Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Xosé Isidro Fernández

  • 28 de xullo de 2021? Pleno

    28 de xullo de 2021? Pleno

       Hai uns poucos días, xurdeu a nova: convocárase un pleno para retirarlle a Franco o título que ostenta sobre Ribadeo: alcalde honorífico. Agora traio o documento de proposta da alcaldía para a retirada. Non podo traer a convocatoria do pleno, que non foi colgada nin na páxina do concello nin na sede electrónica, tendo…

  • Presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

    Presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

        Deixo a ligazón ó audio da presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo xunto con algunhas fotos do acto entre as tomadas por Ánxela e Sabela Fernández.    O acto, que tivo lugar onte, 10 de abril de 2021 na Casa do Viejo Pancho de Ribadeo, inaugurando esa función do edificio que,…

  • Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

    Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

     Unha semana. Esa é a distancia en tempo para a presentación, o próximo 10 de xullo en Ribadeo, do libro ‘Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo‘ que teño citado xa algunha vez.    Deixo abaixo o cartel, que estes días se poderá ver polo pobo, para anunciar o acto, e un plano para ver a…

  • Perpetuamente noutro tempo. Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

       Perpetuamente noutro tempo. Esa foi a idea que me pasou polos miolos ó ler o primeiro dos dous capítulos adicados a Ribadeo en ‘Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo‘, de Xosé Isidro Fernández Villalba. Trata o capítulo das actas do concello de Ribadeo entre 1936 e 1940. E alí, nun curto resume, pode verse…

  • Recuperando a memoria de Ribadeo

    Recuperando a memoria de Ribadeo

         Un apunte na rede, imáxenes dunha exposición no IES San Isidoro de Sevilla (as que ilustran estas liñas), lémbrame algo que no seu momento causoume sorpresa: o coñecer que antes de 1936 en Ribadeo había un instituto de segundo ensino (comezando a súa andaina nos anos 20 como Instituto Local), cando parece que…

  • Noite negra na ría de Ribadeo. Afundimento dunha lancha en febreiro do 1819

    Noite negra na ría de Ribadeo. Afundimento dunha lancha en febreiro do 1819

    Noite negra na ría de Ribadeo. Afundimento dunha lancha en febreiro do 1819  XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA   Na noite do 10 Febreiro unha lancha de Abres que viña cargada de xente, leña e outros efectos para o mercado de Ribadeo, o amencer entre as catro e cinco da mañá naufragou. Con tal motivo a…

  • Sobre a traída de augas a Ribadeo

       Envíame Xosé Isidro Fernández Vilalba o seu último traballo, publicado en Terra e Tempo. O título, “De como se dotou de auga corrente á Ribadeo. Ribadeo, ano 1861, traida de augas da vila e construcción de varias fontes“, entronca moito tempo antes na historia cunha pequena serie de artigos sobre o subministro de auga…

  • Novas do concello de Ribadeo : anos do 1936-1940 (1)

       Onte recibín unha ligazón que apreciei:    Novas do concello de Ribadeo : anos do 1936-1940 (1)    Doado de procurar en Google, aconsello o artigo, en espera da segunda parte. Nel, Isidro, vai debullando algún feito, como que ata o 23 os grupos armados golpistas non entraron en Ribadeo, e que a primeira…

  • Da presentación do libro de José María en Mondoñedo: un par de fotos e comentarios

    Onte, 28 de decembro, tivo lugar a presentación do libro editado pola AVV O Tesón, ‘José María Rodríguez Díaz, in memoriam’ en Mondoñedo. Presidiu a mesa a alcaldesa, Elena Candia, e participaron no acto Manuel Otero ‘Xanetos’, e Isidro Fernández ‘Cidre’, a máis de min. O público escoitounos por tres cuartos de hora o relato…

  • ESCUDOS DE ARMAS DOS MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL. Francisco José Campos Dorado

    Foto 1. Riocaínzos (1642) Este primeiro Escudo de Armas de forma ovalada da (foto 1, cortesía de D. Joaquin del Pino Calvo Sotelo), tallado en pedra marmórea, mantense en case perfecto estado de conservación nas propiedades de Riocainzos de Vilaframil, e o segundo da (foto 2, cortesía de D. Emilio Piñeiroa Lozano) está situado nunha…