-
Administración electrónica reducida
Nun momento en que o adcceso a moitos temas de administración por vía electrónica aínda está lonxe, o sigpag, a versión estatal dos mapas xeográficos visible en internet, deixa de ser de acceso libre. Pódese ver sen pagar, pero só se tes instalado un programa de orixe non libre. Por iso se abriu unha campaña…
-
Lido hoxe na prensa. Frase curiosa.
“(…) pero non se enfade vostede, imos, confíe en nós. A liberdade está ganando a guerra contra o terror. Bonitas tetas, por certo.” En Público, escrito en ‘Escáneres corporais’, de José A. Pérez, columna que hoxe versaba sobre os escáneres a instalar nos aeroportos.
-
Para ti, que aínda usas Windows, un agasallo das súas Maxestades Os Reis Magos
Soft libre para windows …
-
Internet e Ribadeo
Dende hai tempo, a relación internet e Ribadeo é mellorable, o que xa ten dado orixe a varias entradas no blog. Como pode comprobar calquera, internet non é aínda para todos os ribadenses. Agora remata de saír un grupo en Facebook que o pon máis de manifesto e chama a acción. Seguramente sairá unha nota…
-
Ia todo tan rápido, que non daba tempo nin a manipulalo!
Recollido do blog de Enrique Dans.
-
Procuras en Ribadeando
Remato de poñerlle unha nova posibilidade ó blog: as procuras internas (en realidade, en ribadeando, publicado en Ribadeo, feiras de ciencia na Galiza, …). Está no lateral dereito, xusto antes da predicción meteorolóxica, como indica a imaxe.
-
Copiar non é malo
Aproveitando a licenza CC do sitio de Nina Paley, traduzo (ó meu xeito …) e póñoo en Ribadeando unha entrada relacionada co movemento mundial a favor dunha cultura libre. Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a…
-
Carta pola innovación, a creatividade e ó acceso ó coñecemento
[Nota previa: o texto apareceu xa hai case unha semana, co que vai con retraso, e déixoo aquí tal cual o atopei en galego, sendo consciente que a traslación á nosa lingua é mellorable] Dereitos dos /as cidadans/ás e artistas na era dixital Inclúe solucións legais, inmediatas e urxentes Nós, unha coalición inclusiva provinte de…
-
A banda ancha ven pola vía estreita
Achégase a banda ancha ás parroquias. Ou alomenos, preténdese que se achegue. Os cartos, da reserva da Biosfera do Eo e Terras de Burón. O método, a empresa privada. Ata aquí, vale. Que vai supor? Que puntos atrasados na implantación de acceso a internet se poñan ó día. Pero non que se poñan por diante.…
-
Manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en Internet”
Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…
