Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: tren

  • Ence e Ribadeo, oito anos

        Hai uns oito anos que se anunciou que Ence ia ter un ramal ferroviario que comunicaría a empresa co Musel para substituír as viaxes a Ribadeo. É posible (está por estudar) que saíra á conta medioambiental, pero a discusión non foi por aí. Entre outras cousas, queriase aproveitar para facer unha macronave no porto…

  • O tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo

    Remato de cargar de novo aquí a publicación sobre o tren mineiro de Javier Ramalleira Fernández que tiña cargada no vello ‘publicado en Ribadeo’.

  • Ven en tren ás catedrais!

    O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros. Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso…

  • Tamén ti, FEVE, meu fillo!

    Parodiando a César cando todos estaban no complot para asasinalo, deixo unha nova que me pasa Moisés Gómez na Voz de Galicia de O Ferrol sobre o futuro da liña de FEVE. Só apuntar, xunto coa nova, que están construíndo un ramal, subvencionado, en Navia, aínda que vaia moi lento, e ó meu ver, todo…

  • Retroceso en infrastruturas

    Leo no xornal de xeito case simultáneo dúas novas. Nunha, internacional, dase conta que México tiña máis de 20 000 km de ferrocarril a comezos do século XX, un método de locomoción revolucionario tanto no sentido propio do transporte fronte a outros medios como no político, ó ser usado polos revolucionarios mexicanos dada a súa…

  • RIP FEVE

    Descanse en paz. Coido que a nova, do fin do 2012, pode representar o maior cambio para este 2013 en Ribadeo e cara ó futuro. A empresa ferrocarrís de vía estreita deixou de existir con data 31 de decembro de 2012, disgregados os seus anacos en xeito diverso entre RENFE Operadora e ADIF, tal como…

  • Proposta para un día de reflexión

    Achégase o que se chama fin da campaña, e antes do día das votacións, hay teoricamente un día de reflexión. Teóricamente porque os carteis seguen (en Ribadeo aínda hai varios das eleccións pasadas, a estas alturas xa para escarnio do candidato correspondente), as novas non deixarán de lembrar ós candidatos, etc. Ben, se se quere…

  • Máis caras da crise. E van …

    Onte mesmo a mobilización de alcaldes deu algo máis de visibilidade á crise xa vella do sector leiteiro. Din que o leite págase en Galicia mesmo varios céntimos máis barato que en Asturias, ou que están a producir uns dez céntimos máis caro do que son capaces de vender. É dicir, producindo a perda: non…

  • De novo, pasou o día, pasou a romería

    26 de xullo. Xa pasou a festa, e seguen os problemas de sempre. Un que colea na zona dende hai unha semana, a considerada pouca consideración de Turgalicia coa praia das Catedrais, segue mantendo polémica, de xeito que Burela pedirá que se inclúa entre os dez lugares a resaltar da famosa lista. Outro, máis recente,…

  • Reinante – Ribadeo en FeVE

    Unha entrada visual para un domingo con choiva…