Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.431 posts
34 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Xosé Carlos Rodríguez Rañón

  • “(RE)ALMENTE DIFERENTE”. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    “(RE)ALMENTE DIFERENTE”.  Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Illa de Ré, a vista de satélite da NASA. Imaxe en D.P. “(RE)ALMENTE DIFERENTE” Xosé Carlos Rodríguez Rañón     A illa francesa de Ré é glamour, calma, morneza e elegancia. Con 30 km de longo e 5 de anchura, combina viñedos, xunqueiras, piñeirais e agrestes dunas. Está tan só a tres quilómetros da costa…

  • NO BOSQUE DO BOSCO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    NO BOSQUE DO BOSCO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    O Xardín das Delicias, obra do Bosco no Museo do Prado. Domino Público.    NO BOSQUE DO BOSCO Xosé Carlos Rodríguez Rañón     O maxín do Bosco era un perpetuo xardín das delicias. A súa pintura foi tan onírica como libertina (mais tamén paradoxalmente moralizante en exceso), chea de fantásticas criaturas, de misteriosos símbolos e…

  • DA ÓPERA AO ROCK. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    DA ÓPERA AO ROCK. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Frei Rosendo Salgado, en La ilustración gallega y asturiana. Collido de Wikimedia Commons. Imaxe no Dominio Público.   DA ÓPERA AO ROCK Xosé Carlos Rodríguez Rañón     A aínda nova pianista tudense Andrea González ponlle música nun álbume e en varios concertos (ataviada sempre de Ágatha Ruiz de la Prada) a antigas partituras nunca ata…

  • A DAS TELLAS VERDES. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    A DAS TELLAS VERDES. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Portada do libro, en dominio público, collida de Wikimedia Commons A DAS TELLAS VERDES Xosé Carlos Rodríguez Rañón     Esa é Anne, a rapaza aventureira de trenzas roxas nada en 1908 do maxín da escritora Lucy Maud Montgomery. O seu carácter espelido e indómito emparéntaa coa sueca Pipi Calzasanchas, personaxe literaria que tamén pasou…

  • MISTERIO RESOLTO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    MISTERIO RESOLTO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Ana Franck na escola. Imaxe no dominio público na UE, collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:AnneFrankSchoolPhoto.jpg MISTERIO RESOLTO Xosé Carlos Rodríguez Rañón     Desde este ano xa se sabe quen delatou a familia de Anne Frank: Arnold van der Bergh, un notario xudeu ameazado con asasinar a súa se calaba. Non lle valeu de nada. Foi, xunto con…

  • ANTIGUALLAS OU MODERNECES? Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ANTIGUALLAS OU MODERNECES? Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Dúas mulleres controlando o ENIAC, o primeiro ordenador. U. S. Army Photo (en Dominio Público) ANTIGUALLAS OU MODERNECES? Xosé Carlos Rodríguez Rañón     Para os que aínda non cumprimos os 50 (e xa non digamos para os adolescentes) algúns aparellos tecnolóxicos cos que nacemos seméllannos antiquísimos cando, en realidade, son relativamente recentes. Que llo…

  • DEBUXAR UN XORNAL. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    DEBUXAR UN XORNAL. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Plantu, nunha conferencia. Jérémy Barande / Ecole polytechnique Université Paris-Saclay en https://commons.wikimedia.org. CC BY-SA 2.0 DEBUXAR UN XORNAL Xosé Carlos Rodríguez Rañón     Cando naceron os xornais tal e como os coñecemos hoxe, no século XIX, os debuxantes de prensa estaban considerados un simple accesorio, unha especie de artistas na marxe da páxina e polo tanto…

  • CIDADE DE CINE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    CIDADE DE CINE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      CIDADE DE CINE  Xosé Carlos Rodríguez Rañón     París, a cidade da luz (eléctrica) sempre tivo un pacto co cinema, non en van os seus inventores foron franceses: os irmáns Lumière, cuxo apelido significa precisamente luz tamén. Desde o primeiro filme rodado na capital do Sena en 1930 (“Sous les toits de Paris”/Baixo os…

  • OBSESIÓN POR ÁFRICA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    OBSESIÓN POR ÁFRICA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    OBSESIÓN POR ÁFRICA Xosé Carlos Rodríguez Rañón     O feitizo colonial por parte dos europeos por África vén de lonxe. Misioneiros, aventureiros, exploradores, explotadores, escravistas, cazafortunas e tesouros, científicos, militares, escritores, artistas ou colonos, todos sentiron a chamada da selva do continente negro e mouro de vastos desertos, xunglas, sabanas e océanos. Ningún deles descubriu…

  • ROTHKO ROTO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ROTHKO ROTO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Selo letón homenaxe a Rothko. ROTHKO ROTO Xosé Carlos Rodríguez Rañón     Desde neno sempre se sentiu feito anacos por dentro. O expresionismo abstracto dos seus cadros é froito de todos os seus diaños interiores e involuntarios. O seu apelido completo era Rothkowitz e nacera en 1903 nunha cidade do antigo e xa decadente imperio…