmo)<\/p>\n<p>Sinto que a explicaci\u00f3n est\u00e1 incompleta, pero polo momento queda as\u00ed, e boa parte do sentido do blog est\u00e1 precisamente en xerar ideas e discusi\u00f3n dentro dunha orde.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foron declaraci\u00f3ns desta semana: A estrada de Augas Santas (\u00e9 dicir, do que tur\u00edsticamente se chama &#8216;As Catedrais&#8217;) ter\u00e1 sentido \u00fanico. A Xunta de Seguridade Local acordouno. e xa est\u00e1 pedido. A raz\u00f3n, os embotellamentos. A raz\u00f3n \u00faltima, favorecer o turismo. E as\u00ed, unha praia de beleza sin par pasa a ser un obxecto de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,26],"class_list":["post-10067","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10067","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10067"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10067\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}