Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: tren

  • Traer xente a Ribadeo

    Hai uns días apareceu o novo convenio entre Concello, Deputación e FEVE para traer asturianos a Ribadeo. Segundo a nova na nota do concello, a Deputación aporta este ano 15 000 €, cun retorno esperado de 700 pasaxeiros en 14 fins de semana (non porque esteña calculado que será así, senón porque é para o…

  • O perímetro de Ribadeo e a súa área

    O perímetro, uns 5,3 km. De xeito aproximado, a área, 1,77 km2. Isa é a área ‘real’ no que se pode ubicar Ribadeo-cidade. Aínda que se pode máis ou menos visualizar en Google (imaxe da dereita), obtense moito mellor no Sigpac, como se ve na imaxe (abaixo), e queda limitada pola vía do ferrocarril, a…

  • De realidade e ENCE

        É nova hoxe que a fábrica de ENCE en navia anunciou que traballa a pleno rendemento despois da ampliación, isto é, cunha producción de 500 000 tn/ano, unhas 1 500 tn/día.     Non é nova en cambio, pero non deixa de causar sorpresa, que a pasta sexa cargada na súa totalidade en Ribadeo. Non…

  • Feve …

    Vexo a nota do concello sobre o descarrilamento de onte dun FEVE de mercadorías camiño de Navia, con madeira e aluminio. E penso non tanto no inconvinte que pode resultar por unha tempada sacar dalí os vagóns e a carga e reparar a vía (non houbo feridos), senón precisamente no feito de que a carga…

  • Sobre as leis do mercado

    Din que a principal lei do mercado no sistema capitalista é a da liberdade de balance entre a oferta e a demanda. Pero que, na realidade, está enturbiada por moitos factores, deixando dita liberdade anulada, por exemplo, en función da regulamentación legal ou da forza de intervención de intereses particulares. Sábado presentous en Ribadeo a…

  • Comunicación

    Non é a primeira vez que falo da comunicación de Ribadeo. Xa van varias que cito o atraso na introducción da rede para internet, e non son o único, pois mesmo se ten constituído un grupo en facebook para presionar e conseguir o adsl nas parroquias, sen ter que depender do satélite. Non obstante, nos…

  • Do pasado e do futuro

    Remato de colgar en Publicado en Ribadeo o testamento de Juan Moreno Ulloa, que me chegou da man dun alumno que fixo un pequeno estudo para a Feira da ciencia de Ribadeo sobre a Torre dos Moreno, Daniel Castro. Contrastando un pouco o legado datado en Bos Aires no 1924 coa actualidade, nas novas de…

  • Construír futuro, un artigo de Pancho Campos na Comarca desta fin de semana

        Deixo aquí un artigo dun amigo, na liña de oposición á construcción da nave en Ribadeo: Construir futuro Pancho Campos Fai meses que estamos escoitando as moi diversas opinións sobre as consecuencias destructivas que para a Ría de Ribadeo sería a construcción da nave-garaxe que ENCE pretende facer como terminal de carga para a…

  • Diversas novas e un comentario

        Mentras Adeac retirou de xeito temporal a bandeira azul do porto deportivo de Ribadeo a raíz dun acto vandálico (case sempre, nalgún momento, os feitos dependen non das cousas, senón das persoas) e a prensa que eu saiba non volveu dar noticia da súa reposición, mentras a travesía de Augas Santas a Ribadeo en…

  • A todo tren

    Pode que a falta relativa de nova no verán impulse outro tipo de noticias menores. Así está de novo tanto onte como hoxe na prensa que Ribadeo subvenciona a viaxe de ata 300 xubilados á Feira de mostras do Noroeste no Ferrol. Está ben subvencionar o tren: é máis ecolóxico. En troques, o xeito de…