-
Unha viaxe en tren
Unha viaxe en tren 18:19, saída de Foz. En realidade, saída da estación de Foz, situada a 1,5 km ou 2 da casa do concello (segundo elixas máis ou menos seguridade peonil), a unha certa distancia do lugar máis preto onde esperar tomando un café. A hedra que cubre parte da estación vese compensada…
-
Vía morta
Vía morta Un pequeno túnel para solucionar o paso do tren baixo a autovía. Soleado o exterior, a lóxica sombra interior, e, ó fondo, de novo a luz, que, pola distancia, xa non facilita tanto o recoñecemento dos obxectos daquela zona. Así, hai que observar moi ben se se quere ver un cartel pousado…
-
Unha vía verde
Unha vía verde Un proxecto como o ferrocarril mineiro Ribadeo – Vilaoudriz significou, coa súa construción primeiro, pero sobre todo coa súa posta en marcha, un revulsivo para toda a comarca. Vía de case 35 km, desenvolta en só tres anos, a comezos do século XX nunha zona daquela con pésimas comunicacións, foi eixo…
-
EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE
Copio e axusto dunha nota que colgou Iván Rodríguez Lombardero para unha actividade de apoio ó ferrocarril que en Ribadeo terá lugar este domingo: EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE A vindeira semana (26/5 a 29/5) as plataformas de defensa do tren de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi realizarán unha…
-
Obras (anuncio) na antiga estación de Vilaoudriz
Alédome de que por fin o concello comece a tomar cartas no asunto do aboandono da zona da vella estación de tren a Vilaoudriz, do abandono do edificio e outras construcións, do descoñecemento do antigo ferrocarril… Mágoa que polo momento só sexa pouco máis que a nova de que a estación xa é do…
-
Ai, Mariña!
Imaxe derivada de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Mari%C3%B1a-mapa.png, por José Ramón García Ares, con lic. CCBYSA3.0 Adico o título á Mariña (non a Mariña), pero podería facelo a unha entidade máis ampla… ou ó revés, deixalo reducido a outra máis pequena, como un pobo, ou mesmo unha aldea: podes elixir ti o lugar concreto. Hai algún tempo,…
-
Por que se chama ‘La Comarca del Eo’?
Esquema collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 O outro día, ó ensinarlle a alguén un artigo do último número de ‘La Comarca del Eo’, atopeime cunha pregunta súa, formulada máis ou menos: “E por que se chama ‘La Comarca del Eo’? Non se debería chamar mellor ‘A Mariña’”? Din unha…
-
“300 € por 8,70. Historia dunha viaxe en FEVE”, continuación
No outono, antes da chegada do coronavirus, publiquei unha entrada na que narraba as peripecias dunha viaxe que ía ser en tren cun custe para min de 8,70 €, e que rematou sendo en taxis (así, en plural), cun retardo considerable na chegada e por un importe -a cargo de RENFE- moi superior. Foi a…
-
Este billete vale máis de 300 €. Historia dunha viaxe en FeVE
Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisión: vou en tren. Na estación, pido billete e comunícanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estación e o persoal destinado alí, pero tamén que non entendo do tema e pode…
-
Reflexionando sobre o transporte na Mariña
Hai un par de días tomei o tren de s. Cibrao a Ribadeo. Puntualidade (de 13:10 a 13:53 sen moita variación), duración equiparable á viaxe en turismo, comodidade, revisor e garda de seguridade no tren, posibilidade de levar a bicicleta, importe (3,60 €) non excesivo en relación a outros custes… algo que non se parecía…