-
“enviásmoslle sendos escritos hai un mes”
O título está recollido dunha nota que sae na web do concello sobre o uso da area da ría de Ribadeo na praia dos bloques. E a entrada ten dúas partes nas que tentarei expoñer un par de ideas de xeito sucinto. A primeira, sobre o uso pedido. Dicía xa I. Asensio nos seus estudos…
-
O último intento no Senado para traer un xulgado a Ribadeo
Remato de cargar o Diario de Sesións da Comisión de xustiza do Senado de 20101124, cando se tratou por última vez o traer o xulgado a Ribadeo. A cousa comeza na páxina 9, e a votación (despois de tratr outras mocións de xeito conxunto, recóllese na 17
-
Sobre o xulgado. Nota de prensa da AVV O Tesón 20110810
Recollido de http://o-teson.blogspot.com/2011/08/sobre-o-xulgado-nota-de-prensa-20110810.html Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con…
-
E onte, pleno
Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores…
-
Entregáronse as sinaturas para que o Xulgado de Primeira Instancia retorne a Ribadeo
… de onde nunca se debeu deixar marchar… A nota de prensa de O Tesón: AVV O Tesón Nota de prensa 20110101 Onte, 31 de decembro, ás 12 da mañá, tivo lugar a sinatura conxunta por parte de representantes de tódolos grupos políticos representados no Concello de Ribadeo do escrito de acompañamenteo ás 1376 sinaturas…
-
Xulgado, mellor hoxe que mañá
… e non me estou a referir á velocidade de aplicación de xustiza (que é xa sabido pola pedagoxía que mellora en calidade de resultados coa rapidez sempre que non se perda polo camiño a propia xustiza), senón á (re)petición/reposición dun xulgado para Ribadeo. Estánse a deixar xa en diferentes lugares follas para asinar co…
-
Un xulgado para Ribadeo
Máis de 40 anos. Iso é o que leva Ribadeo dende que unha xeración enteira estudaban na escola, cantando ‘de carrerilla’, os partidos xudiciais da provincia: “Lugo, Becerreá, Chantada, Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Villalba y Vivero”, así, en castelán, pero incluíndo a Ribadeo. Hoxe xa non se canta, pero tampouco se cantaría ‘Ribadeo’.…