{"id":10000,"date":"2007-09-06T08:15:00","date_gmt":"2007-09-06T06:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:48:11","modified_gmt":"2024-11-12T14:48:11","slug":"mirando-para-atras-ou-aprendendo-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/09\/06\/mirando-para-atras-ou-aprendendo-do\/","title":{"rendered":"Mirando para atras ou aprendendo do pasado?"},"content":{"rendered":"<p>Estamos afeitos moitas veces a non mirar atr\u00e1s, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atr\u00e1s, sabendo eso, que o pasado est\u00e1 pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, \u00f3 igual que cando se di eso de co\u00f1ecer a historia para tentar non repetila (a parte mala).&nbsp;<\/p>\n<p>Neste caso, tr\u00e1tase de pasado pr\u00f3ximo: hai uns d\u00edas po\u00f1ia nun artigo o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/08\/de-8-8.html\">horario da biblioteca de Burela<\/a> en referencia \u00f3 reducido da de Ribadeo. Hai menos d\u00edas a\u00ednda foi reclamada unha ampliaci\u00f3n de horario no acto do cincuentenario da &#8216;Viejo Pancho&#8217;, que reduce o seu horario e a\u00ednda sol\u00eda pechar neste mes a pesares do aumento do sue uso como sala de estudio polo de setembro. O caso \u00e9 que non vexo previsi\u00f3n dese aumento horario, as\u00ed como tampouco vin movemento ning\u00fan \u00e1 hora de protestar polo canon de biblioteca (ver barra lateral) que temos que pagar todos, vaiamos ou non al\u00ed, e \u00f3 meu parecer, imposto dun xeito inxustificado.<br \/>\nA repasar tam\u00e9n o caso do parque contraincendios de Barreiros: servicio para todos, leva anos constru\u00eddo e non funciona por pelexas pol\u00edticas. Houbo protestas antes do ver\u00e1n, pero no ver\u00e1n, todos caladi\u00f1os, que pode asustar o turismo.<br \/>\nSobre retrasos, en Ribadeo sabemos de m\u00e1is: o pol\u00edgono industrial, que \u00eda estar en marcha o ano pasado segundo o alcalde pasado segundo declaraci\u00f3ns feitas \u00e1 prensa, a\u00ednda non vai desta porque hai que pagar un transformador para pol\u00edgono e pobo (a\u00ednda sen pol\u00edgono o que hai xa \u00e9 pequeno) e a empresa (Begasa) di que ela non o fai. B\u00fascate a vida, Ribadeo!&nbsp;<\/p>\n<p>Lendo o libro (que lle deron en chamar revista) da biblioteca, ent\u00e9rome das vicisitudes que leva pasado no s\u00e9culo XX. E, \u00f3 tempo que lembro tanto o lugar nos baixos do cant\u00f3n, sigo a pensar na promoci\u00f3n da lectura mentras vexo o funcionamento das atracci\u00f3ns nas festas e o comportamento da xente nova. Por certo, boto de menos no libri\u00f1o unha semblanza dos bibliotecarios anteriores a M\u00aa Jes\u00fas Ra\u00f1\u00f3n R\u00edos: Pilar Reimundez, Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante (que na realidade parece ser que non era bibliotecario, a\u00ednda que fac\u00eda algunhas labores do estilo), etc.<\/p>\n<p>Os comerciantes non est\u00e1n contentos con este ver\u00e1n. Dentro da campa\u00f1a de aparici\u00f3ns en prensa do CCA, toca a de fin de ver\u00e1n facendo ese comentario e o de que hai unha decea de establecementos que queren logra o distintivo de calidade. O certo \u00e9 que o comercio ribadense est\u00e1 cambiando e o CCA\/ACISA ten abondo que ver, e non s\u00f3 na aparici\u00f3n na prensa. Pero, o de calidade, quedarase na obtenci\u00f3n dun certificado? \u00c9 un perigo que vin hai tempo a conta doutro certificado de calidade: unha cousa \u00e9 ter papeis que documenten todo e outra o que o cidad\u00e1n de a p\u00e9 soe entender como calidade, e non sempre van parellos. Dir\u00eda que o peri\u00f3dico insist\u00eda na primeira faceta e cumprimento normativo m\u00e1is que na segunda de ter contento \u00f3 cliente.&nbsp;<\/p>\n<p>O Porta da Auga (o CIFP, non o IES, que xa non son o mesmo por decreto) mant\u00e9n as xornadas de automoci\u00f3n, e antonte revisaron o sistema educativo (de FP) alem\u00e1n, que leva funcionando moitos anos, mentras aqu\u00ed cambiamos e cambiamos de plans de estudos, sen chegar a centrarnos en ning\u00fan. Pode que sexa esa falta de centrado unha das causantes de rendemento educativo. De feito, estou convencido de que ten algo que ver.<br \/>\nEn fin, son varias as novas comentadas, ningunha de hoxe, e todas entendo que pasaron no seu momento sen moita atenci\u00f3n. Non embargantes, en xeral, requ\u00edrena porque son as pequenas cousas as que constit\u00faen a base vital, tanto das persoas como dos pobos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estamos afeitos moitas veces a non mirar atr\u00e1s, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atr\u00e1s, sabendo eso, que o pasado est\u00e1 pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, \u00f3 igual que cando se di eso de co\u00f1ecer a historia para tentar non repetila (a parte mala).&nbsp; Neste caso, tr\u00e1tase de pasado pr\u00f3ximo: [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,18,13,9],"class_list":["post-10000","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-educacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10000","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10000"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10000\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10000"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10000"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10000"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}