Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.381 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sanidade

  • Sanidade na Mariña, seis queixas diarias

    Iso di a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña. E por iso pon a disposición dos pacientes un buzón de reclamacións complementario ó que mantén a estrutura oficial. A razón? A falta de resposta da administración. Deste xeito, a plataforma terá unha visión máis clara do que está a ocorrer, ó tempo que…

  • A Mariña, nun fóra de área

    Como se nun partido de fútbol se tratara. Con esa tranquilidade e como se esa fora a consecuencia, a Mariña está a perder o partido coa área sanitaria. Agora, lévanse os historiais médicos en papel a Lugo. Sen dixitalizalos na súa totalidade. Algún haberá que traer de Lugo para algunha consulta… sempre será preferible a…

  • Diferencias e normalidades

    Onte foi domingo. Un día que marca a diferencia co resto da semana. E onte quedou patente. Levantou o día con chuvia e foi difícil saír á rúa de xeito calmado sen levar paraugas ou sen mollarse. Tanto así que a algún foráneo escoitóuselle algo como ‘es que os olvidábais de que estamos en Galicia?’…

  • Está sucedendo. Estamos defendendo a solidaridade sanitaria

    Non, non estou en Burela na manifestación. Mais defendo o que se está a defender alí. É unha parte pequena, pero importante -sempre son partes importantes as pequenas cousas- da sanidade común. Pública, si, como un xeito de común, sen facer separacións. Solidaria, si, duns cos outros, facendo sociedade. Pagada entre todos, si, co que…

  • Dereito á saúde. Pablo Mosquera Mata

       Dicían os antergos que hai cuestións valoradas só cando se perden. Por iso non está mal que se abra un debate na sociedade mariñán sobre como os poderes públicos garanten o dereito social á saúde, con dous feitos constatables e recurrentes no tempo. Houbo que loitar para dispor dun hospital público, fronte aos intereses…

  • Xa temos orzamento

    Como era sabido, o orzamento Ribadeo 2017 pasou. Votou a favor o equipo de goberno, abstivéronse PSOE e Cidadáns e votou en contra o PP. Chegados aquí, é para pregutnarse que tería que pasar para que tivera cambiado algún voto. Algo do que non se fala na nota de prensa que presentou a alcaldía, tamén…

  • Tiven hepatite

    Daquela non sabía. Só que estiven, dicían, moi enfermo. Agora si, era hepatite ‘da mala’. Hai moito tempo, de cativo. Estiven en cama cousa dun mes, e tardei en recuperarme. Lembro aquel tempo dun xeito raro… Hoxe entérome de que o xefe de goberno galego está encausado pola hepatite. Non na cama, enfermo, senón nos…

  • De Burela a Lugo, pasando por Ribadeo, en man

    ‘O sistema’ é corrupto. ‘O sistema’ está a facer dano ó planeta’. ‘O sistema’ é ineficaz. E chega ó absurdo. Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que ‘o sistema’ está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse –…

  • A sanidade non se vende, hoxe na Casa das Letras

    LA SANIDAD NO SE VENDE. Este o tiduo dun libro coordinado por Hixinio Beiras Cal e Marciano Sanchez Bayle que xunto con otr@s seis autor@s tratan de resumir as principais actividades da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública e dar unha serie de orientacións prácticas cara aos movementos sociais que teñen como…

  • Mañá xoves, pleno

    Por fin, un pleno anunciado na web do concello con máis de 48 horas de antelación. Colgado o anuncio ás 11 da mañá de onte, martes, coido que bate a marcade antelación de aviso de plenos na web do concello. Noraboa! Non deixa de ser novidade tampouco a hora: ás oito e media da noite…