Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.299 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: tecnoloxía

  • Estamos na periferia

    Deixo outro artigo publicado na Mariña de El Progreso a 19960522. O cambio tecnolóxico e a súa continuación nos custes económicos é patente, pero nun día como hoxe, que a conexión a internet chegou a estar parada, ou ouho algún corte de luz, coido que ven a conto. No último parágrafo, paráfrase dunha cita que…

  • Este blog súmase á defensa de internet contra a lei Sinde, SOPA, PIPA, Lei Hadopi …

  • Terremoto na Veiga …

    En realidade nos Oscos, como pode verse na imaxe tomada do IGN, o máis próximo dos que houbo hoxe, con varios en Triacastela, o máis potente, lixeiramente máis potente ca iste: Datos do IGN. Info recollible en   http://www.ign.es/ign/head/sismoDetalleTerremotos30Spain.do?evid=1077328

  • Localiza barcos, avións, móbiles, … e Ribadeo e no mundo

    A conta da chegada hoxe da Transgascogne 2011 a Ribadeo, recibo información dunha compañeira de dúas páxinas que coido que son interesantes. A primeira, relacionada coa regata, da conta da posición en cada momento dos barcos da mesma (http://transgascogne.geovoile.com/2011/), información xeral da regata (http://www.transgascogne.com) ou fotos que inclúen a Ribadeo, e por suposto, actividades relacionadas…

  • Cuestiona a autoridade. Pensa por ti mesmo. Se libre no teu modo de actuar. E permite o libre acceso.

    Movemento 15M? Aplicación para o regulamento de aprticipación cidadá de Ribadeo? … Tomei a cita de ‘As voces serán máis importates que os votos‘, entrevista no El País a Joichi Ito, neste momento máximo representante de Creative Commons.

  • # 290 Spanishrevolution, con 500 000 acampados, e subindo

    Un mapa… e máis cousas que van xurdindo, por exemplo un 3D virtual, ou unha foto que pode resultar histórica. Teño preparadas entradas xa para mañá e pasado. Quedarán obsoletas antes mesmo de cargalas? Outros sobrespanishrevolution / movemento do 15 de maio, no blog: Tahrir, Sol e historia de Ribadeo Paréntese antes das eleccións Oito…

  • A bola entrou!

    Aproveito, despois de máis de 24 horas de caída de blogger, un momentiño para indicar que o blog segue vivio. Se isto se mantén, en 2 minutos publicarei unha mini entrada… e irei preparando un blog alternativo para casos coma iste de que se quede sen servizo a ‘casa matriz’

  • Municipais ribadenses 2011: un blog especializado

    Suso López é coñecido de todos. Músico da banda, presentador en múltiples ocasións, televisivo, decidíu especializarse en comunicación política, e agora anda polas cámaras madrileñas practicando. E tamén, dende onte, adicado ás eleccións ribadenses a traverso dun blog especializado nas municipais 2011. Eleccións municipais Ribadeo 2011 é o título do blog ad hoc, que neste…

  • ‘San Jordi’?

    Onte foi o ‘día do libro’. Na prensa estatal o día era o de ‘san Jordi’, mesmo ‘sant Jordi’. E na galega? A galega non debe existir, pois non vin por ningures o día de ‘san Xurxo’. Claro que, vista a representación de libros en galego que onte se podía observar nas librerías, non é…

  • 1984? Completamente superado.

    1984 foi un icono literario emblemático dun futuro a evitar. Agora que a técnica avanza que é unha barbaridade, non só foi superado xa ese ano como tempo, senón que tecnolóxicamnete se pode facer un ‘gran irmán’ moito mellor doque permitían a vella técnica da novela. E, se alguén non o cree, unha ligazón ó…