{"id":1001,"date":"2024-01-28T14:31:00","date_gmt":"2024-01-28T13:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:02:51","modified_gmt":"2024-10-23T10:02:51","slug":"creacion-voapluma","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/01\/28\/creacion-voapluma\/","title":{"rendered":"Creaci\u00f3n a voapluma"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/en20foz.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"178\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/01\/en20foz.jpg\" class=\"wp-image-1002\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Creaci\u00f3n a voapluma <\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Paro a tomar caf\u00e9. Na terraza non hai sitio. Collo a primeira mesa e case \u00e9 como f\u00f3ra. Vexo o mar e o monte desdebuxados pola br\u00e9tema, pero tras a xente sentada no exterior. Non, non \u00e9 o mesmo. Aqu\u00ed a m\u00fasica de radio que ten o local \u00f3ese. \u00c9 m\u00e1is, retumba sen expandirse. O mesmo que as conversas ou o ru\u00eddo da cafeter\u00eda. As paredes tam\u00e9n marcan diferencia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Escribir? Si, claro, estou a facelo. Pero a concentraci\u00f3n, mesmo o desfrute, non \u00e9 igual. F\u00f3ra pode que o resol moleste un pouco, pero ant\u00f3llaseme preferible mesmo coa temperatura non moi alta e con brisa, o que posiblemente me far\u00eda desexar algo m\u00e1is de protecci\u00f3n para o corpo suado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00d3 paso, un co\u00f1ecido sa\u00fadame mentres estou despistado lendo. Non esperaba ningu\u00e9n co\u00f1ecido, pero si. Intercambiamos unhas palabras e seguimos cadaqu\u00e9n o que estaba.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Unha viaxe ao servizo, e outro co\u00f1ecido que non v\u00eda dende hai tempo. Claro, cambiou o lugar de vida. Xa non est\u00e1 en Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00cda coller un xornal que me parec\u00eda desocupado. Xa o ti\u00f1a, cando o agarra polo outro extremo unha man. Como non, se\u00f1ora, non se preocupe, &#8216;\u00eda darllo&#8217;. Parte con el acompa\u00f1ar \u00f3 presumible marido, xa co seu xornal el mesmo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Sempre te\u00f1o que facer. Mellor as\u00ed, sen xornal a ler, m\u00e1is centrado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Na mesa, oio un ensaio de charanga. A s\u00faa evoluci\u00f3n&nbsp; queda f\u00f3ra da mi\u00f1a visi\u00f3n, m\u00e1is f\u00edxome que \u00e9 o tema da terraza, que pasa da para min atra\u00ednte paisaxe que var\u00eda lixeiramente coa intensidade da n\u00e9boa, do Sol, da marea. Se estivera na terraza, quizais estar\u00eda tentando facer un apunte dalgunha das vistas. As\u00ed, sinxelamente a desfruto mentres tento recoller por escrito cousas que me van vindo \u00e1 cabeza. Non todas, claro. Non dou deixado no papel m\u00e1is ca unha m\u00ednima parte. Non digo que a mellor, nin a peor, unha. A que no momento que se move a man est\u00e1 presente na cabeza.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Penso: cun pouco m\u00e1is de area na r\u00eda, pasaba cami\u00f1ando e aforraba uns cantos quil\u00f3metros. \u00c9 o pensamento \u00faltimo dos que recollo mentres xa te\u00f1o a cabeza en non deixar casco, mochila, guantes ou tel\u00e9fono, despistado pola paisaxe, a radio que sona no local agora con m\u00fasica pega\u00f1enta ou o rebumbio da charanga que evoluciona f\u00f3ra e que supo\u00f1o verei \u00f3 sa\u00edr.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Adeus a este anaco de vida. Mi\u00f1a, pero formando parte, compartida, cos que me arrodean.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Creaci\u00f3n a voapluma &nbsp;&nbsp; &nbsp;Paro a tomar caf\u00e9. Na terraza non hai sitio. Collo a primeira mesa e case \u00e9 como f\u00f3ra. Vexo o mar e o monte desdebuxados pola br\u00e9tema, pero tras a xente sentada no exterior. Non, non \u00e9 o mesmo. Aqu\u00ed a m\u00fasica de radio que ten o local \u00f3ese. \u00c9 m\u00e1is, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1002,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,10],"class_list":["post-1001","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1001","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1001"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1001\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1002"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1001"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1001"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1001"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}